Opinións de
Xoán Costa
   

Cen anos de xornalismo centrado na Galiza

Fai hoxe cen anos que apareceu o número un do boletín A Nosa Terra . Foi na Coruña a terza feira 14 de novembro de 1916. Oito páxinas sob a dirección de Xosé Iglesias Roura . Aquel número un titulaba, a dúas columnas, A bandeira ergueita un artigo que na...

Do rural ao urbano. Preferencia persistente ou planeamento motivado?

Na pasada semana desenvolveuse en Quito a terceira edición do ONU-Habitat. Trátase da Conferencia das Nacións Unidas sobre Urbanización e Desenvolvemento Urbano Sustentábel. Os traballos desta edición, que se celebra cada 20 anos desde 1976, parten do principio de...

Con Pondal o 8F

Millares de persoas percorren a cidade. Desde a Porta Faxeira até a Praza da Quintana, pasando pola Porta da Mámoa. Millares de persoas a defenderen, a defendermos o dereito a vivirmos na  “nobre e harmoniosa fala de Breogán”.

E a culpa, de quen é...?

Aí fica, no ar, a pregunta. A resposta, non agarden que eu a desvele. Mais repasemos, anecdotalmente, tres situacións producidas recentemente e que poden verter luz sobre a cuestión.

Tristeza não tem fim, felicidade sim

Algúns lembramos o que foi aquel grande éxito de Palito Ortega, "la felicidad, ja, ja, ja". Logo chegou Rafaela Carrá con "Felicittà." E Vinicius de Morais (A felicidade é como a gota de orvalho nunha pétala de flor...)

Alcaldes, barcos e rotondas

Na metade da década de sesenta do pasado século no agro galego comezaron a se producir  grandes mudanzas, máis tecnolóxicas do que ideolóxicas. Os tractores comezaron a substituír os carros e estes pasaron a ser axiña elementos decorativos en vivendas de segunda residencia deseñadas ao modo da moda urbana, mais para un contexto rural. 

El Ebro guarda silencio ...

Hai menos de quince días anunciouse que a arquidiócese de Zaragoza ficaba vacante. 
Oficialmente por "problemas de saúde" do titular, monseñor Ureña. 

Rosalía, a rebeldía contra a tristeza

Neste 12 de novembro presentamos en Ferrol, na Escola de Idiomas, o derradeiro dos traballos da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que teñen Rosalía como centro de atención.

Empresas familiares

Tempo andando, cousas vendo era a sentenza favorita de María V. B, analfabeta, nai de catro fillos. A todos educou e criou para buscaren a vida, que é como antes se definía os que agora denominan emprendedores. 

Había unha vez un rato ...

Si, podería ser o comezo dun conto, dun conto tradicional, deses que se presentan como unha historia inventada, non localizada nun tempo nin nun lugar determinados, con animais como protagonistas ...

Que pasen as correntes apestadas

Se o mundo dos dous derradeiros séculos se rexer polo slogan da Revolución Francesa comprobaríamos como ningunha daquelas palabras prendeu no continente africano. Repartido e gobernado a discreción polas potencias europeas, foi o prado en que pastaron as hostes coloniais a discreción e con proveito.

Toponimia celestial

Hai poucos días,viaxando pola estrada PO-260 en dirección a Vila de Cruces, observei, á miña esquerda, un indicador apuntando para un denominado santuario de Hoy-Vas. 

Gaza: o shopping center da guerra

Leo en Sermos Galiza, que transcribe palabras de Navi Pillay, alta comisionada da ONU de Dereitos Humanos, que os ataques israelitas na faixa de Gaza poderían ser constitutivos de crimes contra a Humanidade. Parece que, textualmente, dixo “Os exemplos que acabo de mencionar (en alusión aos ataques) parece que mostran que a lei humanitaria internacional ten sido violada até un alcance que podería constituír crimes de guerra”.

Agora toca o cento e un

Sermos Galiza chegou ao número cen. Dous anos na rede e nos quiosques.

A bandeira ergueita

Vilar Ponte sitúa como un elemento estratéxico para o nacionalismo nacente a necesidade de contar con medios de comunicación escritos en galego, centrados na Galiza e para a Galiza. Considera este feito tan transcendental como dotar o país de escolas e fai un chamamento a colaborar economicamente no mantemento do medio, aínda nacente.

A función do voto

Nestes días de maio o alcalde da cidade da Coruña renova o voto á Virxe do Rosario.  Faino con bastón de mando,  acompañado de membros da orde de cabaleiros de María Pita e franqueado por integrantes da Milicia Urbana e da Milicia de Honra. E a Virxe, de paseo pola cidade e páxina no Facebook.

*O Ágora *no Agra? Que di *o acta?

O día 4 de abril, escribía no Faro de Vigo X.L Méndez Ferrín “O pasado 1 de abril ouvinlle unhas declaración públicas á Secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades. Falaba esta señora das deficiencias educativas que se aprezan "en nuestros aulas". Así mesmo dixo.”

x