Bautista Álvarez, in memoriam

Texto lido na entrega do Premio Moncho Valcarce pola defensa da Terra a Bautista Álvarez no ano 2004 pola Irmandade Moncho Valcarce   As fermosas terras do Carballiño viron nacer e acolleron na súa infancia Bautista Álvarez Domínguez . De mozo, como era frecuente...

Cante les esperances i plore la poca fe

Deixarse de lerias e a tocar a rebato porque chegou a hora da verdade. En Catalunya e grazas aos cataláns, (“nunca tantos debémoslle tanto a tan poucos”) estase poñendo en cuestión algo previo a soberanía, estase loitando pola democracia efectiva do estado...

Cautivos da pseudocracia

A Pseudocracia é unha forma de definir a falsa democracia, non é unha ditadura, senón a alteración dunha democracia real con limitacións lexislativas impostas abusivamente por poderes fácticos en función de intereses concretos e non dos xerais. En...

Liberdade de expresión

Franco foi un asasino nato desgraciadamente con uniforme militar, xa deu sobradamente mostras delo na súa  campaña en Marrocos ordenando o fusilamento de soldados por despistes humanos no incumplimento dos seus mandatos. Como iniciador e máximo xefe do levantamento militar declarando...

Aptitudes máis actitudes

Xa vai moito tempo que xente tanto integrada, como próxima ao BNG, chamábanlle ao problema que tiña, de discurso, é dicir, posuía toda a razón no que dicía pero non sabía inoculalo axeitadamente nos miolos da xente, pola contra o que conseguía era...

Por intentalo que non quede

Á vista da dificultade para a confluencia partidaria despois do preacordo de EU, Anova e Podemos

Érguete Galiza dunha p. vez

Confluír vén significar que diversas partes concorren nun punto determinado e interrrelaciónanse conformando unha nova unidade.

Misión cumprida en Gaza

Misión cumprida, matamos a 408 cativxs
Misión cumprida, matamos a 214 mulleres.
Misión cumprida, matamos a 1.312 civís.
Misión cumprida, deixamos sen casa a 65.000 habitantes.
 

Arranxádevos

Ao ver que as organizacións nacionalistas que se presentan ás eleicións europeas chegan a alianzas foráneas antes que ás propias (sen que elo prexuzgue outras alianzas) puidendo xerar un desánimo ao complicar a cousa do voto, decido escribir estas liñas considerando que a xenerosidade debería ser un principio fundamental do nacionalismo. Se non a súa voz non se entende.

Hai que ter caradura

O goberno catalán impide que as eléctricas corten a luz às familias pobres durante os meses de inverno, unha medida encomiable aprobada por todos os grupos políticos dese parlamento cunha soa excepción, como non podía ser menos nun partido xa de extrema dereita, con perdón dos militantes que sufran por esta deriva. 

Terrorismo

A raíz da existencia dun grupo que se autodenomina Resistencia Galega e que asumiu, nalgúns casos, a autoría da instalación duns artefactos cando a poboación dorme en sitios relacionados coa riqueza, causando estragos materiais pero ningúnha lesión persoal, motivou que fose acusada de organización terrorista polo estamento oficial gobernante e utilizada para poñer en entredito aos partidos da esquerda nacionalista, xa que tratándose dun grupo que se declara independentista, aprovéitase para esixir unha condena por terrorimo que de non facelo pretende ser unha forma de desenmascarar ao nacionalismo democrático como simpatizantes das súas accións,  coas consecuencias político-eleitorais que isa actitude  puidese levar.    

Na lembranza de Moncho Valcarce

Celebramos o 20 cabodano de Moncho Valcarce, crego e home galego. 

E celebrámolo aquí nas terras das Encrobas polo significado histórico que tivo a loita deste pobo, asoballado polos intereses do capital en conivencia coa administración, que concitou a meirande indignación e protesta popular na Galiza dos albores do posfranquismo. Loita á que Moncho Valcarce quedou unido para sempre co alcume do “cura das Encrobas” . 

Ramón Valcarce, un crego galego consecuente

Moncho para tod@s foi unha persoa entrañable que non daba dous pasos polas rúas coruñesas sen que alguén o parase para botar unha parrafada. O seu xeito de ser,  campechano, aberto, ocorrente, coherente, sen pelos na lingua “eu son así de bruto”, peculiar, a súa axenda eran os envases dos “celtas” curtos que fumaba, e acostumaba   a poñer simpáticos e sempre cariñosos alcumes a amigos e coñecidos adaptándoos ao seu entender (pachangas, electricista, traxedias, intelectual…) fixo de Moncho un home  querido e imborrable para quen o coñecese e máis aínda para a xente común. 

Veni, Vidi, Vence

Como Cesar, Xavier Vence non perdeu o tempo. Así con encomiable rapidez xerou un impulso ao BNG, empeñado en poñelo como protagonista da política galega. Sabíase da súa capacidade analítica da realidade económica, como estudioso que é desta materia, pero coñecíase menos a súa capacidade analítica da realidade política en canto alonxado dos centros de poder partidario, por iso foi  toda unha sorpresa observar o seu riguroso e coherente discurso neste ámbito, e se a isto engadímoslle un formalismo expositivo claro e amable, o resultado parece engaiolante. De tal xeito, que creo que se Vence fose o número un do BNG na Asemblea de Amio, posiblemente teríase evitado a ruptura. Pois dame a impresión de que entre as súas virtudes está, tamén, a da sensatez.

Mendigalia

Que horror!, aonde chegamos, unha denominada feira  á que acoden 40 entidades que ofrecen un emprego cada unha. É dicir 40 empregos en total que fan que ao seu arredor se xunten nada menos que 15.000 persoas, e posiblemente máis. Lémbrame unha furgoneta repartindo pan a milleiros de...

Cale Señor Feijóo

O grave, gravísimo, do caso Marcial Dorado, é que Alberto Núñez Feijoo é o Presidente de Galiza, quen ostenta, nada menos, que a representación da nosa Comunidade Autónoma e a ordinaria do Estado en Galiza. É dicir quen manda nunha nación ou para el...

Adeus Txomin

Coñecémonos de casualidade. Aconteceu un día do curso do 68, cando un grupo de estudantes galegos en Madrid puxemos unha pancarta na facultade de CC. Políticas en solidariedade coa rebelión democrática nas aulas da universidade compostelá.
x