Non! Eu digo non! Digamos non!!

“Hem vist la por ser llei per a tots. Hem vist la sang -que sols fa sang- ser llei del món. No, jo dic no, diguem no. Nosaltres no som d’eixe món. Hem vist qu’han fet callar a molts homes plens de raó”....

Golpe de estado contra a democracia e as liberdades en Catalunya

Hai tempo que non cumpro cun labor querido e coidado durante anos: o artigo de opinión; en Sermos Galiza desde hai case dous anos. Estar fóra do pais, o traballo cotián, un certo sentimento de cansazo polo exceso de palabra verbal ou escrita que nos enche cada día, a mentira e a...

Francisco Carballo, unha vida de compromiso con Galiza e coa causa de Xesús de Nazaret

“As motivacións da miña vida sempre foron evanxélicas, nunca busquei na política ningún interese persoal. Considerei a miña actuación política como unha participación nun ámbito democrático e para colaborar coa democracia neste país; porque crin que era necesario defender o país nunha liña de liberación” (Victorino Pérez, Galegos e Cristiáns, Vigo 1995).

O peche do convento de Herbón, ou a morte dos ideais ecolóxicos e sociais franciscanos

A pesar do papa jesuita-franciscano Francisco e a súa presunta revolución da Igrexa a prol dos ideais evanxélicos, e mesmo despois de ter elixido para un alto cargo no Vaticano a un antigo superior xeral da querida orden franciscana –para máis, galego-, a comezos de mes soubemos que pechaba o convento de Herbón, despois de seis séculos activo

O adeus a Herminia, unha monxa galeguista e feminista

Coa dor aínda ben viva en Compostela polas mortes da curva de Angrois -un absurdo accidente froito da mestura entre imprudencias e recortes asasinos en seguridade ferroviaria que afogou, na dor polos preto dos 80 mortos, a ledicia das festas compostelás e as manifestacións do día da patria-, a gaita soaba melancólica na igrexa da Compañía de María, a carón do vello edificio da Universidade compostelán, co son do himno do antigo Reino de Galiza para dicirlle o derradeiro adeus da familia, irmás de congregación e numerosas amigas e amigos a unha monxa atípica: Herminia Estoa Bouso.

Nakba e shoá, a catástrofe que non cesa

Neste mes de maio estase a celebrar o 65º aniversario da Nakba palestina, que conmemora un funesto 15 de maio, no que a declaración do estado de Israel primeiro e a expansión violenta nos territorios palestinos, foi levando a milleiros de homes, mulleres e nenos a ser expulsad@s pola forza dos seus lares polo sionismo xudeu, e obrigad@s a viviren en campos de refuxiad@s, iniciándose un éxodo progresivo que dura até hoxe. 

O matrimonio homosexual en Francia, un avance das liberdades

O recente debate sobre o matrimonio homosexual en Francia tivo unha virulencia que sorprendeu a moitos, pois non se agardaba tal reacción contraria nunha sociedade que pensabamos tan laica e liberal: a república herdeira daquela revolución francesa que proclamara a sangue e lume...

Benvido irmán Francisco

As noticias corren hoxe tan rápido que de contado se fan vellas, e os medios buscan con avidez cousas novas. Pero a chegada dun novo papa da Igrexa católica interesa a todos, sexan fieis ou non desa Igrexa.

O adeus dun papa continuísta

  O papa Bieito XVI acaba de anunciar que renunciará ao seu pontificado o próximo día 28. Unha noticia fulminante que, posiblemente, sabían moi poucos. Segundo a axencia italiana que deu a noticia, logo confirmada por outras axencias e polo mesmo Vaticano, o anuncio fíxoo o mesmo Papa na canonización dun numeroso grupo de mártires italianos.

FMI. Gravísimo erro de cálculo, ou perspectiva perversa conxénita?

Lía hai uns días en “L’humanité” que o FMI recoñecera que a austeridade que impuxo aos gobernos para saír da crise fora un erro de cálculo, polo que dous eminentes economistas desa organización (Olivier Blanchard e Daniel Leigh) entoaban un mea 

"Din: ‘¡Paz! ¡Paz!’ pero non hai paz" (Xer 6, 14)

Multiplicouse a violencia de novo no chan palestino. Violencia do exército israelí e violencia das milicias palestinas. Pero sempre, violencia contra a poboación civil dunha banda e da outra; homes, mulleres e nenos inocentes.

Unha homenaxe aos cristiáns comprometidos con Galiza

Cristianismo e galeguismo foron vividos, e aínda o son,  por moitas persoas galegas cristiás e non cristiás dun xeito absurdamente conflitivo; mesmo enfrontadas ou en relación sospeitosa e foron conciliábeis só con dificultade, particularmente desde a Guerra Incivil hespañola, co vergoñento posicionamento da Igrexa a carón do

… E o 25 de Xullo Dia da Patria Galega: Tod@s en Compostela!

Este berro que resoa en min desde a miña mocidade –noutrora, por pura ignorancia, sen a necesaria linguaxe inclusiva que agora reivindicamos xustamente, aínda que os sectores máis reaccionarios ou ignorantes da sociedade seguen impasíbeis perante el- como un compromiso co país que me acolleu de neno e que fixen meu: “Un pobo, unha terra, unha fala!”.
x