Precedentes históricos do artigo 155

Gústanme tres definicións encol do concepto de historia, procedentes de distintas concepcións ideolóxicas. A humanista latina:”historia est magistra vitae”, a marxista: ”O Pobo que descoñece o seu pasado está condenado a repetilo a a xeito de traxedia...

O dereito de autodeterminación dos pobos

En virtude da rabiosa actualidade do tema por mor do procés catalán sería moi axeitado enxergar algunhas reflexións neste novembro de 2017, cimentadas nalgunhas inseridas nun artigo publicado polo filósofo Igor Filibi encol da autodeterminación dos pobos na prensa...

Concha Murguía e Oiartzun: a irmandade en estado puro

Concha Murguía Egaña  era filla do organista da Igrexa de San Estevo de Oiartzun, Domingo Murguía, de vella estirpe fidalga orixinaria de Astigarraga, lugar de sona polas sidrerías. Naceu o 29 de Xaneiro de 1806 no antigo hospital, onde moraban seus pais nunhas dependencias anexas,...

A cegueira moral

A convalecencia dunha doenza doa posibilidades gorenteiras e insospeitadas. Permite recapacitar con profundidade encol de temas que sempre asaltaron o ser humano, a fugacidade da saúde e, por conseguinte, da vida. Ademais ofrece tempo dabondo para dedicarse a lecturas, moitas veces aparcadas no garaxe da...

O rexurdimento do barroco

O Barroco era non só un estilo artístico, senón tamén e principalmente unha mentalidade e un xeito de entender a vida, que atravesou como fío condutor toda a sociedade do século XVII e parte do XVIII. Unha análise desapaixonada desa época permite atopar...

Catro cantigas a Euskal Herria

Un xa entrou na melancolía da “vellice”, como dicía Guerra da Cal, e cada vez pasan o adral da temporalidade para ingresar no reino da eternidade máis amigos e amigos e amigas da república das letras e da soberanía do idioma, Cesáreo ben dixit. 

Quiroga no solpor do século XIX

Ricardo Becerro de Bengoa, nado en Vitoria-Gasteiz o 7 de febreiro de 1845 e finado en Madrid o 1 do mesmo mes de 1902, foi un importante científico, escritor e político. 

X. M. Díaz Castro: Euskal Herría ao fondo

Abondaron deica agora as colaboracións, conferencias, artigos, documentais,  libros e toda clase de actividades encol das diferentes facianas da súa polifacética personalidade. Mais foron dabondo escasos os que trataron dous temas: a xeira de Manuel María na canonización, espallamento e acollemento de Díaz Castro no universo literario galego e as súas vinculacións con Euskal Herria. 

Un artigo do avó de Rajoy

D. Enrique Rajoy Leloup, avó paterno do actual presidente do goberno, Mariano Rajoy Brey, naceu en Santiago de Compostela en 1882 e faleceu na mesma cidade en 1966. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago en 1910. Foi concelleiro de Santiago de Compostela en 1931 e profesor de  Civil na Universidade de Santiago. 

A Tripla Alianza de 1923

O 11 de setembro de 1923 artellábase en Barcelona, coincidindo coa celebración da Diada ou Día da Patria Catalana, o pacto trinacional asinado por case tódalas forzas nacionalistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya,  coñecido como a Tripla Alianza.

Manuel María: poeta da nación incesante

O noso meirande bardo nacional, Manuel María, naceu en Outeiro de Rei, da Terra Cha, no outono de 1929, e finou na Coruña o 8 de setembro do 2004

A Terra Cha é unha bisbarra luguesa que posúe personalidade de seu tanto ela como os seus habitantes, os chairegos, até tal punto que o escritor Paco Martín asenlla que falan un idioma especial e nalgún relato seu intervén un profesor de "chairego". Nela naceron unha morea de lumieiras das letras galegas: Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé Crecente Vega, Xosé Díaz Castro, Noriega Varela, Manuel María entre os finados e Miguel Anxo Fernán Vello, Darío Xohán Cabana, Xesús Rábade Paredes e outros máis entre os vivos. Acada luz propia e cimeira Manuel María.

O complexo do colonizado

Nos meus anos mozos, cando estreaba a primavera vital, sen ter aínda recibido a primeira comunión política, sufrín, descoñecendo a definición do concepto, o complexo do colonizado. 

Este complexo, que implica a autoxenreira cara a súa propia cultura por parte do colonizado e a admiración e asunción da cultura do colonizador, foi  maxistralmente descrito polo martinicano Fran Fannon, na súa obra póstuma “Los condenados de la Tierra”, e tamén por outros pensadores como Albert Menni ou o occitano Robert Lafont.

Curros e Euskal Herria

Celanova é unha vila galega, capitalidade dunha bisbarra ourensán da nación fisterral. Enfeitiza o casco urbano  un impresionante mosteiro, fundado por San Rosendo, e unha sinxela e pudorosa igrexa suevo-visigótica, a de San Miguel. Emporiso, unha das glorias meirandes desta vila é o ter sido berce de dous grandes vates galegos, Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.

x