Opinións de
Xabier P. Igrexas
   

Catalunya: desobediencia ou repregamento

Catalunya vive sumida nun impasse. Nunha paréntese. Nun estado de suspensión. Como suspendida fica a declaración de independencia do 10 de outubro do ano pasado, e suspendido está o estreito marco do autogoberno autonómico. O soberanismo foi quen non só de aglutinar unha indiscutíbel maioría social a prol da causa...

Que pensións defendemos?

Nas últimas semanas están a cobrar atención pública diferentes convocatorias de mobilizacións enmarcadas na loita social, e sindical, en defensa do sistema público de pensións. Non é unha loita nova, e en Galiza existe un traballo continuado de denuncia do...

Elas como suxeito

Este 8 de marzo non será un máis. A convocatoria de folga de mulleres, impulsada en Galiza pola CIG , tenciona combater a banalización e ritualización do Día Internacional da Muller Traballadora. E farao enfatizando a matriz obreira desa data e afirmando a reivindicación...

Catalunya: a bicefalia por saída?

O cenario catalán é complexo até a fartura. Nun contexto marcado pola suspensión –da autonomía, vía 155; da declaración de independencia e agora tamén do pleno de investidura após as eleccións do 21D–, cada movemento no taboleiro...

Vontade de sermos (diario)

Vai camiño de seis anos que a forza da vontade colectiva conxurouse até lograrmos o retorno da lingua galega aos quiosques. O nacemento de Sermos Galiza en maio de 2012 foi, sobre todo, un acto de autoestima. Un exercicio práctico das enormes potencialidades que ten o noso País. Daquela,...

21-D: E se os “equidistantes” desempatan? 

É difícil vaticinar que pasará na xornada electoral de hoxe en Catalunya. Case imposíbel. A demoscopia, que tanto ten errado nos últimos tempos, apunta a un resultado enormente apretado sob unha participación que se albisca record.  A estimación do...

Ence, ou a soberanía como cousa de comer

Unha das facetas máis perversas do argumentario que xustifica a subordinación do proxecto de transformación de Galiza, para o facer confluír dentro da nova transición española e a súa reforma disfrazada de ruptura, é que o que cómpre atender agora son as cuestións sociais, as cousas de comer. Esa tese reduce, por pasiva, o reclamo de soberanía nacional (e popular) para Galiza a unha afirmación meramente ideolóxica, de principios.

Nin abandono, nin resignación: desterrarmos o derrotismo.

No debate que se vén de iniciar no BNG, após os maos resultados do 20D e de cara á  Asemblea Nacional ordinaria do 28F, abundan os símiles náuticos. Debe ser reflexo dunha pulsión subconsciente onde o mar é un factor esencial para comprendermos o país. No entanto, permite tamén entroncar, con retranca, coa retórica da nova política e os seus novos enunciados e marcas. 

Si, é o discurso

Non é novo o desprezo cara ao discurso na análise política, nomeadamente á hora de debullar determinados comportamentos electorais. Ao fío dos resultados do pasado 20D, lense e escóitanse algunhas valoracións que teiman en insistir nesa chave, como unha manifestación máis do paternalismo co que se adoita infantilizar –consciente ou inconscientemente-- o electorado.

CUP e a incógnita Mas

No titular da páxina de internacional que esta semana asino no semanario Sermos Galiza afirmo que o futuro de Catalunya está nas mans da CUP. Non é unha exaxeración.

Referendo trampa para o proletariado grego

A lea entre o goberno grego e máis a Troika, que o propio Tsipras dera por desaparecida nada máis asumir a presidencia, non só ten unha lectura territorial. É evidente que o tratamento que se lle ten dispensado desde as institucións europeas aos PIGS ten moito de agudización das relacións centro-periferia, malia se desenvolveren dentro dun dos blocos centrais do capitalismo mundial.

Think tanks novos para vellas ideas equivocadas

Galiza non vai sobrada de espazos para o debate, para a análise ou para a reflexión colectivas. Certamente. Con todo, eu non penso alentar o retorno a vías mortas que xa transitamos a nivel discursivo, porque sería teimar no erro, abxurar da rectificación política que tanto custou (e inda custa) e sumar inda máis confusión e incerteza.

Cando espertou, o conflito lingüístico inda estaba alí

Recoñezo que en ocasións gostei inmenso do tono incisivo e provocativo co que Rodri Suárez asina os seus textos. Como é sabido non gosto do gris, nin dos tonos medios. Porén, inda percibindo certo ánimo de deliberada impertinencia (no sentido político) do autor, discrepo case que totalmente da súa última columna publicada en Sermos Galiza. Non vou entrar en sinalar a contradicción inicial de soster tal alegato precisamente na "páxina" dun medio que supuxo o regreso do galego aos quiosques. Algo para nada menor nun cenario de total esmorecemento mediático do noso idioma, como el ben sabe

Soberanía para o povo traballador galego

Este 25 de xullo enmárcase nun contexto definido pola combinación entre a crise sistémica do capitalismo e os brutais efectos das políticas de recortes impostas ao abeiro desta, o incipiente colapso do réxime político español instaurado tras a chamada Transición, e o cuestionamento do seu modelo territorial cun avanzo substancial das posicións soberanistas en Euskal Herria e, singularmente, en Catalunya.

Por que a ‘reforma da UE’ é unha quimera que confunde ao pobo?

Resulta moi complexo comprender aquelas posturas que concilian unha razoábel e fundamentada denuncia da brutal ofensiva antisocial emprendida polo Capital --no marco da vixente crise-- e comandada pola Troika, e ao tempo manteñen a súa aposta pola refundación da UE, isto é pola súa reforma. Agrava esa contradición que tal inxenuidade se defenda mesmo por quen si ten asumido, en troca, que a vía autonómica no Estado español é un beco sen saída para as nacións que aspiramos a nos gobernar por nós propias, que o seu deseño centralizador e imperialista non admite reforma, e con acerto propugna a necesidade de conquistarmos a plena soberanía nacional, en chave de ruptura. Ou acaso existe unha mellor correlación de forzas na UE que no Estado para esa reforma imposíbel?

Oxalá fose tan sinxelo PODE(r)MOS

Non é sorpresa que os grandes media patrocinen intermitentemente fórmulas prodixiosas, mais de brillantez efémera e de escasos resultados. Vímolo co 15M, o único proceso de protesta que gozou de cobertura vía satélite, directos en prime time e milleiros de horas de radio e tv e innumerábeis páxinas de xornal. Un espazo e atención do que estaban, e seguen a estar, privados outras accións e movementos populares, máis próximos e cotiás, mesmo en casos de extrema dureza e heroicidade por parte de quen os protagoniza. De certo para a meirande parte da poboación, e fico convencido de que lamentabelmente tamén para unha boa parte de quen lea estas liñas, conflitos como a folga de Albada, con máis de cen días de paro, ou a longa loita das traballadoras de Alfageme apenas lle soen remotamente. Menos inda a historia dos dous traballadores que fican ameazados en Vigo co seu ingreso inminente en prisión, con tres anos de condena, polo mero feito de teren participado nun piquete informativo nunha folga no sector do transporte. Tres anos de prisión por un piquete. Porén, non haberá para ambos os dous nin titulares a 4 columnas, nin apertura de noticieiros. Tampouco unha etiqueta trending topic. Só invisibilidade e silencio.

Nós ao noso. Un non-apunte sobre Anova/AGE.

Non quería escribir sobre Anova, nin sobre AGE. De vez. Non por zúnia, nin por desprezo. Apenas por  evitar a procastinación política que consiste en nos entreter, ás veces con pasmo e outras con certas doses de humor, nas leas doutros, no canto de concentrarmos todos os nosos esforzos en alargar os cimentos sociais do proxecto transformador no que acreditamos. Non quería escribir, nin o vou facer nestas liñas, a respecto das evidentes contradicións entre quen reclamou como propias as actas municipais escolleitas como BNG e logo cualifica como deslealdade a quen reproduce ese mesmo esquema cun asento no Pazo do Hórreo. Ou aqueloutra que, por forza dos feitos, vai camiño de reducir no mellor dos casos a desiderato e no peor a impostura, as clamorosas e entusiastas defensas da boa avinza republicana, do horizontalismo asembleario face o cruel aparatismo do que acusaron, inxustamente, a outros. Os feitos falan por si propios. Clamorosos tamén. 

Un novo golpe contra o pobo hondureño

A pesar de que liderou as enquisas previas ás eleccións celebradas onte, Xiomara Castro pode que non chegue a converterse na primeira Presidenta de Honduras. O Partido Liberdade e Refundación (LIBRE) que impulsou Castro logo do golpe institucional que desprazou da Presidencia o seu marido, Mel Zelaya, cuestiona os resultados publicados polo momento desde o Tribunal Supremo Electoral, que outorgan a vitoria ao Partido Liberal.

O fascismo fixo mártir a Galiza

Lía esta noite nunha coñecida rede social un debate arredor da presunta necesidade de mudar a denominación do 17 de agosto como “Día da Galiza Mártir”. O principal argumento para tal emenda era que o martirio --loxicamente-- producía arrepíos e que podía interpretarse en chave de reivindicación do mesmo. Houbo quen engadiu a falsa xustificación da permanente necesidade de o renovar todo, insistindo na equivocación de mudar significados cambiando os significantes, para os facer máis asumíbeis. Máis dixeríbeis. A vella renuncia de sempre, apenas vernizada de modernidade transgresora. 

Presidente Barjoy

Mariano Rajoy finalmente puxo pé en sede parlamentar. Compareceu obrigado. Non só premido pola oposición, senón empurrado por sectores importantes da clase dominante europea, preocupada na medida en que Rajoy hoxe, como Zapatero antes, é o instrumento de Troika no Estado para impor as políticas de recortes. 

Causa contra o pobo galego que resiste

Onte encetaba na Audiencia Nacional o “xuízo” a Eduardo Vigo, Teto Fialhega , Antóm Santos e María Osório. Os presos e máis a presa independentistas que, encausados baixo a lei antiterrorista, enfrontan peticións de cadea que suman 64 anos. O presunto delito é faceren parte dun suposto grupo armado denominado “Resistencia Galega”. Detidos en 2011, fican presos (agás María Osório en liberdade provisoria) dispersos fóra do país, baixo un réxime penitenciario de excepción, que colida con dereitos fundamentais e pon en cuestión as mínimas garantías procesuais e que volveu ser rexeitado hai apenas uns días polo BNG e a CIG, entre outros. O desenvolvemento da propia vista (vídeos aquí) serviu para acrecentar as razóns dese rexeitamento.

Derrubar o tabú da nacionalización de empresas

O esmorecemento industrial en Galiza pon acima da mesa a necesidade dunha mudanza radical na política económica. Mudanza cunha dobre intención, trenzada entre si. Dunha banda avantarmos cara a unha economía autocentrada, isto é focada ao desenvolvemento das nosas propias capacidades en base ás  necesidades do noso país. Doutra pular por unha economía de noso en termos sociais, unha economía ao servizo do pobo traballador -e no posíbel baixo a súa dirección- para resolver precisamente as necesidades da maioría social, das clases populares. 

Combater a Troika, derrubar o capitalismo

Este sábado estamos chamadas e chamados a participar nunha convocatoria internacional impulsada por diversos movementos do Estado español, Portugal, Francia, Italia, Grecia, Chipre, Irlanda, Inglaterra, Escocia, Alemaña e Eslovenia, baixo o lema “Pobos unidos contra a Troika”. Cómpre en primeiro lugar salientar e valorizar que a mesma visibilice de maneira tan expresa a diversidade de pobos e nacións que facemos parte de Europa e do mundo.

Talante, diferenzas e unidade do nacionalismo

Ao fío da rolda de contactos emprendida polo BNG coas diferentes organizacións do nacionalismo e o independentismo, tense avivado unha certa fumarada interesada a respecto da pretendida recuperación da unidade do nacionalismo. Aos encontros formais e orgánicos, engadíuselle sorpresivamente tamén algún outro informal e de iniciativa persoal.  A súa combinación baixo o prisma antinacionalista dos mass media, teima en deformar os feitos, as intencións e mesmo as propostas, para alén das intoxicacións ao respecto destas disfrazadas de presuntas filtracións de parte, que non se poden -loxicamente- corroborar.

Achegarmos o galego a quen (inda) non o usa

A pesar de ser Galiza o territorio do Estado, de Europa e até onde se sabe do mundo, no que maiores e máis masivos procesos mobilizadores se teñen rexistrado recentemente en defensa dunha lingua propia -como lembraba esta sexta feira Carlos Callón-, o certo é que o galego continúa a perder falantes, e a prognose é inda máis preocupante tomando nota do seu nivel de uso e tendencia entre a xente nova, nomeadamente nos ámbitos urbanos. 

Iniciativa pola soberanía: o pobo rumo á emancipación

A composición das máis de 130 persoas que apoiaron o xurdimento desta plataforma --na que salienta unha presenza obreira descoñecida noutro tipo de colectivos-- amosa que o reclamo soberanista ten unha base diversa, que ultratraspasa estruturas partidarias e organizativas.

Guerra total no Partido Popular

A revelación xornalística, publicada polo mensual Novas da Galiza , de que os responsábeis da filtración das fotografías de Núñez Feijóo co narco Marcial Dorado están no propio Partido Popular de Galiza , confirma unha das principais teses a...

Portazo á ILP: Botemos a porta abaixo!

Nin dación en pagamento, nin paralización dos desafiuzamentos, nin alugueiro social. O Partido Popular vén literalmente de tombar a Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola Plataforma de Afectadas/os polas Hipotecas (PAH) , que lograra o apoio de máis de 1,5 millóns de...
x