Opinións de
María Sabarís
   

Crer a pesar das vaidades

Moito se ten falado nas últimas horas de árbitros, penaltis e inxustizas varias. E demasiado pouco do bo partido do Celta fronte ao Valencia, da súa progresión ascendente e dos síntomas positivos que o equipo deixou no encontro. O protagonismo final tívoo un...

Un punto real e tres de moral

O punto que colleitou o Celta no Camp Nou ten todo de positivo e (case) nada de negativo. Foi un punto coral, ben orquestrado, infinitamente traballado e sen pretensións de nada. O Celta xogoulle ao Barcelona de ‘ti a ti’, non se engurrou, soubo intuír cando tocaba atacar e mirar cara...

Chuvia curadora

Que chova é sempre positivo. Que chova en Vigo é necesario. E ver chover sobre Balaídos durante os 90 minutos do partido contra o Leganés o pasado venres tivo algo de beleza poética. A auga, sempre fonte que sanda e cura trouxo de volta o mellor Celta. O resultado, por curto,...

As inseguridades e a mala sorte do Celta

Que non nos engane o resultado, o Celta amosou o sábado no Sánchez-Pizjuán que é mellor equipo que o Sevilla, que ofrece mellor alternativas e que a súa dianteira ten o punch e a agresividade necesarias para competir en primeira con garantías.  ...

O Celta pisa o acelerador

O do domingo fronte ao Athletic non era un partido para especular nin para xerar dúbidas, era un partido para gañar. E así o entendeu o Celta que soubo pisar o acelerador a tempo para deixar o Athletic fóra de xogo e marcarlle tres goles en 10 minutos. Pero como...

Un Celta a remolque

A semana pasada falaba de que o Celta mereceu máis no partido contra o Atlético de Madrid porque ademais de ocasións, o equipo puxo intensidade, pundonor e agresividade no terreo de xogo. En sete días o equipo volveu sufrir unha nova transformación, abrindo de novo a caixa das...

O mellor Celta

O fútbol é así, que dirían os libre pensadores do balón. O que marca máis goles gaña. Fin. Pero sempre quedan as intrahistorias, esas que redefinen vitorias e explican derrotas. E nesas, o Celta foi o que marcou a diferenza. Perder contra o Atlético de Madrid...

Vigo chora, o Celta berra

O fútbol é insignificante cando diante de ti tes a dor e a desesperación dun pobo. Non conta, é irrelevante. É vergoñento pensar en calquera partido cando a xente está a sufrir por unha terra que morre, pero bendita nimiedade a do fútbol! Na...

A bipolaridade continua do Celta

O Celta decidiu vivir este inicio de tempada subido nunha montaña rusa sen fin, todo o que consegue nunha área destrózao na outra. Cada gol que marca cústalle outro e cada boa nova vén acompañada doutra negativa. E como quen se atopa nun continuo proceso bipolar...

 A 'pizarra' e o 'Tucu' traen de volta o Celta

O resultado fronte ao Eibar é revelador de moitas cousas. A primeira, nunca vin nos últimos anos un equipo do Celta ser tan 'letal' nas xogadas de estratexia. Nin nos mellores soños do partido pensaría que o Celta ía ser quen de meterlle ao Eibar tres...

Así non, Celta

A derrota por incomparecencia é a peor das derrotas e o Celta o luns en Cornellá directamente non compareceu. Si, fisicamente estaba no campo, pero mentalmente estaba de paseo pola Costa Daurada, polo menos. Durante os primeiros 60 minutos do encontro só existiu un equipo no terreo de xogo, o...

O Celta respira

  Fixeron falta tres xornadas para, por fin, sumar os primeiros puntos da tempada. Merecidos por xogo, por ocasións e por idea futbolística. O Celta gusta e gústase, pero esta idea precisa de maduración e de moitos minutos de adaptación. Os de arriba funcionan. Os de...

Como ser do Celta e autodestruírse

O Celta ten unha afección preocupante. Vivindo no continuo desánimo e a negatividade, é incapaz de xerar ilusión e albiscar esperanza algunha cando o equipo recibe as primeiras malas novas da tempada. En dous partidos a situación parece tan preocupante que a loita por non baixar a...

Maximiliano, primeiro

Reducir o encontro do Celta contra a Real Sociedad ao resultado final resultaría moi simple se non se olla de preto o partido completo. O Celta gusta e gústase. A pesar dos temores iniciais tras unha pretempada con máis dúbidas que certezas, o equipo respondeu positivamente ás...

Seguiremos batendo na porta

E caerá. E un día os goles entrarán. Mil veces. E as bágoas serán de felicidade. Pero a afonía será a mesma. A voz quedará no camiño, unha vítima colateral do esforzo común no recoñecemento dun grupo, dunhas idea e duns valores...

Épica escríbese con 'h'

Con 'h' de historia. A que o Celta ten diante de si, con humildade e sen prexuízos. A historia que está por vir e que sempre pode mellorar un pasado do que nos sentimos orgullosos pero ao que aínda lle quedan moitos momentos inolvidables por chegar. A historia da afouteza, esa que...

A historia do Celta comeza hoxe

Agora sí. O Celta é oficialmente un equipo capaz de mirar cara a súa historia e superala, 23 anos despois fomos quen de dar un paso adiante. Deixamos atrás, por fin, o non poder, o medo escénico e a falta de nervio final para superar momentos críticos. Atrás queda...

O pequeno gran paso do Celta

A ver, o Celta gañou, si, gañou. A pesar da cara de funeral da parroquia celtista ao final do partido e das mensaxes lutuosas nas redes sociais, gañou. Hai moitas verdades no partido contra o Genk, a máis implacábel é que o ataque do equipo foi tan bo como desastrosa a...

50 minutos de recreo

O Eibar foi para o Celta un deses partidos que hai que xogar e nos que o resultado, non debería ter moita incidencia na tempada ou no momento anímico do equipo. Ben, visto o visto onte en Balaídos eu diría que si e non. Si, por suposto, porque pouco importa perder un partido...

Aspas é suficiente en #ONosoDerbi 

Este derbi non pasará á historia como o máis entretido dos últimos anos, máis ben como a excusa perfecta para botar unha boa sesta. De intensidade e ocasións creadas máis ben pouco. O máis emocionante do partido foi sen dúbida o momento de escoitar o...

Desde A Madroa até o infinito

Non nos equivoquemos. O que onte conseguiu o Celta non é comparable co Celta dos Mostovoi, Karpin, Gustavo López, Catanha e cía; o que está facendo este Celta é mérito de moitos anos de sufrimento e moitos menos 'quilates' no equipo. Aquel era o Celta da...

O retorno dos 'balaidistas' rancios

Este domingo por casualidades do espacio-tempo atopeime rodeada dun bo feixe de eses 'balaidistas' rancios que a min tanto me gustan. Estaban tendo uns razoamentos tan positivos e optimistas que a piques estiven de fuxir por medo a que me pegasen algunha desas frases do tipo “este equipo non vale...

A inercia positiva do Celta

O empate que o Celta colleitou en Xixón é o punto e aparte a unha semana de épica, de emocións, de soños e de maxia. Unha semana de sufrimento que rematou do mellor xeito posible nun partido no que o Celta foi o suficientemente efectivo para colleitar, ao final, un bo resultado....

A vitoria fundamental do Celta

Que esta sexa unhas das vitorias máis importantes da tempada para o Celta é, creo, indiscutible. Con máis ou menos fútbol e máis ou menos intensidade, o equipo conseguiu unha vitoria fundamental por todo o que ten de positivo anímicamente para afrontar un novo partido...

Soños que serán (e outras historias de 'amor')

Esta é a historia de como un día o Celta ía a xogar unha final de Copa, a cuarta, e quedou sen final, sen Copa e coa sensación de que perdeu por incomparecencia. Pero esta tamén é a historia dun soño, da ilusión dunha afección, da loita e do ...

O preludio dunha final

O de onte do Celta foi o preludio de moito. O preludio dunha final. Si, dunha final. Quero e desexo ver ao Celta noutra final. É un soño ao que non penso renunciar. Non me intersan xa as cautelas, quero gañar e quero estar na final. E como di Berizzo , “as cousas para que sucedan,...

Mil veces Berizzo

Non entendo ningún éxito de este Celta sen pasar por Berizzo . Él é a parte fundamental deste Celta, o seu espíritu e a súa identidade. Quen conseguiu devolver á afección as gañas de soñar e de crer, por fin, que a realidade dun título...

Vitorias que son medios soños

Di Berizzo que imaxinou a dificultade do partido contra o Real Madrid. E imaxinouna ben. Imaxinou un partido no que lle ganou a partida táctica a un Zidane ao que semella que, por fin, a realidade do fútbol estálle a estoupar na cara. E digo que lle está a estoupar porque...

O momento xusto do Celta

Esta non está a ser a tempada máis regular do Celta. Certo é, pero hai que felicitar o equipo polo feito de que a estas alturas siga vivo en tres competicións. Vivo na copa, e moito. Vivo na Europa League e vivo na liga. Vivo porque seguimos loitando polas posicións europeas e...

Eu creo, e ti?

O tempo dos lamentos xa pasou. Onte foi onte, queda lonxe, e a raiba tamén. A min non me valen os “e si”, os machaques continuos e a culpabilización indiscriminada porque si, tanto a xogadores e a o entrenador, como ao céspede, aos andamios de Balaídos, ao paxaro que pasaba...
x