Opinións de
Xavier Campos
   

Decidamos

Se comprendermos Galiza como suxeito, como marco de referencia

Semente nas mans

A valoración dos resultados do 25M é estes días o asunto central dos medios, das redes sociais e das conversas informais e, como é lóxico, todas aquelas que nos chegan afectan ás nosas propias e ao estado de ánimo da nosa xente e do noso corpo social. 

O voto que lles doe

O sábado pasado, xantando co David Fernández das CUP en Usurbil antes do acto con EH Bildu, reparei na camisola que vestía. Viure vol dir prendre partit. O lema estaba extraído dun dos textos máis coñecidos do comunista italiano Antonio Grasmci, "Odio aos indiferentes".

No bo camiño

Van alá dez meses desde que no Bloque puxemos o ramo ao proceso de contraste #proponconnosco coa celebración da nosa XIV Asemblea Nacional. Foi, a asemblea de marzo, un punto de inflexión para a nosa traxectoria. O vivo debate de ideas, a análise fonda e sincera sobre as eivas que arrastrabamos nas formas de relación e de traballo nos campos social e institucional, a aposta pola soberanía como saída xusta á crise sistémica que caracteriza o tempo presente e a importante renovación  dos organismos e das responsabilidades internas protagonizaron aquel 17 de marzo do que saíu un BNG decidido a abrir unha nova nova etapa. 

15 de setembro, por unha Galiza soberana

Nun exercicio realmente contundente de protagonismo e autoconstitución popular, as e os cataláns celebraron o pasado mércores unha Diada

Acto de memoria e de xustiza

É de xustiza recoñecer, agradecer e honrar publicamente a quen defendeu coa vida a liberdade, a democracia e os dereitos colectivos. Iso xustamente, un recoñecemento público, foi o que o BNG organizou en Ribadeo o domingo 18 de agosto, cun sinxelo mais moi emotivo acto no que participaron unhas trescentas persoas.

Democracia e soberanía para Galiza

As análises duns e doutros sobre a crise actual de réxime son cada día máis coincidentes. Tamén sobre a pertinencia de, nesta nova transición en marcha, impulsar de forma conxunta, desde a suma de forzas sociais e políticas, a apertura dun novo proceso...

Onde temos que estar

  Sábado 23 de marzo, pola mañá, unha semana despois da Asemblea Nacional. As e os compañeiros do Bloque da miña comarca estamos en Burela, defendendo o Hospital da Costa xunto co resto de persoas –unhas 3.000-  que apoiaron a convocatoria da Plataforma pola Defensa da Sanidade da Mariña.

Un tempo novo no BNG

A política sistémica, a monarquía, a xustiza, o sector financeiro e empresarial, o modelo administrativo e territorial, ... todo o conxunto de elementos centrais do actual réxime están hoxe en cuestión a ollos da grande maioría, coa corrupción transversal que os afecta como corolario do proceso de decrepitude que a cidadanía percibe cada vez con maior claridade.

Ser do BNG

Cando con 15 anos entrei no BNG non llo dixen a meus pais. Eles osmaban que o fillo andaba metido en cousas, pero non tiñan moi claro de que tipo. Ás poucas semanas fun a Santiago á Asemblea Nacional de Galiza Nova, convidado polos compañeiros de Foz.