Galeguismo e nacionalismo: un diálogo imposíbel ou un diálogo necesario?

Foi a mediados de xullo de 1989 cando, dentro dunha das sesións da primeira edición da Universidade Popular de Ortigueira, logramos xuntar nun seminario sobre o nacionalismo galego anterior ao 36 a Ramón Piñeiro e a Encarna Otero . Tamén estaba prevista naquela mesa redonda a...

Hai erros políticos que pesan como unha lousa 

Xa sei que máis dunha persoa dirá a que vén agora un artigo sobre o goberno bipartito da Xunta de Galiza. E quen así pense está no seu dereito, naturalmente, igual que outros e outras a pensarmos que é un enorme erro político que aínda hoxe, tantos anos...

O Lugrís que eu querería ver

Talvez entre as páxinas da Obra viva de Antón Avilés de Taramancos está o mellor retrato que até hoxe se fixo de Urbano Lugrís . Desde logo o retrato máis emotivo, escrito, ademais, nunha prosa de extraordinaria beleza. E non só temos aí o retrato...

Tamén os xestos son imprescindíbeis

Teño a certeza de que no nacionalismo galego contemporáneo, en non poucas ocasións, nos momentos máis delicados, fallamos xusto no plano máis importante, nos aspectos humanos que subxacen sempre en calquera debate, desencontro ou substitución de responsabilidades dentro...

Elas chegarán onde nós non fomos cecais dignos de chegar!

Si, deixádeme que feminice a coñecida frase de don Ramón Otero Pedrayo . Cando el a escribiu en febreiro de 1957 referíndose a aquela mocidade que tanto o ilusionaba ( Ferrín , Manuel María , Novoneyra , Mourullo , López Nogueira , Xosé Manuel Beiras ,...

De Rosalía a Xohana Torres

Non sen emoción, despois de tantos anos, collo o libro entre as mans, e leo: “Rematouse de imprentar… o 15 do mes de Santiago de 1971, 86º aniversario da morte de Rosalía de Castro”. Trátase, evidentemente, daquela primeira e fermosísima...

Por un país con historia propia

Na historia do galeguismo e do nacionalismo galego nunca houbo un único proxecto de país. En cada época, en cada xeración, en cada grupo ideolóxico, en cada sector social, dialogaron, conviviron coas súas contradicións ou viviron en conflito diversas ideas sobre o...

A Galiza do mestre Mateo

Entre o 29 de novembro e o 26 de marzo estará aberta en Madrid a exposición “Maestro Mateo en el Museo del Prado” . Eu persoalmente son dos que vexo moi ben que o noso patrimonio artístico se expoña fóra do noso país de forma temporal. Xa...

O vendaval deste outono chámase Ana Pontón 

Na década dos oitenta e dos noventa do pasado século, e tamén durante os tempos da Transición, o sector da nosa sociedade máis entusiasta co discurso do nacionalismo era claramente a mocidade galega. Eran as mozas e os mozos as persoas que máis apoiaban o BNG ou a EG e as...

A Galiza do futuro ten rostro de muller

O que queriamos e non foi xa non é. Deixémonos de lamentos, de narrar unha longa historia interminábel de decepcións, de escribir permanentemente no libro dos reproches, de mostrarmos de maneira incesante uns a outros as feridas aínda abertas. Nada é máis...

Marea Morada: a última metamorfose da esquerda española

Non é nada novo na historia contemporánea de Tagen Ata. Sucedera xa co PSOE nos tempos da Transición. Daquela o principal damnificado fora o PSG. Algúns coñecen moi ben aquela historia. Os que resistiron no medio daquela treboada tiveron incluso que crear un slogan para dicir o...

O mesmiño que Piñeiro

Creo que a Ramón Piñeiro ninguén lle pode negar o seu galeguismo activo e o seu compromiso co país ao longo de toda a súa vida. Aínda que a súa traxectoria foi nefasta para o desenvolvemento normal do nacionalismo galego durante a ditadura, eu, desde logo, nunca sentín a necesidade de odiar a Piñeiro. Todo o contrario.

Sen o nacionalismo non hai construción  da nación galega

Dentro do nacionalismo galego e do galeguismo político non hai un único proxecto de país. Nin o houbo no seo das Irmandades da Fala, nin no Partido Galeguista de Castelao e Alexandre Bóveda nin no BNG da época máis exitosa. O que si que creo é que todas as persoas...

De Castelao a Rosana

Xa en febreiro de 2015, dez meses antes das Eleccións Xerais do pasado mes de decembro, escribimos neste mesmo xornal: “O BNG debe facer desde este mesmo momento un grande esforzo por situar na opinión pública galega a importancia do traballo parlamentario do nacionalismo galego en...

A nosa Terra é deles!

Xa o contei noutros artigos. Eu só precisei o lema do PSG do 77 (“Pra que os teus votos non emigren”) para saber que o meu voto non tiña que ir para o PSOE de Felipe González ou para o PCE daquel Santiago Carrillo que acababa de chegar do exilio -e a quen incluso fun escoitar a...

Un Día da Patria para tecer sentimento de irmandade

Nin dentro do campo do galeguismo nin no universo do nacionalismo galego hai unha única idea do que debe ser Galiza como suxeito político. Non a houbo nunca, en ningunha época histórica. Non todos e todas temos a mesma visión de Galiza ou o mesmo proxecto de país para unha Galiza diferente.

x