Opinións de
Xosé M. Marcote
   

Nin público nin privado. Comunal ou cooperativo

Unha vez máis, o xogo das responsabilidades xogou ao partido de pasarse a pelota entre o público e o privado. Arderon os montes do noso país e os focos puxéronse na nefasta política forestal da Xunta de Galiza e na suposta falta de coidado das propiedades forestais. Poderiamos...

Unha de cambios xeracionais

Todo ten o seu ciclo e si rexeitamos este principio non obteremos máis que frustración. Ben o entenderon en Izquierda Unida no Estado cando algúns abandonaron o paraugas da súa organización para constituír unha alternativa diferente debido a que non vían...

As invisíbeis consecuencias do non goberno

Cun Goberno Estatal en funcións estivo en primeiro plano a prórroga da concesión a ENCE en Pontevedra, mais existen outras invisíbeis consecuencias que non acaparan titulares, que non teñen cabida nos discursos que están tan de moda. Por iso gustaríame visibilizar un...

Bufandas, tolerancia e violencia

Poderíamos pensar que unha bufanda non ten importancia, que son cousas de crianzas, que non hai que perder moito tempo con iso, porque ao fin e ao cabo existe un importante sector das gradas que transcenden do mero espectáculo e fan causa política do deporte. Pensaríamos erradamente,...

Titulares que levan a engano

Chegóume polas redes socias, como hoxe chegan a maioría destas cousas, un artigo dun xornal dixital español  no que se mencionaba que un fondo voitre subira o auga quente e a calefacción máis dun douscentos por cen a uns inquilinos de vivendas protexidas que a Comunidade de Madrid vendéralles.

O orgullo de ser concelleiro, e do BNG

Nuns tempos en que está devaluado o concepto de “político” eu reivindico o orgullo de ser un representante do meu pobo nos órganos institucionais e, tamén, da formación política á que pertenzo.

A impotencia ante a inxustiza

Hai moita xente que está xa insensibilizada, dalle igual o que lle pase ao próximo namentres non lle afecte a el ou ao seu entorno. Mais eu non podo, rabeo coa inxustiza, sobre todo cando pode evitarse cun simple xesto, con vontade. E ainda me poño peor si ante esa situación saen algúns a criticar a quen a sufre.

A voltas coa reunificación do nacionalismo

Lía hai uns días no Sermos un artigo de opinión do compañeiro Antón Tenreiro, que reflexionaba arredor da idea dunha “Asamblea Nacional Galega”. 

Mareas baixas

Levo demasiado tempo dándolle voltas a unha análise do que se deron en chamar eufemísticamente movementos cidadás, como si calqueira outra organización política non o poidera ser. E si non fun quen de concretalo foi porque cada día xurden novas variables que mudan a miña percepción do fenómeno, quizáis porque estamos nun convulso momento político e, ademáis, preelectoral.

En bloque, podemos

Levo militando no BNG cáseque vinte anos e ainda non cheguei aos corenta. Cando decidín dar o paso foi por un fenómeno similar ao que agora está a suceder con Podemos: líder ilusionante nunha formación contestataria que combate aos partidos clásicos asentados nas institucións e que non gobernan para a maioría. 

"De lo de ir con Bildu... ya hablaremos!

Isto foi o que me dixo un compañeiro e amigo cando se enterou do acordo que adoptou o Consello Nacional do BNG e que terá que ratificar a militancia en asembleas comarcais. Era de agardar a incomprensión dalgúns e o ataque desmedido doutros, mais o principal é si a decisión é coherente cos intereses e ideoloxía do Bloque Nacionalista Galego. Toca de novo un traballo argumentación ante o que queira escoitar e teña capacidade de análise propia.

O debate liberal

En todo discurso que se precie dentro do ámbito da esquerda rupturista no pode faltar o ataque ás chamadas políticas neoliberais. Mais aqueles que se autodenominan como liberais insisten sistemáticamente en sinalar que nin a Unión Europea, nin Alemaña, nin tan siquera os Estados Unidos de América practican realmente políticas liberais. E non lles falta razón certamente. Eis a clave de que se empregue a definición de neoliberais, ainda que poderíamos empregar unha máis acaida, que é a de pseudoliberais. Non vou entrar en disquisicións e análises técnicas dos diferentes termos acuñados ao longo da Historia, xa que non són a persoa acaida nin é ése o obxectivo das miñas reflexións.

Nada é política

Sexa a conversa que sexa adoito por acabar falando de política É algo que levo nas venas, o necesito como o aire que respiro. Diríase que nacín para debatir, negociar, chegar a acordos e, sobre todo, soñar con que as cousas poden mudar para ben. 

Vigo 2024

Pasada a histeria colectiva na Meseta tras o novo fracaso da candidatura de Madrid como cidade olímpica, coido que vai sendo hora de exercer o orgullo colectivo galego e postular a cidade de Vigo como candidata. Temos todas as pezas fundamentais para poder optar a elo.

Atallos

Vivimos nun momento en que todo está en cuestión, esencialmente porque eleximos un xeito de vivir e convivir que fracasou estrepitosamente. Estamos ante a caida do que se da en chamar capitalismo pero como eu non sei nin o que é prefiro denominalo a era do individualismo. Trátase dunha sorte de liberalismo salvaxe que bebe, e abro paraugas, da anarquía. "Déixame, que eu ben sei o que podo o non podo facer".

Listas abertas a debate (2)

Nada máis lonxe da miña atención co artigo anterior que desacreditar o sistema de listas abertas. Simboliza un paso adiante cara unha democracia participativa e, sobor de todo, integrada na sociedade. Porque aquí é onde fallan os sistemas, nas persoas que non participan na sociedade á que pertencen. De qué nos sirve unha democracia participativa si a sociedade está adormecida, é consentidora e só se moviliza por intereses egoistas?

Listas abertas a debate (1)

Co gallo da primeira Asemblea Nacional de Anova volveu á palestra o debate sobre a conveniencia ou non das listas abertas nun proceso electoral. Non é un debate novo, xurde cada vez que unha forza política se aproxima a unha Convención, Asemblea ou Congreso. PSOE, BNG e agora Anova teñen prantexado nalgunha ocasión esta posibilidade, mais non ten sido até este último caso no que finalmente se aprobou o seu uso, coido que precipitadamente e relatarei porqué.

Vivenda protexida D.E.P.

Vén de aprobarse o novo Plan Estatal de Vivenda 2013-2016, logo de ter rematada a vixencia do seu predecesor, o 2009-2012, que como a maioría de iniciativas do Goberno ZP estaba máis cargado de boas intencións que de solucións prácticas.

Certifícase en Madrid a defunción da vivenda protexida como se ten entendido até o de agora, o que leva á desaparición práctica da fórmula de acceso máis democrática e xusta que nos podamos imaxinar, as cooperativas.

Os 104 do BNG

Celebróuse o primeiro Consello Nacional logo da profunda renovación practicada na XIV Asemblea Nacional e cun Portavoz Nacional de perfil moi alto e moi dialogante que, ademáis, non é nin será un profesional da política por ostentar ese cargo. Media de idade nos corenta e...

Nacionalismo e municipalismo

  Recollo o reto prantexado nun comentario dun artigo anterior sobre os feitos que rodean ao nacionalismo nos concellos logo do cambio de panorama político galego. E como agora sí que toca, podo decir sin temor á reprobación por elo que aquél que abandona a formación política pola que foi elexido e conserva o seu cargo denomínase tránsfuga.

Crise do sistema ou da sociedade?

Atopámonos nun momento crítico na nosa sociedade. Todo está en cuestión mais nada semella mudar. As antiguas fórmulas demostráronse inválidas pero as reforzamos ante cada decisión tomada para atallar a crise. Logo, qué é o que nos está a pasar? Non pretendo dar coa solucións, mais si instar a que reflexionemos en conxunto co fin de que a vontade colectiva atope o camiño correcto.

A revitalización do BNG 3. Comunicación.

Saldo a conta pendente entorno ao proceso de revitalización iniciado polo BNG coas cuestións que considero de trascendental importancia, a comunicación entre organización e cidadanía. Algo que se define con acerto no texto oficial como a tentativa de vencer os muros da incomunicación. 

A revitalización do BNG – Movementos sociais e organización

Prometía no artigo anterior analizar a temática sobre a revitalización do BNG en dous artigos, mais finalmente as estratexias de traslación do noso traballo e ideas á sociedade ficarán reflexadas nun terceiro e último artigo, a cuestión penso que o merece.

A revitalización do BNG - Resultados, política e alternativas

O proceso de consulta coas bases sociais que vén de iniciar o BNG é algo que deberían practicar asíduamente as formacións políticas, unha demanda activamente reclamada pola sociedade na actualidade. Fomos quen de ter a valentía e a humildade de abrirnos sin censuras a través dun documento que é tremendamente sinceiro.

O 15-M deixa pegada

Moito se ten falado do impacto do 15-M no panorama político galego, sobor de todo na falta de adecuación ao fenómeno por parte de PSOE e BNG. Na confluencia de 15-M co BNG é cara onde dirixirei a miña mirada, por ter vivido en primeira persoa ambas experiencias. Cando o fenómeno do 15-M estoupou foi toda unha sorpresa, mesmo para os organizadores da manifestación.

A crise xerouna a burbulla inmobiliaria

O título é evidente, non si? E logo porqué lle seguimos a dar voltas ao asunto? Onte suicidóuse Amaia Egaña en Barakaldo porque con cincoenta e tres anos ían desaloxala da SÚA casa por falta de pago. E recalco SÚA porque hai quen pensa que as entidades de creto poden facer o que lles pete.Efectivamente, existe unha Lei Hipotecaria que hai que cumprir, mais non é a única.

De esquizofrenias, xenocidios e autocríticas

Si algo ten sido cíclico no BNG é a demanda de autocrítica e participación das bases. Mais nestas últimas datas semella que se viu transformando en reclamación de flaxelación pública. Semella que unha formación organizada nunha Asemblea Nacional na que participaron todos e todas o/as militantes que o desexaron non é todo o democrático que debera ser, así como a adopción de acordos por maioría.
x