Rachar a foto do xefe do estado

Son  persoa de orde e, xa que logo, non gosto de queimar bandeiras, rachar fotos ou asubiar himnos como medios de expresión política. Existen mellores vías para comunicar o desacordo coa deriva recentralizante e autoritaria do Estado.   Mais si contextualizo esta expresión nunha enxurrada...

O PPdeG xa non conta

É pouco probábel que Rajoy acade a aprobación dos Orzamentos estatais do 2018. O PNV non pode aprobalos mentres non se retire a ocupación estatal da Generalitat catalá e semella que os tempos políticos de Madrid, Gasteiz e Barcelona non van coincidir. Ademáis, mesmo no caso de se aprobaren dificilmente van poder...

Pensarmos no país

O cadro actual é unha Galicia sen pulo político, sen liderado social nin económico, que perde sen dar batallas fulcrais (transferencia da AP-9, corredor atlántico europeo de mercadorías…), mal xestionado por un Goberno provincial e provinciano, dependentista, ineficaz e ineficiente. Unha Galicia nun Estado que ven...

Galeguizarmos a xustiza

Un dos paradoxos do réxime constitucional de 1978 foi recoñecer a posibilidade dunha autonomía política, nos níveis executivo e lexislativo (de primeiras só a Galicia, Euskadi e Catalunya, despois veu o malfadado “café para todos”) mais impondo un único Poder Xudicial en todo o territorio do Estado. Un paradoxo que...

A vía corsa

Nas eleccións á Asemblea de Córsega de hai poucos meses, as forzas autóctonas corsas souberon esquecer unha historia de enfrontamentos (ás veces mesmo armados) e formaron unha grande coalición nacional (“Pè a Corsica”) entre os autonomistas  da “Femu a Corsica” do Presidente Gilles Simeoni e os...

Menos mal que nos queda Portugal

A pouco máis de cen kms da raia húmida do Miño, na Gallaecia histórica, a cidade de Porto enfronta un cobizoso programa de desenvolvemento empresarial e anovamento urbano, dirixido por Rui Moreira . Un alcalde que cre na cidade e que soubo alicerzar a súa xestión en apoios amplos e transversais.  ...

As razóns das mulleres

Cara ao 8 de marzo, Día da Muller, cómpre avaliar se a igualdade entre sexos é real, cinguíndonos só ao que vivimos na Galicia e na contorna europea, para evitarmos análises máis complexas ou heteroxéneas.   O primeiro que salienta na...

Precisamos da inmersión lingüística

PP e Cs desenvolven una absurda competición por lle amosar á cidadanía quen é máis españolista. Deste xeito, o Goberno do Estado estudou a introdución do castelán como lingua vehicular, mentres Cs vén de propor una reforma da lei básica estatal...

Ciudadanos e a política local galega

As últimas enquisas a nível estatal reflicten que o PP e Ciudadanos (Cs) poderían quitar máis do 50% dos votos e unha ampla maioría absoluta. Cara ás vindeiras eleccións locais de maio 2019 xuntos quitarían maioría absoluta nas capitais de provincia...

A inutilidade da esquerda española

Arrepía a degradación sofrida polo Estado de dereito nos últimos cinco meses, nomeadamente (malia que non só) por mor da cuestión catalá.   O Dereito Constitucional foi gravemente vulnerado. O artigo 155 da Constitución abeiraba unha...

A nova política e Domingos Merino

En abril de 1979 Domingos Merino , candidato da exitosa fórmula electoral UNIDADE GALEGA (que xuntaba o Partido Galeguista, o PSG e á futura Esquerda Galega) era elixido alcalde d’A Coruña. O primeiro alcalde nacionalista da súa historia. O primeiro alcalde democrático...

Sobrevivirmos como país

Galicia precisa para sobrevivir como país viábel un conxunto de políticas autocentradas que garantan o benestar. Políticas que rachen co dependentismo, coas visións colonial ou provincial de Galicia para entendela como eixo de actuación e centro das perspectivas todas....

A deterioración da sanidade pública galega

O colapso do Servizo de Urxencias de varios dos hospitais públicos galegos por mor do andazo da gripe non é, de xeito ningún, unha casualidade ou un problema de mala sorte. Por todos os profesionais sanitarios é coñecido que a gripe preséntase todos os anos con especial...

Máis Galicia, menos España

A crise política xerada pola cuestión catalá saldouse cun certo reactivamento do nacionalismo español, que arela consolidar un proceso de recentralización que vén de lonxe para converter o autogoberno en mera descentralización administrativa e garantir a total...

Dereito penal do inimigo

Unha corte de apelación do Tribunal Supremo (TS) constituída para resolver o recurso de  Oriol Junqueras contra a prisión preventiva acordada polo maxistrado instrutor do mesmo Tribunal, Pablo Llarena , rexeitou o recurso do líder catalán, por considerar que...

Afouteza

Afouteza   foi a verba do ano 2017 escollida pola maioría dos votos do público no Portal das Palabras da RAG. Afouteza ten dous sentidos segundo o Dicionario da RAG: disposición de espírito para actuar sen temor aos perigos e a seguridade que alguén ten en si...

A cuestión catalá e Galicia

Os partidos soberanistas obtiveron a maioría absoluta nas eleccións catalás, cun 47,5% de votos e 70 escanos sobre 135. O resultado é aínda máis rechamante se temos en conta que a convocatoria electoral dende o Goberno do Estado era ilexítima , por mor dunha...

Falarmos do importante

Unha das cuestións que amosan o desequilibrio do Estado das autonomías é a absurda centralización do ingreso, que atenta contra a relativa descentralización do gasto. De resultas deste paradoxo, tres piares fulcrais do Estado do Benestar (a sanidade, os servizos sociais e a...

Galicia sen pulo

O xeito de gobernar o país de Núñez Feijóo ten tres características fundamentais: i) a total subordinación a respecto do Goberno Rajoy e das elites mediáticas e financeiras do capitalismo de amiguiños do BOE; ii) a ineficacia burocrática na...

A tarifa da aldraxe

Os consumidores e empresas galegas sofren a aldraxe dunha tarifa eléctrica única española que castiga a produción e o consumo industrial e prima o transporte para o consumo doméstico dos territorios non produtores, como Madrid. É dicir, que Galicia sofre o custo social,...

Quen adoutrina?

A historiografía española do século XIX construiu un relato que databa España como realidade unitaria dende os godos e que explicaba a Idade media como un proceso de Reconquista dende o reino de Asturies de D. Paio até os Reis Católicos. España como nación...

Recentralización e involución política

No Estado español sempre foron unidos os procesos de democratización e avance nas liberdades e os de recoñecemento do dereito ao autogoberno das nacionalidades. Velaí as experiencias das dúás Repúblicas e a transición  até o golpe de Estado do...

Núñez Feijóo e os lumes

O Presidente recoñeceu este día no Parlamento que o operativo da Xunta foi totalmente sobardado polos lumes do 15-O. Mais Núñez Feijóo considera que ningún dispositivo de extinción podería parar unha vaga de lumes coma aquela, por mor das condicións de...

A hora da coalición nacional

A crise política que vivimos determinará en poucas semanas unha evolución cara un Estado que lle dea mellor encaixe á plurinacionalidade española ou, pola contra, unha involución cara unha recentralización que rebaixe a autonomía política das...

Este 155 é inconstitucional

O artigo 155 da vixente Constitución faculta ao Goberno do Estado para intervir o Poder autonómico no marco da autorización que lle outorgue o Senado. Inspirouse na “coerción federal” do artigo 37 da Lei fundamental de Bonn  (norma constiitucional alemá) e non...

Antón Arias, un empresario moderno

O presidente da CEG (a principal patronal galega), Antón Arias , manifestou a título persoal o que manifestaría calquera persoa demócrata e informada: cómpre actuarmos dentro da lei, pero a cuestión catalá é de natureza nomeadamente política...

A ameaza para Galicia do nacionalismo español

A crise xerada pola cuestión catalá, substancialmente agravada pola parcialidade da mensaxe de El-Rei do pasado día 3, vén de amosar unha realidade que moitos negaron até de agora: a existencia dun forte e moi radicalizado nacionalismo español , malia que por sorte no noso...

Un modelo depredador e dependente

Galicia habería ser o país europeo máis favorábel ao investimento exterior e onde máis doado fose crearmos unha empresa. Claro é, sempre co pleno respecto á normativa laboral, ambiental e fiscal vixente. O Goberno Feijóo, ao longo destes oito anos e medio,...

Rajoy atravesa toda liña vermella

A represión desenvolvida polo Goberno do Estado para evitar o referéndum catalán foi impropia dun réxime de liberdades. Atravesou todas as liñas vermellas da proporcionalidade democrática e xerou noxo e incredulidade no mundo todo. Máis de 850 feridos en...

Arredarmos do dependentismo

Hai dúas semanas escrebíamos que o 2 de outubro principiará un proceso substancial de reforma constitucional do Estado e que Núñez Feijóo aposta polo dependentismo a respecto de Rajoy e Madrid para faceren deste país unha Rioxa ou Murcia un pouco máis...
x