Carta a unha valente muller de Boiro

Non me coñeces. Nin eu a ti. E por máis que o intente, non conseguirei nin imaxinar o que debe ser pasar polo que ti vés de pasar, o que sentes, o que sofres, o que pensas. Non podo nin supoñer que se che pasa pola cabeza cando te decatas de que ti poderías ter sido a seguinte. De...

Ese valeroso clan

Sendo eu nena, cando facía a EXB, tiven a sorte de recibir ensinanzas dunha mestra de excepción. Unha mestra que se preocupou de que coñeceramos e reflexionaramos sobre cuestións que non viñan nos libros, ou, se viñan, facíano dun xeito nesgado ou manipulado. Esta...

Medo

Nos días presentes sabemos da desaparición de unha (outra) moza e coñecemos detalles como que se sentía acosada por un home no momento da desaparición. Hoxe, tamén, descubrín na rede social Facebook, a narración que unha moza fai dun episodio no que sentiu...

Non dá vido a primavera

Vaia mera, qué corisco! Non dá vido a primavera!, dixo esoutro día a miña nai mirando pola fiestra e refregando as mans para aquecelas.

8F: por que defendemos a lingua?

Desde a Plataforma Queremos Galego convocamos para o 8 de febreiro vindeiro unha grande mobilización na defensa da nosa lingua. Terá a súa saída ás 12h dese domingo día 8, desde a Alameda de Santiago. 

Lingua, realidade e datos

Días atrás publicáronse os resultados da enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre o uso do galego no 2013, e houbo un balbordo xeral ante o alarmante deses resultados. De verdade precisabamos deses datos para nos dar conta da grave situación pola que atravesa a nosa lingua?

O sinto

Si, seino. Vendo o título deste artigo haberá algunhas persoas que botaron ás mans á cabeza, “mimadriña, pero cómo demo se lle ocorre, e é vicepresidenta da Mesa, que dimita xa!”

Peregrinacións e penitencias para galegofalantes. Que me digan despois que se pode vivir en galego con normalidade

Por mor de cumprimentar certos trámites ineludíbeis, pasamos hai escasos días, eu e algunhas persoas máis, unha mañá de banco en banco, e de aí á oficina dun notario. E, como cada vez que pasa iso, a mañá foi unha pelexa constante para poder cumprimentar eses trámites con toda a normalidade, é dicir, na nosa lingua. Escuso dicir que non chegamos a poder facelo na súa totalidade.

Coerción, represión, autoritarismo

Nos últimos tempos estamos a ver cómo recrúan as accións represivas por parte dos gobernos que nos tocou padecer. Cando unha persoa, dirixente, gobernante, ou como se lle queira chamar, non tén argumentos ou razóns, entón pasa a tomar medidas que intenten silenciar as voces que, esas si, teñen a razón da súa parte.

O lóxico, o tradicional e o futuro da lingua.

Na Mesa pola Normalización Lingüística atopabámonos cunha denuncia dunha alumna da UNED, universidade pública onde se emprega a modalidade de ensino a distancia, abraiada porque nun dos manuais que tivo que estudar de cara ao exame dunha materia da carreira de xornalismo se recomendara a futur@s traballador@s dos medios de comunicación empregaren topónimos deturpados como *Orense, *Arteijo ou *Puenteareas baseándose en que son as formas tradicionais para designar as vilas de Ourense, Arteixo ou Ponteareas cando se unha expresa en español. De feito, as palabras textuais do manual en cuestión eran tal que “en España, muchos periódicos, cadenas de radio, televisión, etc., no radicados en Galicia utilizan la forma A Coruña, cuando lo lógico (a negriña é miña), en estos casos, es emplear el topónimo tradicional español: La Coruña”.

Quédome co futuro

De todas as imaxes que puidemos ver o pasado día 17 de maio, día da nosa lingua, eu quédome coa máis esperanzadora, aquela que nos amosa o futuro.

De entre as escenas, situacións, momentos que puidemos vivir, con chuvia e sen ela, con miles de persoas mobilizándose polo galego, festexando a lingua e esixindo poder empregala con normalidade, hai unha imaxe que queda na miña retina por enriba doutras. Por enriba de actos institucionais hipócritas, por enriba dun Presidente do Goberno cínico louvando (e ao mesmo tempo luxando a súa memoria) a nosa lingua e a quen loitou para que tivera un estatus que inda non ten. Máis alá do Presidente dunha outra institución que non se fai digno de tal e que nos fai supoñer un tempo con novas frontes. Por riba de malos e bos intres, de patrimonializacións e intentos de patrimonialización, e por riba da falta de patrimonialización. 

Perseguidos por defender a lei e estranxeiras na propia patria.

Nesta sexta feira día 10 de maio, ás 10h, estaremos unha vez máis diante do edificio da Audiencia Provincial da Coruña, onde se levará a cabo este segundo xuízo, apoiando a Carlos e a súa (nosa) defensa do galego, mais tamén esixindo o mesmo ca el: que se cumpran as escasas leis que amparan a nosa lingua e a quen a falamos, que poidamos relacionármonos coa xustiza en galego, que non teñamos que nos sentir estranxeiras na propia patria.

Piares que nos manteñen en pé

A Asociación de Medios Publicitarios de España ven de conceder un premio, un AMPE de Prata, á campaña da Xunta “Sen mulleres non hai Galicia”, campaña que o goberno galego puxo en marcha co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. E cando me chegou a...

Inda que sexan vento!

  Poucos días despois do que foi dedicado á Poesía recibín, no meu taboleiro dunha coñecida rede social, un agasallo lírico que me sorprendeu e que me agradou, mais sobre todo, que me emocionou.

A xeración muda

Houbo, ao meu modo de ver, dous factores fundamentais que influíron no xeito en que se transmitían a nosa cultura e a nosa lingua. Son factores non exclusivamente galegos, de mediados do século XX, e se nos paramos a pensalo teñen moito a ver cos inicios da “globalización”.

Galego na sanidade: mala saúde e peor prognóstico

Desde A Mesa pola Normalización Lingüística vimos de denunciar un outro caso de discriminación por lingua, neste caso no acceso ao servizo sanitario, servizo público, inda que empurrado perigosamente polo goberno do PP a unha privatización que pode traer terribles consecuencias.

Círculos e cadeas

“… que se expresa bastante ben en castelán tendo en conta o pouco tempo que leva en territorio galego…”  Esta frase foi pronunciada e emitida publicamente hai escasos días por un locutor da TVG en referencia a un xogador do Clube Deportivo Ourense de fútbol que coido que é de Marrocos. Un outro prexuízo espallado desde a nosa televisión pública.

O catedrático e a lingua limitante.

Sucedeu hai poucos días. O profesor esforzábase en demostrar os seus abondosos coñecementos diante de aproximadamente 35 persoas. A materia non é que fose amena, mais en certos aspectos si resultaba interesante. No medio da disertación, o catedrático quixo opinar sobre unha cuestión que non tiña demasiado a ver co que alí se falaba, pero el decidiu deixar constancia da súa visión.

24h, 365 días, normalidade

En Ávila, ás 5h da mañá, érguese, despois de parar o espertador, un home chamado Pedro. Aséase, vístese, almorza e marcha ao traballo nunha factoría industrial. Regresa á casa ás 15h, despois de ter pasado polo supermercado, para mercar pan e algúns produtos básicos. Despois de xantar vendo as noticias na televisión, séntase un anaco para ler o xornal.

Reiniciando

Ás veces suceden acontecementos que obrigan a unha a recomezar de novo (e non é redundancia, trátase de recomezar despois de xa ter recomezado antes). E cando digo recomezar, falo de algo así como “reiniciar” na acepción tecnolóxica do termo, e nunca mellor dito, porque de tecnoloxía vai a cousa.

Outro idioma

Había na miña aldea, cando eu era nena, unha señora que por nome tiña Balbanera.

A imparcialidade que se supón

Vivimos nun mundo onde aos homes se lles supón o valor, ás mulleres se nos supón a capacidade de coidar, e aos xuíces e xuízas se lles supón a imparcialidade. En calquera dos casos, igual é demasiado supoñer.

Xustiza para o galego, xustiza poética

As reaccións á sentenza que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de emitir, anulando unha parte central do Decreto chamado “do plurilingüismo”, non se fixeron agardar, nin por unha banda, nin pola outra.

Poñeren cancelas ao galego, poñermos o galego nas Cancelas

Hai un dito que reza algo así como que non se lle poden poñer cancelas ao campo, mais parece que hai quen llas quere poñer mesmo á nosa lingua.Ven de abrir en Santiago de Compostela un novo centro comercial e faino desprezando a lingua propia do territorio onde está instalado.

A síndrome de Estocolmo galega

A síndrome de Estocolmo debe o seu nome a un episodio acaecido na capital sueca durante o atraco a un banco con captura de reféns. Parece ser que catro persoas, retidas durante 6 días polos dous secuestradores, amosáronse remisas a declarar contra eles e mesmo se viu a unha desas persoas bicar a un dos seus captores.

El futuro es la leche!

Deste xeito, coa frase coa que encabezo este artigo, responde unha suposta muller chegada de tempos vindeiros a unha outra do presente cando lle pregunta, nun anuncio televisivo dunha marca galega de leite que se está a emitir actualmente pola TVG, como é o futuro. Responde así, en perfecto castelán, a unha pregunta formulada en galego.

Escordar un pé, inventar unha lingua, votar en galego

Lembro unha ocasión, cando vivía en Valdeorras, en que unha compañeira de traballo se queixaba porque o seu fillo non superara a materia de lingua galega na escola, e o que esta compañeira poñía como xustificación dese feito era que o neno dificilmente podía ser quen de aprobar esa materia cando a maior parte das palabras do galego son, ao ver dela, inventadas.
x