Opinións de
Pilar Fernández
   

Cataluña: e agora... que?

Sorpresa pola rápida reacción de Rajoy chamando a eleccións en Cataluña o 21 de decembro. Moitos alaban este inesperado anuncio; pero ao mesmo tempo hai moita frustración por non ter actuado antes mediante o diálogo e a negociación para evitar esta situación...

Reino Unido: entre o terror, o debate e a esperanza

Por segunda vez a campaña electoral de Reino Unido veuse afectada e condicionada polo terrorismo. Aumentan as críticas aos recortes do Goberno conservador e ás súas políticas en seguridade, defensa e relacións exteriores.    De novo planean recortes en...

Outra proba de lume en Escocia

Theresa May vai camiño de converterse en Primeira Ministra electa de Reino Unido e de ver reforzado o seu liderado logo de adiantar a celebración dunhas eleccións que, segundo repetiu en numerosas ocasións, non ían ter lugar ata o 2020. Mais as enquisas lle eran e son...

Vetos, votos e plebiscitos en Reino Unido

Xa é oficial. O 21 de marzo o Parlamento escocés debaterá e votará a activación do Artigo 30 para iniciar formalmente as negociacións con Westminster para a realización dun segundo referendo de independencia. A Primeira Ministra escocesa, Nicola...

A desfeita do Brexit duro de May

Xa está aquí. Xa saímos de dúbidas. Theresa May , como moitos vaticinaban, aposta por un Brexit duro, contentando aos sectores mais xenófobos, extremistas e imperialistas da súa bancada. Escocia leva meses en marcha. O Goberno escocés foi o primeiro en...

Con todo aínda hai e haberá esperanza

Rematando o 2016 gustaría estar falando máis das amabilidades que das decepcións ou infortunios. Non foi este un ano doado. Foi un ano rabudo, contraditorio, por momentos caótico; un ano de revolucións silenciadas, de tímidas iniciativas rapidamente bloqueadas, de...

A estupidez do goberno español chega a Escocia… outra vez

A noticia da prohibición da estelada en todos os xornais e televisións escocesas; non só as escocesas... a noticia foi recollida en xornais de todo o mundo. Vergonza allea. Ridículo internacional unha vez mais; unha vez mais a tan famosa #marcaEspana marcando tendencia. @s...

Sobre as reservas do Sr. Feijóo co twitter e as redes sociais

Vaites, pois vai ser que ao Sr.  Feijóo non lle gusta o twitter… Seica aposta por repetir coma Presidente da Xunta de Galicia e acusa aos seu adversarios de frivolizar a política e  “querer repartirse España  no twitter”. Será que o Goberno galego...

O rodete do PP: quen será o seguinte? #Acuicultura #OCerco #Galicia

O que acontece en Noia merece toda a nosa atención por un momento. Non se trata dun cambio de goberno así sen mais, non... o contexto da loita do Cerco e a polémica Lei de acuicultura (amén doutras cuestións de carácter local) parecen ter que ver moito con...

O cerco a Galiza

A ninguén se lle escapa a situación que están atravesando todos os nosos sectores primarios.

A ameaza real

O acontecido en París é outra mostra mais de barbarie, é mostra do sadismo daqueles que asasinan friamente, e da hipocrisía de todos os gobernantes que por unha parte crean e financian grupos paramilitares e por outra asisten a unha manifestación pretendendo defender a liberdade de expresión. 

Quen teme ao voto feroz?

Nunca gustei de mesturar os procesos escocés e catalán; é mais, pareceume totalmente acertado que o Goberno escocés quixera manter a autenticidade do seu proceso e evitara contaminacións  con outros movementos internacionais. Mais hoxe foi un dia intenso para as dúas nacións. 

Tempo de asumir responsabilidades

Parece ser que moita xente non entende o que se nos vén enriba nosa. E cando digo a xente, non falo daqueles que levan anos militando, nin dos que medianamente levamos anos concienciados ou comprometidos con múltiples causas; falo da xente do común, desa xente da que todos os días escoitas cousas coma “sonche todos iguais” ou “qué mais dá, se ao final van facer o que eles queiran” ou “non che vale a pena moverse, para qué”.

De suspiros de España a dende Rusia con amor

É difícil saber cal era o gusto cinematográfico de Cameron antes dos seus primeiros encontros con Rajoy, mais podo imaxinar que logo de moitas “relaxing cups” deleitándose con “Suspiros de España” o seu gusto foise deteriorando cada día mais. 

A saúde da nosa man (1ª Parte)

Sempre digo que una crise, sexa no ámbito que sexa, é unha estupenda oportunidade para reflexionar, aprender e rectificar os hábitos e as actitudes que nos impiden mellorar e evolucionar para vivir en harmonía con nós mesmos e co noso entorno.

Foi no ano 98 cando un problema de saúde me levou a afondar mais nas terapias naturais e na medicina alternativa. Con grande sorpresa decateime de que moitas das ferramentas de curación e de restablecemento do equilibrio as temos nós, en nós mesmos, nas nosas propias mans; e que de coñecelas, moi frecuentemente evitaríamos ter que recorrer a grandes remedios para vencer ós contratempos da saúde; deberíamos ser conscientes destas fabulosas ferramentas que posuímos para que a nosa vida diaria torne agradable e de mellor calidade e non chegar a situacións límite que se nos escapan das mans.

Vida digna morte digna

Recén vexo na prensa que o CHUS vai abrir o Rexistro de testamentos vitais (e de doazón de órganos) cousa que me sorprendeu grandemente porque eu pensaba que xa se podía facer desde hai uns anos nun Rexistro da Xunta de Galicia. En todo caso, esta medida para min é fabulosa e hai que congratularse e darlle a benvida.

Parabéns Escocia! Congratulations Scotland!

Teño que recoñecer que non son obxectiva, non podo selo; dende a primeira vez que pisei terras de Escocia hai  11 anos namoreime tolamente da paisaxe, da súa intensa historia, da súa xente, da súa cultura, das súas tradicións, moitas delas semellantes as galegas, e da súa idiosincrasia.

A necesidade dun novo modelo de sociedade e de Estado

“Españoles, Franco ha muerto” é quizás a frase mais importante da historia moderna española. Pero tratándose de frases célebres, moitos recordarán o “No hay pruebas ni las habrá...
x