Postverdades, imposicións lingüísticas e como xogar con trampas

Que a lingua fai un elemento fulcral na identidade dos pobos é indiscutido. Que a estratexia das sociedades dominantes consistiu en eliminar as linguas minorizadas, tamén. Non debe así sorprender que cando un modelo identitario asociado ás estruturas de poder, no noso caso o...

Estado de dereito e democracia low cost

Un recurso moi habitual entre os defensores do réxime vixente fronte a contestación e a resistencia ao déficit e á involución democrática consiste en invocar a ladaíña de que vivimos nun estado de dereito. A democracia, segundo esta concepción, consiste...

Sobra nacionalismo?

Hai uns días a Xunta, tan respectuosa e submisa coma sempre coas instrucións do Estado español, contemplaba a posibilidade de suspender a convocatoria de oposicións no ensino. Feijóo falou de bloqueo institucional para xustificar esta decisión. Tal bloqueo resultaba ser a...

O fundamentalismo constitucional español

Resulta xa un lugar común para os adherentes á causa nacional española enarborar toda una serie de argumentos cos que se pretende obxectar aos discursos nacionalistas periféricos que cuestionan a arquitectura do modelo estatal-nacional español. Argumentos que, malia recorrer...

Lexitimidade vs legalidade no referendum catalán

Carles Puigdemont anunciou a celebración dun referendo para setembro de 2017. Aínda que son moi previsibeis os pasos xurídico-xudiciais que se irán dando, tanto desde as institucións catalás coma desde o Estado, non parece doado aventurar a magnitude das medidas coactivas e...

Reformular o nacionalismo

As organizacións políticas son ferramentas, instrumentos fabricados para acadar obxectivos, non son obxectivos en si mesmas. Se unha refundación non pretende máis que conservar o instrumento, sen pór en cuestión a inadecuación do mesmo á fin para o que debe...

Travesías do deserto

p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px 'Helvetica Neue'; -webkit-text-stroke: #000000; min-height: 14.0px} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; text-align: justify; font: 12.0px 'Helvetica Neue'; -webkit-text-stroke: #000000} span.s1 {font-kerning: none} Os novos xeitos de...

Unha reflexión sobre a identidade

Leo estes días algúns comentarios e opinións sobre a identidade nos que a mesma, fundamentalmente a nacional, se presenta unicamente coma un fenómeno produto de emocións e sentimentos que semellan obstaculizar os lazos de solidariedade e harmonía entre os seres humanos....

A impostura española no caso catalán

Os tópicos, as frases feitas, os estereotipos están a cair, en trebón, sobre nós coa pretensión de que o cuestionábel e o discutíbel non sexa cuestionado ou discutido.

En clave de país e pola unidade

As propostas que se están a suxerir, após as eleccións locais, de presentar unha candidatura unitaria galega cara ás eleccións xerais do Estado, amosan a esperanza e a posibilidade da obtención duns resultados que sitúen ao noso país cunha ampla representación.

Venezuela e a infamia do imperio

O 9 de marzo deste ano Barack Obama daba a coñecer unha disposición pola que se declaraba que existía “Unha emerxencia nacional con respecto á ameaza inusual e extraordinaria para a seguridade nacional e a política exterior de Estados Unidos que representa a situación de Venezuela”.

Adéu, Espanya

Marzo de 2017, eis a data da ilusión, da esperanza para millóns de cataláns que non puideron expresar a súa opinión por mor da intolerancia e do despotismo.

A lingua non é unha crenza

Nun recente artigo publicado en Tempos Novos titulado “Pensar o nacionalismo” Miguel Vazquez Freire criticaba que no meu libro “E logo, temos razóns para ser nacionalistas?” defendera a lexitimidade de empregar instrumentos xurídico-políticos para a defensa e conservación do noso idioma derivado da consideración deste como parte dunha identidade nacional.

Nación de nacións

O partido político Podemos acaba de redescubrir unha outra vez a definición de Nación de nacións para referirse a España. Definición que nunca terminou de apousar dada a  súa imprecisión, vaguedade e ambigüidade con respecto ao verdadeiro problema de fondo que consiste na vertebración do modelo territorial-competencial do Estado español e das nacións que fan parte do mesmo. 

Cidadáns do mundo?

“Pode vivir en San Francisco e ter devenceiros irlandeses; non cre que a súa identidade estea comprometida cando aprende español; come nun restaurante chinés; leva roupa feita en Corea; escoita arias de Verdi cantadas por unha princesa maorí nunha equipa de música xaponesa; segue a política ucraniana e practica con técnicas de relaxación budista. É unha criatura da modernidade, conscente de vivir nun mundo composto e nun eu composto.”  

A imposición do galego e a mentira como arma

Os datos aportados recentemente polo Instituto Galego de Estatística amosan un retroceso considerábel no emprego habitual do noso idioma e un proceso de substitución do mesmo favorábel ao español.

A chantaxe constitucional

Estase a amosar a face de autoritarismo e intolerancia, da negación do recoñecemento e da pluralidade que define ao identitarismo español. 

O asalto aos servizos públicos

Após un período de proteccionismo, debido ás dúas guerras mundiais e á experiencia da Grande Depresión, rexurde a vontade de propiciar o libre comercio eliminando as trabas existentes. E así que a ONU, nunha asemblea en 1947, elaborou unha carta para a creación dunha Organización Internacional do Comercio (OIC) tendente a reducir os aranceis e suprimir a discriminación no comercio. 

Antitaurino? Si, con teimosía

Agora que se achega a época estival de touradas na España, e con ridículas imitacións no noso país,  gostaría de expresar dous sentimentos que me levan a ser radicalmente antitaurino. O primeiro é porque fago parte dunha nación na que se pretende introducir unha tradición allea presentada coma estandarte da cultura “nacional” dominante. O segundo porque coincido cos valores aportados pola Ilustración, e para os que a provocación do sufrimento gratuito repugna á moral.

Soberanía

Custa comprender certas afirmacións expresadas ultimamente verbo da soberanía coma abstracción. E custan máis de comprender cando estas opinións proceden de persoas que defenden, ou defendían, a ruptura co modelo de dominación que representa o marco xurídico-político español con respecto ás nacións que o conforman. 

O dereito a decidir e a dupla vara de medir

O recente referendo en Crimea, sobre a secesión de Ucraína e a incorporación á Federación Rusa, ten provocado unha serie de reaccións adversas por parte dalgúns dirixentes das potencias occidentais que chegaron mesmo á ameazar con represalias de diferente signo. Non me vou centrar na análise dos evidentes intereses de corte imperialista que subxacen no conflito fabricado en Ucraína, intereses que levan a permitir a incorporación de nazis en postos de goberno e de alta responsabilidade na administración do aparato de Estado. 

A propósito de Bildu

Unha organización política do noso país, o Bloque Nacionalista Galego, toma a decisión de concorrer coaligada ás eleccións europeas con outra organización política de Euskadi, EH Bildu, e inmediatamente saltan alarmas de opinadores e tertulianos. Que se suicidio, que se erro, que se falla de perspectiva, que se o mundo non está preparado…

O imperio (da lei) contra os nacionalismos periféricos

Imperio da lei contra o dereito a consultar; imperio da lei contra o dereito a decidir; imperio da lei contra o dereito a existir; imperio da lei contra as arelas de ser; imperio da lei contra calquera construción nacional non española. Mágoa que se deturpe de tal xeito un concepto xurídico- rule of law- que xurdiu coma oposición o abuso, a tiranía e a arbitrariedade do poder. 

x