Opinións de
Xosé Mexuto
   

Un insulto á intelixencia

Lembro ben a patética fotografía de Romay Beccaría , conselleiro de Meio Rural con Fraga, a mostrar un estraño artefacto incendiario, unha instantánea que, por asociación iconográfica, evoca a de Colin Powell a axitar aquel frasquiño...

O golpe continúa

A situación - a entrada en prisión de Junqueras e 7 consellers-  é gravísima. O Estado continúa a utilizar todos os seus resortes represivos contra Catalunya. O que estamos a viver é mesmo pior que un Estado de Excepción encuberto porque non só se...

Independencia frente autocracia

Máis que a independencia -valentemente proclamada polo Parlament esta sexta feira 27 de outubro-  o importante é o procés ou, se o preferides, a independencia é o procés , visto este como unha dinámica obxectiva, auto-organizada, do pobo catalán. A...

Golpe contra Catalunya

Destituír o Govern desde Madrid. Liquidar o Parlament de Catalunya desde Madrid. Controlar a TV3 desde Madrid. Esa é a resposta española (PP+PSOE+Cs, 68 por cento do voto nas eleccións xerais de xuño de 2016) fronte ao procés , unha dinámica social...

Prietas las filas

O artigo 155 é tan excepcional que nen sequer está regulado. Abre por tanto a billa á absoluta arbitrariedade. Na súa concepción era un dos elementos básicos do atado e ben atado:  en teoría pode pórse en marcha coa oposición do Congreso (que non...

Incendios: as responsabilidades da Xunta

As responsabilidades sobre os incendios forestais atinxen directamente a Xunta da Galiza. Non, amigas e amigos dos meios próximos a Monte Pío, aquí non ten nada a ver nen o maléfico Puigdemont nen o malvado Junqueras nen o pérfido Trapero.   Esta é...

A declaración de independencia posíbel

Ás veces, cando defrontas monstros internos e externos, a mellor declaración de independencia é aquela que non se explicita ou que só se insinúa, mais que si ten efeitos plenamente reais. Este 10-O, xa histórico, Carles Puigdemont ofereceu unha lición de alta...

'La Falange' está ao mando

Hai que agradecerlle a Pablo Casado , vicesecretario de Comunicación do PP, a súa prístina claridade. É mellor que os eufemismos fiquen no faiado e que a xente diga o que realmente pensa. O que pensa este destacado dirixente do partido que goberna o Estado, o partido que ten 47 por...

Gaña Catalunya: un estado represor é un estado perdedor

Triunfou a liña dura nas cloacas do Estado e a resultante foi un monstro que mallou en centos de cidadás e cidadáns do Principat. Catalunya puxo as urnas e os votos -aínda están a se recontar, as condicións en que se realizou o referendo foron as que foron- e o Estado...

España, en plan Turquía

Todo Estado ten unha natureza, unha historia e unha inercia. O Estado español é xeneticamente unha estrutura imperial. Esa é a súa condición e así o ten manifestado ao longo dos séculos. A súa incapacidade para ecuacionar en termos democráticos os...

Goodbye 1978

The End. Finito. Non dá máis de si. En realidade, 1978, o seu réxime, morreu o día en que o Tribunal Contitucional triturou un Estatut (de Autonomía!!, só de Autonomía!!) votado previamente polo pobo catalán. Nese momento saltou polos ares un entramado...

Sen mobilización nen hai nación nen hai nada

A política real, a vella, a nova, faise con maiorías sociais na rúa a apoiaren determinados proxectos. Mesmo a protagonizalos. Na historia non se coñece nengún proceso de transformación -nen mesmo de reforma real- que non sexa directamente impulsado polas masas -e...

O ranking das nacións de Pablo Iglesias

Non estivo mal a primeira sesión da moción de censura. Deixou cousas, se facemos abstracción de detalles como a excesiva duración dos discursos (quen os pode acompañar realmente? Que percentaxe da populación pode atendelos?) ou a previsibilidade das posicións duns e...

A vitoriosa derrota de Jeremy Corbyn

En política hai derrotas que son vitorias e vitorias que son derrotas. Theresa May convocou eleccións antecipadas para machucar o Partido Laborista e negociar con mans libres o dossier do Brexit. O listón púxoo no mantimento da maioría absoluta. May foi ás urnas seducida...

A militancia do PSOE evita o suicidio

Se Mariano Rajoy e Pablo Iglesias desexaban o triunfo de Susana Díaz nas primarias do PSOE, o instinto de supervivencia da militancia socialista non podía producir máis que un resultado, o retorno de Pedro Sánchez á secretaría xeral do PSOE. Québrase así un...

Máis que en 2016

Hoxe hai menos presenza do galego na sociedade e máis paixón militante e activista pola causa do idioma. Ese paradoxo bifronte é o que temos por diante. Encerra á vez unha realidade terríbel (a vertixe de ver caír a transmisión inter-xeracional, co...

Un sen sentido sectario

Que sentido ten a exclusión do BNG da delegación galega que irá ao Congreso a demandar a transferencia da AP9, unha iniciativa precisamente da formación nacionalista? Se aplicamos a pura lóxica parece un despropósito. Se foi o BNG quen promoveu a lei debería ser...

Feijóo non é Urkullu

Non, non o é. Feijóo é outra cousa. É o delegado na Galiza dun partido centralizado en Madrid. O seu labor consiste en aplicar as ordes que recebe desde a metrópole e en convencer a populación indíxena de que todo vai ben. Iso é na práctica. No mundo da...

Puideron

A moción de censura que anuncia agora Podemos -e que apoia En Marea- vén moito a destempo. En realidade, a moción de censura a Rajoy aconteceu hai máis dun ano no Congreso dos Deputados, cando se formalizou a sesión de investidura de Pedro Sánchez após...

Trump, Homeland e Siria

Está ben interesante a sexta temporada de Homeland. É ben ilustrativa. Móstranos como atúa a CIA e como conspira contra a política, como en realidade é ela quen fai a política real, como manobra para que cargos eleitos muden de posición e se orienten cara a...

A asemblea tranquila e as tarefas homéricas

O novo BNG é máis novo e é máis feminista. Nunca tanta mocidade, nunca tantas mulleres na ponte de mando. Está máis unido -cun forte contraste coas outras forzas da oposición na Galiza- e desprende outra enerxía. Nada é inteiramente novo, como nos...

Martin McGuinness

Hai homes que son imprescindíbeis en todos os momentos. Non por mesianismo, senón pola súa natureza. Hai homes que saben que facer e como o facer por duras e adversas que foren as circunstancias. Se, alén do máis, son capaces de o faceren non como individuos isolados, senón...

Referendo pactado. Con quen, Pablo?

A ver, Pablo, non che acabo de entender ben esa leria do referendo pactado, ti, que es un home culto e lido, que tes a túa formación académica en ciencias políticas, que pronunciache aquela frase de recendo marxiano de que o ceo non se toma por consenso, senón por asalto, non...

Por que Pablo Iglesias se equivoca ao liquidar Errejón?

Nada, un día destes dimito como analista político, eu con isto non contaba, Pablo, non pensei que o farías, non pensei que axirías de acordo cos postulados e o modus operandi típico da vella política, pensei que tiñas outra cintura, que eras quen de facer xusto o...

Por que gañou Pablo Iglesias?

Avanzo cinco razóns que, acho, explicarían por que Iglesias derrotou Errejón en Vistalegre II. 1.- A vitoria de Errejón , isto é, a derrota de Iglesias, levaría Podemos a un estado crítico, a unha crise de consecuencias imprevisíbeis. A vitoria de...

Norwegian Air, a Rosalía non a debes chamar nunca española

  Nun dos seus versos máis programáticos, tamén máis desgarrados, Rosalía deixou escrito: "Probe Galicia, non debes chamarte nunca española" . A grande poeta nacional tiña unha clara consciencia de pertenza a un pobo definido, a un pobo que se...

Quen son aquí os rebeldes?

Baixemos da abstracción dos eslóganes e da retórica máis ou menos líquida e pisemos o ring. Quen son aquí os rebeldes? Quen está a postular a desobediencia contra unha lei inxusta? Quen a defender un direito democrático que debería ser...

Villares mantense na carreira

Podemos dicer que Luís Villares evitou o pior dos cenarios esta fin de semana no Plenario da asemblea que irá constituír En Marea como unha forza política dotada de órgaos de dirección. Con efeito, ao se votaren en contra as emendas que lle terían impedido...

A "unidade popular" da Marea en Pontevedra

Xa sabemos en que consiste a "unidade popular" da Marea en Pontevedra. Consiste en votar co Partido Popular contra o goberno nacionalista. E non en calquera cousa, senón no proxecto de orzamentos, nunha manobra perfeitamente orquestrada por todos os grupos da oposición.  Pinza puramente...

Fidel: o home novo nunca morre

Fidel Castro é historia e fixo historia. O seu paso polo planeta foi bon para a humanidade, para a causa dos pobos oprimidos, para a construción dunha sociedade libre de explotación, un mundo de persoas e nacións iguais. Un século inteiro non se entende sen a súa...
x