Falo de Xoán Carlos González Basanta

Din que morreu Basanta e non é certo. Aquí esta con nós de verde e negro, el que foi base talentoso dos nosos Celtas, é o Basanta deportista, o xadrecista sempre á ofensiva, a xogar peón rei ou a siciliana, a organizar torneos e arbitralos. E vén coa vara de...

Filgueira entre Nós

No correo de hoxe recibo un manifesto político, arranxado con enxeñosos artificios da linguaxe , para desculpar unha posición ilexítima dentro do noso campo. Tratase, nada menos, que de crear unha “dereita galeguista”, lazando a irmandade dos “bos e xenerosos”, cando máis rexa debe ser a súa compenetración.

No cabodano de Moreda

No segundo andar do panteón familiar de Dona Amadora, aquela avoa tenra que volveu de Cuba co pano na cabeza para parir emigrantes, hai un nicho que lembra ao Secretario Xeral do Consello da Mocidade, ao que concorren cantas almas anónimas penan, a forza da desmemoria, polos vieiros dunha historia nosa que se nos resiste. 

Son 300.000 millóns, non 60.000 millóns

Míntenos. A nova recollida por diferentes medios de comunicación, tanto de información económica como xeral, sobre a contía das axudas ao conxunto do sistema financeiro do Estado, información elaborada en base a un comunicado do Banco de España difundido por EFE, só pretende enganarnos respecto a envergadura real do saqueo das arcas públicas para salvar a banca, e particularmente calmar os ánimos dunha poboación intuitivamente incendiada polas políticas de saqueo ao pobo e de apoio ás entidades de crédito. Quérenos calmar sobre a dimensión de tamaño atraco para continuar o espolio das maiorías sociais.