Opinións de
Xavier Campos
   

Todo son sinais

Vénme á cabeza unha magnífica viñeta  do autor de banda deseñada  Juanjo Sáez co grupo Los Planetas como protagonista. Nela aparecen os membros da banda granadina no medio do cosmos, en actitude contemplativa. Intentando comprender algo…todo son...

Cinco incitacións

1.-NON TODO VALE . Díganme a verdade. Imaxinan vostedes a Ana Pontón , na actual crise dos incendios, collendo unha mangueira e indo ao monte facer que apaga un lume, para sacar unha foto e mandala aos medios de comunicación? Imaxinan vostedes ao BNG ordenando aos seus alcaldes retrasar...

Mimosas, novos tempos e antigos valores 

Novos tempos, antigos valores reza o lema dun dos máis fieis grupos de seareiros do Deportivo da Coruña, os Old Faces . Se pasan polo Paseo de Ronda da Coruña poderán velos no seu local. Os de sempre seguen aquí , explican. Con gañas de verse unha vez máis en...

Gañar un novo país

Falo co amigo Manuel López Foxo do debate do financiamento e enuncio a queixa: que tristeza a posición do PSdG, de Leiceaga , de Santiago Lago , alimentando o discurso da dependencia, do país subvencionado, da sorte que temos de estar como estamos. A Universidade galega crea colonizados,...

É tempo de Irmandades!

A ver se me explico.  O primeiro é poñer Blood de Algiers no youtube. Gospel negro de Rinle, de Porto de Son, de Entrimo con fonética medieval. Que é como dicir Mamasunción , Querémolo todo !, o soño necesario de Nós, con Navia, Mini e Nao....

Lasciate ogni speranza

Se cadra inspirado nas verbas coas que, na Divina Comedia de Dante, eran recibidos nas portas do inferno os que alí chegaban, o presidente do Consello da UE decidiu a semana pasada que xa era tempo de falar claro e se deixar de eufemismos. Os destinatarios da súa mensaxe, os milleiros de persoas que...

Decidamos

Se comprendermos Galiza como suxeito, como marco de referencia

Semente nas mans

A valoración dos resultados do 25M é estes días o asunto central dos medios, das redes sociais e das conversas informais e, como é lóxico, todas aquelas que nos chegan afectan ás nosas propias e ao estado de ánimo da nosa xente e do noso corpo social. 

O voto que lles doe

O sábado pasado, xantando co David Fernández das CUP en Usurbil antes do acto con EH Bildu, reparei na camisola que vestía. Viure vol dir prendre partit. O lema estaba extraído dun dos textos máis coñecidos do comunista italiano Antonio Grasmci, "Odio aos indiferentes".

No bo camiño

Van alá dez meses desde que no Bloque puxemos o ramo ao proceso de contraste #proponconnosco coa celebración da nosa XIV Asemblea Nacional. Foi, a asemblea de marzo, un punto de inflexión para a nosa traxectoria. O vivo debate de ideas, a análise fonda e sincera sobre as eivas que arrastrabamos nas formas de relación e de traballo nos campos social e institucional, a aposta pola soberanía como saída xusta á crise sistémica que caracteriza o tempo presente e a importante renovación  dos organismos e das responsabilidades internas protagonizaron aquel 17 de marzo do que saíu un BNG decidido a abrir unha nova nova etapa. 

15 de setembro, por unha Galiza soberana

Nun exercicio realmente contundente de protagonismo e autoconstitución popular, as e os cataláns celebraron o pasado mércores unha Diada

Acto de memoria e de xustiza

É de xustiza recoñecer, agradecer e honrar publicamente a quen defendeu coa vida a liberdade, a democracia e os dereitos colectivos. Iso xustamente, un recoñecemento público, foi o que o BNG organizou en Ribadeo o domingo 18 de agosto, cun sinxelo mais moi emotivo acto no que participaron unhas trescentas persoas.

Democracia e soberanía para Galiza

As análises duns e doutros sobre a crise actual de réxime son cada día máis coincidentes. Tamén sobre a pertinencia de, nesta nova transición en marcha, impulsar de forma conxunta, desde a suma de forzas sociais e políticas, a apertura dun novo proceso...

Onde temos que estar

  Sábado 23 de marzo, pola mañá, unha semana despois da Asemblea Nacional. As e os compañeiros do Bloque da miña comarca estamos en Burela, defendendo o Hospital da Costa xunto co resto de persoas –unhas 3.000-  que apoiaron a convocatoria da Plataforma pola Defensa da Sanidade da Mariña.

Un tempo novo no BNG

A política sistémica, a monarquía, a xustiza, o sector financeiro e empresarial, o modelo administrativo e territorial, ... todo o conxunto de elementos centrais do actual réxime están hoxe en cuestión a ollos da grande maioría, coa corrupción transversal que os afecta como corolario do proceso de decrepitude que a cidadanía percibe cada vez con maior claridade.

Ser do BNG

Cando con 15 anos entrei no BNG non llo dixen a meus pais. Eles osmaban que o fillo andaba metido en cousas, pero non tiñan moi claro de que tipo. Ás poucas semanas fun a Santiago á Asemblea Nacional de Galiza Nova, convidado polos compañeiros de Foz.
x