Gañar o povo para a nosa causa

Fai hoxe un ano, neste mesmo espazo, afirmamos que estabamos prontos, como Partido e como militantes nacionalistas, para enfrontar todos os desafíos que viñesen por diante, por moi difíceis que fosen. Reafirmamos que o noso único compromiso é coa Galiza e co povo traballador...

Nacionalismo, única garantía de mudanza real

Quero comezar por agradecer inmenso a vosa presenza hoxe aquí porque, para alén de manifestación de tributo á memoria do noso camarada asasinado, Moncho Reboiras, é tamén expresión do voso compromiso activo non apenas con este Partido, senón co nacionalismo e coa causa da liberdade da Galiza.

O debate é noso, o futuro tamén

Lendo estes días a imprensa do sistema pouca información útil, e moito preconcepto, se pode tirar sobre o verdadeiro sentido do debate asemblear do BNG. Inmobilistas, conservadores, resistencialistas; aperturistas, pragmáticos, progresistas... Como as palabras nunca son inocentes, e...

Galiza, Podemos e a “unidad de España”

Segundo avanza o proceso de independencia de Cataluña máis evidente se fai que a cuestión nacional é o verdadeiro elemento de ruptura que ameaza a estrutura política do Estado español

Moncho Reboiras, paradigma de compromiso patriótico

Hoxe, como cada ano desde hai xa 40, o nome de Moncho Reboiras convócanos aquí para reafirmar o noso firme compromiso e lealdade á causa pola que deu a súa vida, a da independencia nacional da Galiza, a da construción dunha Patria libre e sen explotación.

A candidatura galega, aquí e agora

No centro do debate político nas últimas semanas está a candidatura galega nas próximas Eleccións Xerais. Acho que a iniciativa do BNG de propor sumar forzas, sobre a base da confluencia de organizacións políticas galegas, colectivos sociais e persoas comprometidas co País, nun grande movemento con expresión electoral xerou unha vaga de ilusión e grande expectativa.

Un voto con futuro

A conversa desenvólvese en ton engrazado, de afiado humor crítico. Isabel Risco interpela o Carrabouxo: Oíches, hai unha cousa que me preocupa; disque falar galego non ten futuro... Como que non ten futuro falar galego? Falaremos galego! 

Almodóvar e as recorrencias da galegofobia

Máis unha vez, o termo galego aparece en boca dun personaxe español asociado a algo negativo. Agora é Pedro Almodóvar, coñecido director -de culto para algun(ha)s e asociado á progresía española- quen, para exemplificar as persoas estafadas polas preferentes de Bankia fala dun 'gallego, analfabeto'.

O máis grande tributo a Reboiras é a vitoria

O pasado 25 de xullo a Unión do Povo Galego fixo 50 anos de existencia e de loita ininterrompida por unha Galiza libre e socialista. Celebrámolo da mellor maneira posíbel: mobilizándonos en Compostela, nun Día da Patria masivo en defensa da soberanía.

Reclamamos a liberdade para o noso povo

Como Reboiras, nós reclamamos a liberdade para o noso povo. Por iso estamos hoxe aquí. Para homenaxear o camarada que deu a vida pola liberdade da súa Patria, mais tamén o militante que ao logo dos anos traballou incansabelmente para concienciar e organizar o povo galego, para crear e fortalecer organizacións políticas, sindicais, sociais, culturais propias, para asentar a autoorganización do povo galego en todos os ámbitos como única garantía de termos as ferramentas que nos permitisen alcanzar o obxectivo dunha patria libre e soberana. Tamén para recoñecer, na figura de Moncho Reboiras, toda unha xeración de galegos e galegas que en anos especialmente difíceis demostraron unha enorme valentia persoal, política e intelectual que posibilitou a análise adecuada da situación de dependencia colonial que sofre o noso País e a definición das alternativas políticas e organizativas apropiadas para poder mudar o estado de cousas, dándolle corpo teórico e práctico á autoorganización e imbricando claramente o nacionalismo galego nun proxecto político popular, entendendo que  liberación nacional e social son elementos indisolúbeis na loita do povo galego por un futuro diferente. 

A loita continúa

Texto do discurso pronunciado na Homenaxe da Unión do Povo Galego a Moncho Reboiras (Ferrol, 12 de agosto de 2012) Cando dicimos Reboiras, estamos a dicir intelixencia política e coraxe, compromiso, abnegación, firmeza e patriotismo; cualidades todas elas que quixermos asumir para nós propi@s, das que queremos ser merecentes, para as pór -como Moncho Reboiras- ao servizo da causa da liberación da Galiza.
x