A teoría das tres axendas

< A política vén sendo a arte de tomar decisións, tendo en conta unhas determinadas prioridades. As prioridades anótanse nunha axenda, pero resulta que non todas as axendas son iguais. Hainas, ao meu modo de ver, de tres tipos: A axenda romántica . Tamén se...

Por que votei PP

Obviamente, eu non votei PP, pero si o fixeron veciños do meu edificio, a muller da tenda que me vende a froita e moitas persoas coas que coincido no bar. Naturalmente, sei como pensan.      Sei perfectamente que lles molestan, e moito, as noticias sobre corrupción. Agachan a cabeza...

Dúas derrotas, un cambio de tendencia e unha oportunidade

1. As empresas de sondaxe, fieis seguidoras da unívoca e superficial socioloxía norteamericana, deixaron ver esta vez fallos importantes. A simple observación, acompañada do coñecemento do terreo, pode dar en moitos casos mellores froitos que algúns dos...

En Marea e a ORGA

1.- Talvez comprendamos un pouco mellor o fenómeno En Marea mirando no espello retrospectivo da ORGA, unha forza política galega dos anos trinta, non moi coñecida, pero interesante. A ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma) foi creada en 1929. Na...

Non somos Estremadura. A necesidade de reconstruír o relato da dependencia

1.- Hai xa bastantes anos, un compañeiro meu entrevistou a un deputado comunista brasileiro. Esperaba que lle falase dos avances sociais que estaba conseguindo Lula, quen aínda non levaba moitos anos no poder. Sen embargo, o deputado dedicou a hora que durou a entrevista a criticar o Presidente, con...

Manuel María, un chairego incómodo no Val de Lemos

Cando un pasa a vista por algunhas das notas biográficas sobre Manuel María recibe a impresión de que o poeta é chairego de nacemento e coruñés de adopción. Un tránsito certo, no principio e no final, pero que esquece o detalle, non menor, de que, en medio,...

Por que seguen votando PP, se non son fachas? 

Haberá eleccións autonómicas pronto e as forzas da oposición, nas súas distintas variantes, prepáranse para enfrontarse ao Partido Popular. A batalla, tan repetida, non deixa de mostrarnos a súa faciana teatral. Poderiamos imaxinar facilmente un ogro enfrontado a un...

BNG-CIG, as razóns dunha convivencia difícil

Hai anos que se escoita entre o sector, chamémoslle pragmático, do nacionalismo, unha fonda queixa polo que considera excesiva influencia da CIG no seo do BNG. En público ou en privado, foron varios os líderes deste grupo que atribuíron, en boa medida, as súas derrotas nas...

A Marea-Podemos, unha crítica nacionalista

1.- Empecemos polo nome. Os sectores máis interesados e informados empregan o nome de Marea, pero a maioría social fala unicamente de Podemos. Algo natural, debido á debilidade conxénita do marco informativo galego. Son, en consecuencia, os medios de comunicación de...

O medo, o BNG e o arcanxo san Gabriel

Pouco se ten escrito sobre o medo como motor da historia. “Non hai peor fascista que un liberal asustado”, díxome un día un dirixente arxentino, falando dos desaparecidos. O medo crea tamén resistencias numantinas, crea heroes, pero, a maior parte das veces, fainos covardes....

O balance de Vence

O abrazo de Ana Pontón e Xavier Vence, na última asemblea do BNG, axuda a modular un pouco o ton do que vén sendo ultimamente o nacionalismo.  Entre a estridencia e o don da inoportunidade que ás veces mostra Aymerich, unha persoa por outra parte intelixente e honesta, e a...

Paco Jorquera e Carles Puyol

En certa medida, Paco Jorquera parécese a Carles Puyol. Aínda que tamén o poderiamos comparar con Sergi Busquets. Paco Jorquera non necesita presentación. De Carles Puyol digamos que era un xogador que destacaba pola entrega ao equipo, pola súa honestidade e pola...

Aprender a vivir coas contradicións

Cando, tras as pasadas eleccións, lle escoitamos dicir a algúns nacionalistas que os resultados do BNG foran debidos á falta de conciencia nacional ou cando vemos que Francisco Rodríguez critica a actitude dos nacionalistas que non tiveron pudor en votar unha forza estatal,...

Descontaminar a memoria do bipartito

Seica, Martiño Noriega, alcalde de Santiago, dixo hai pouco que a Marea aínda non ten preparado o equipo de catrocentas persoas que necesitarán para gobernar (se o PP non é capaz de formar maioría, tras as eleccións autonómicas). Esta afirmación...

A folla de ruta de Beiras

Primeira vista panorámica. O feudo abertzale de Gipuzkoa entrega unha boa parte dos seus votos a Podemos. Un sector da CUP está pensando en chegar a acordos con Ada Colau...

Menos que nada

Menos que nada é o título do ensaio máis ambicioso de Slavoj Zizek

x