Oroza

Coñecín Carlos Oroza hai dúas décadas en Vigo

Tempo de Irmandades

O ano que vén cúmprese o centenario do agromar das Irmandades da Fala.

Lorca en Galiza

Na fin deste ano cúmprese unha efeméride significativa que cómpre non deixar de lado.

Festa da cultura galega en 2016

A celebración das Letras Galegas ao longo de 2016 convértese nunha oportunidade excelente para afondar no legado dun dos máximos responsábeis de contribuír a desbotar o sentido da expresión pondaliana ‘lingua de ferro’

Contra a desmemoria

Meritorio exercicio de liberdade para practicar este verán é a visita ao blogue sobre memoria represaliada e resistente Non des a esquecemento. O seu autor é Luís Bará, quen, hai xa unha década, fora responsábel, dende a súa área no goberno da Xunta de Galiza, de promover un importante traballo de rescate e dignificación das vítimas da barbarie franquista.

Cunqueiro

A intención da nova corporación municipal madrileña de retirar nomenclaturas franquistas do seu rueiro leva suposto o pronunciamento de destacadas plumas da prensa galega a propósito do caso de Álvaro Cunqueiro. Escritor que, como é sabido, participou da era azul na súa mocidade.

Reflexións postelectorais dende Ramirás

A partir dos resultados do concello de Ramirás —(4PP), (4PSOE), (1BNG)— produciuse un considerábel rebumbio político e mediático. Isto debeuse, en gran medida, ao perfil de ambas as candidatas das forzas que obtiveron máis votos. 

Sarrionandia fala a nosa lingua

O lectorado galego ten xa a sorte de poder acceder á obra poética de Joseba Sarrionandia, un dos principais escritores vascos contemporáneos. Isto é posíbel grazas á edición que sacou do prelo Faktoría K de Libros.

Soberanía: por que, para que?

Acaba de editar o BNG, ao abeiro dunha campaña divulgativa que está a desenvolver, unha breve e condensada publicación titulada Que non che coman o coco. Temos un país de primeira na que, de forma clara, se poñen en evidencia algúns dos principais interrogantes que se cernen sobre nós.

Defensa comunal da Sacada

No último Congreso Galego de Comunidades de Montes —celebrado o pasado ano, ao abeiro da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común— acordouse instituír o “Día da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal”. O día elixido, da primeira edición, o 22 de xaneiro.

Plan para o galego

Acaban de se dar a coñecer as cifras do Instituto Galego de Estatística relativas á Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego. Ano 2013. 

Luísa

Estanlle a acabar de caer as follas a un ano máis, cegado pola crise do mercantilismo, e xa van alá dez da túa ausencia.

No Furriolo

No verán de 2006 e de 2007, canda un grupo entusiasta de xente, fun protagonista de diversos actos de restitución da memoria e da dignidade colectiva das vítimas do franquismo.

Precisamos a lingua

No anterior informe emitido o Consello de Europa criticaba duramente a política lingüística da Xunta de Galiza, en virtude do seguimento do (in)cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Escola libre

A derradeira actividade realizada en Galiza polas Misións Pedagóxicas foi a mediados do 36, uns días antes do estouro da guerra incivil, no concello de Ramirás.

Libros da Frouma: "CaRa inversa"

En 1998, no prelo da compostelá Follas Novas Edicións, editábase o primeiro libro da colección de poesía Libros da Frouma. Dende aquelas datas ata este mesmo comezo de verán —en que saíu o seu derradeiro volume— publicáronse nela un total de setenta obras de poesía en galego.

Aos bos e xenerosos

Estas palabras escritas en lingua de ouro conforman o título dunha obra acabada de editar, en cuxo peche pode lerse: “Este libro sae do prelo o 28 de xuño de 2014, trinta anos despois do traslado do corpo de Castelao ao panteón de Bonaval”.

Vive e deixa vivir

Dende hai xa tempo Ramón Nicolás enxerga, dende unha óptica orixinal, o mundo da creación literaria galega. Faino, sen dúbida, dende o seu recomendábel e multipremiado blogue literario, cuxo —consabido— enderezo electrónico é http://cadernodacritica.blogaliza.org/.

Nomes dende Ramirás

A poboación da Gallaecia somos nós. Por iso conservamos un tesouro toponímico tan incribelmente rico.
Son estas palabras de  Xosé Luís Méndez Ferrín, no prólogo que abre o libro Toponimia de Ramirás, de Carlos Méndez Míguez, publicado pola Editorial Toxosoutos, na colección Divulgación e ensaio, neste mesmo 2014.

Dende a Casa de Hortas

A pasada sexta feira 30 de maio participei no intercambio entre o alumnado dos institutos de Curtis e mais de Bande, ao abeiro das actividades dos respectivos equipos de normalización lingüística.

A xeira dun completo día de emocións rematou en Outeiro de Rei na visita á casa museo da Fundación Manuel María. Alí, nunha completa e amena exposición de Fran Rei, debulláronselle á rapazada asistente algúns dos múltiples pormenores da figura deste gran poeta nacional galego.