Francisco Rodríguez enfadado

Non son experto en Rosalía, con todo, despois de ler a crítica de Francisco Rodríguez á biografía que, sobre esta autora, se vén de publicar, tendo a crer que acerta en moitos aspectos. A súa argumentación parece aguda e fundamentada, como por outra parte...

Cando a prensa fai propaganda, algúns políticos deberían facer xornalismo

En teoría, as democracias occidentais caracterízanse por contar cunha prensa independente que exerce de contrapeso fronte os posíbeis abusos do poder. Esa mesma prensa ten a responsabilidade de abrirlle os ollos, con información crítica e veraz, aos cidadáns correntes. A...

Rusia, un bocado demasiado grande

Rusia volve ser un inimigo, coincidindo, máis ou menos, co centenario da revolución. A Rusia dos zares sempre foi unha potencia, pero de segunda orde, o que semella un paradoxo. Tiña unha importante armada que, ás veces, recalaba no porto de Vigo e os seus oficiais asistían aos...

Canso de propaganda, incluso da propia

É certo que unha das características principais da propaganda é a difusión de mentiras, pero adoitamos esquecer que non menos importante é a súa ocultación da verdade, quizais porque esta ocultación non é tan doada de descubrir ou porque nos parece...

Catro normativas en 140 caracteres

Un amigo lingüista dicíame hai pouco que, con frecuencia, encontraba chíos de twitter nos que o autor utilizara até catro normativas do galego diferentes. É probábel que non haxa un lugar onde se faga tan evidente a confusión que vive aínda o nacionalismo...

O BNG pode estar acertando, pero non é fácil o camiño que lle queda

O máis seguro é que, na próxima asemblea de finais de marzo, o BNG non cambie de nome. A probábel decisión coincide, por certo, cunha crítica de Pujol a CiU por ter modificado as súas siglas. O ex presidente catalán usou como argumento, durante unha conversa...

É a política occidental tan progresista como pretende?

Durante as últimas décadas, as democracias occidentais pareceron asumir, cando menos no que respecta aos dereitos humanos, un ideario netamente progresista. Ideario que, agora se di, podería estar en regresión coa ameaza de Trump e da extrema dereita en varios países....

Feixóo non é Fraga

Decididamente, Feixóo non é Fraga. O león de Vilalba, quizais arrastrado pola súa forte personalidade, non deixou de mostrar, aínda que con claros límites, o seu grado de autonomía fronte a Madrid e, tamén, e de forma non menos importante, o seu pacto coas...

A canalización oficial das discrepancias

Poderiamos dicir que o Estado non só deseña o que van ser as ideas oficiais senón tamén as discrepantes. O feminismo, Podemos, a ecoloxía, a música independente, son vistos pola sociedade como discursos críticos pero, ao mesmo tempo, son visualizados por esa...

Fermín Bouza, o sociólogo tímido

Fermín Bouza acaba de morrer, por sorpresa, aos setenta anos. Era un sociólogo lúcido que, sen embargo, non facía moita vida social. Tal vez, en parte, por iso non era todo o coñecido que debería. Deume clase de filosofía en 1978, na universidade complutense....

Alarma. Estamos nun momento perigoso

Ollo co momento político. Non hai nada quieto e poden producirse evolucións estrañas, incluso algunhas que hai pouco chamariamos “contranatura”. A imposibilidade de articular maiorías que descabalguen o PP do goberno provoca razoamentos inconscientes en parte do...

España atada, pero mal atada

O capitalismo español, ou cando menos unha parte decisiva del, non é industrial nin tampouco financeiro. Está formado, ante todo, por comisionistas, intermediarios improdutivos, que viven dos seus contactos co Estado e da mordida. Este panorama hai anos que desgusta as trasnacionais que...

A vitoria simbólica de Paco Jorquera

No último 25 de xullo, Ana Pontón, nova portavoz, fíxolle unha homenaxe a un nacionalista, a alguén do que aprendeu: Paco Jorquera. Puido escoller outros, pero escolleu a Jorquera. Todo un síntoma. Jorquera, aínda que moitos non o saben, foi a sombra de Beiras nos anos...

As raíces históricas do PP e as súas consecuencias

A diferenza entre o PP e as demais forzas radica en que interpreta os dereitos como favores. Iso mantenlle grandes fidelidades pero tamén o ata o pasado. Neste sentido, o PP mostra aínda un comportamento case propio do Antigo Réxime, o que non é tan estraño se se pensa que o...

Como nacen os partidos: o caso de Marea Galega

Como se crea un partido? Un partido é un conxunto de símbolos e de referencias compartidas que acaban conformando un cultura política e, por suposto, un partido é a representación dos intereses dunha parte da sociedade. O PP foi creado pola administración franquista,...

En Marea debe evitar a frustración

1.- Hai moita atención á política, pero probabelmente segue sendo numeroso o público (progresista e nacionalista) que se mantén como observador. A Marea, coa súa confusión e certa dose de frivolidade, non os motiva. Non se sentirían cómodos aí....

De Laclau a Leiceaga, pasando por Ikea

1. A nova política está dirixida a un público educado, ante todo, no consumo. Fronte ás vellas tendas de mostrador, nas que tiñas que pedir o que querías, impúxose o deambular libre do supermercado. O consumidor-elector non pide consistencia orgánica...

Podemos, radiografía dunha forza inestábel 

1.- Non nos enganemos. Podemos é o PSOE 2.0. No futuro, hai tres opcións. Ou o substitúe ou se fusionan ou nace unha organización que recolla a militancia e o electorado de ambos. Cabería unha cuarta posibilidade, a dun Podemos máis transversal que tendese a pactar cos...

A teoría das tres axendas

< A política vén sendo a arte de tomar decisións, tendo en conta unhas determinadas prioridades. As prioridades anótanse nunha axenda, pero resulta que non todas as axendas son iguais. Hainas, ao meu modo de ver, de tres tipos: A axenda romántica . Tamén se...

Por que votei PP

Obviamente, eu non votei PP, pero si o fixeron veciños do meu edificio, a muller da tenda que me vende a froita e moitas persoas coas que coincido no bar. Naturalmente, sei como pensan.      Sei perfectamente que lles molestan, e moito, as noticias sobre corrupción. Agachan a cabeza...
x