Ás veces, Ferrol

Ás veces venme á memoria Ferrol. Como non vivo alí, e como esa cidade está tan pouco presente na vida pública galega (mais, e hai sequera vida pública alén da propaganda e botafumeiro a Feijóo?), teño que facer memoria de que hai alí unha...

Días inventados

Pasou o día do San Valentín e pouca xente lembrou que era Mércores de Cinza. Un nome tan literario que deu para título dalgúns libros, a Xavier Alcalá inspiroulle o seu mellor título,“A nosa cinza”, e Miguel Anxo Murado xa foi ao directo,...

Desculpen, mais a merda xa reborda

TVE é a televisión do estado e non é “pública”, pois iso supón que serve e pertence ao conxunto da sociedade e iso implicaría profesionalidade e decencia moral, cousa que esa non ten, pois só está ao servizo do partido que goberna, ao...

A "bilboinidade"

É evidente que Euskadi existe, que queiran que non os políticos e os intelectuais da corte, porque así o quere a xente vasca. E miran as maneiras de seren eles, é dicir marcar límites propios, nas modas, nos cortes de pelo, nas ideas, nas festas, nas linguas... Hai que roelos....

A “asturianidade”

Paso de Ribadeo para a Veiga detrás dos camións tanque de “Leche Asturiana” cheos de leite galego. Como sempre que entro en Asturias desde Galiza, sinto que entro nun territorio máis ordenado, máis civilizado, menos caótico. Asturias faime ver unha boa parte dos nosos...

As galiñas e as pensións

Váiseme xuntando pan na casa, pan que comprei e non comín e non sei que facer del. Dóeme pensar que o pan "sobra", dóeme tirar con el. Non podo evitar o remol da vella tradición, da vella educación que recibín, dos vellos (ou de quen vai ser logo?), unha...

Desfile de mascaritas

A xente da antropoloxía dicía que o Antroido, Entroido, era o tempo da transgresión (hai quen gosta máis de “trasgresión”, eu non). Pois xa non.   Agora vexo esas imaxes (vexo as imaxes porque nunca vou ver os “desfiles de carrozas”,...

Tecer rede

Leo un apuntamento que fixen o 18/10/2015: “Hai dous días abrín conta em Twitter, para pular pola candidatura”. A tal candidatura quería ser unha candidatura nacional unitaria cun programa social, etc, xa vostedes saben e tamén saben que non foi. Antes diso abrira...

Avivar a cultura

Hai uns días liamos da presentación dunha biografía do poeta que coñecemos como Díaz Castro e o biógrafo mostrábanos o seu proceso de formación intelectual e a súa evolución desde o integrismo franquista até un galeguismo sentimental e...

Tempo de indignidade

Este é un tempo no que caen as carautas e cada un toma partido e retrátase. A rebelión cívica catalá cuestionou o existente, para moitas persoas cuestionou o seu mundo todo: de súbito o que nos dixeran que era eterno, España, é posto en cuestión. E...

A carraxe pode dar esperanza

Onte xuntouse en Compostela unha voz potente , as organizacións sindicais e as plataformas a prol da sanidade pública demostraron músculo, poden encher a rebordar a Quintana. E esa voz de moitas bocas falou claro, non quere que Feijóo aprobe outro golpe á sanidade, outro roubo...

Un decente e un indecente

Morreu Domingos Merino e nas lembranzas que estamos a facer percibo mala conciencia, e hai motivo por case todas as partes. Porque foi unha moi boa persoa e moi digno cidadán, un político da esquerda galeguista ou do galeguismo da esquerda honrado e foi atacado desde todos os ángulos....

O gato e o rato

Se leo ou escoito medios de comunicación galegos, quitados este ou algún outro medio dixital, que nos piden procurar por eles pois fican nunha zona de penumbra informativa, o que encontro é algunha noticia choqueira, algunha parella de irmáns xémeos ourensáns fan ou deixan...

Revisión

Véxome obrigado a revisar a miña vida, supoño que iso lle estará a pasar a moitas persoas. O primeiro que me vexo obrigado a recoñecer é que, nacido e vivido no franquismo e, despois, no posfranquismo, xa nunca verei unha república nin coñecerei unha...

Os nomes levan desexos dentro

Non creo que se estuden algunhas cousas que me causan fascinio, maiormente as ansias secretas da especie humana, e ben que o sinto. Os desexos inexpresados por debaixo das cousas que dicimos, o que explica verdadeiramente os nosos actos. As nosas verdadeiras inconfesadas verdades.   Leo ao pasar...

Democracia é liberdade de expresión, de prensa

España é o estado do medo e a populación vive nun estado de ansiedade máis ou menos latente con explosións de ira a cada pouco. Hai quen xa deixou de ler ou atender radios e televisións porque, perdida a decencia e a ética do xornalismo tempo atrás, xa non...

Antropoloxicamente galeg@s, civicamente galeg@s

Hai persoas de natureza pasivas que fican aí e agardan o que a vida lle vai traendo e, se teñen sorte, non é unha mala forma de vivir, e hai outras que miran pola vida aquí e aló, de natureza activa. O Dionisio Pereira é unha persoa activa e leva dentro un detector....

De Radio Moscú a TV3, a Internet

Pídenme dun xornal catalán que escriba para un suplemento dedicado á pervivencia aínda do franquismo. De onde había ser o xornal senón? Non vexo que nin sequera as webs máis progresistas de Madrid sexan capaces de recoñecer e dar nome a iso tan evidente que...

Insoportábel postración da Galiza

Hai momentos nos que se fai visíbel o que ocorre nas sombras, nos que aflora e se mostra un proceso profundo.   Iso está a ocorrer coa situación histórica da Galiza con dúas noticias que poderían ser calificadas de “culturais” e que o son no...

O que ven os españois e o que ve o mundo

A populación española, non me atrevo a chamarlle de vez “cidadanía” pois para iso é preciso vivir nunhas condicións de vida democrática que aquí non se dan, oe e ve cada día como se ridiculiza de todas as maneiras posíbeis a figura do...

Cartas dun escritor

Nestes días nos que a democracia segue a ser unha boliña a dar voltas na ruleta do casino da Corte, e no que a aposta é non só a democracia senón o dereito da sociedade catalá a decidir por ela mesma e non ser sometida, un intenta seguir a respirar mentres nos deixan....

Un xornal galego

Por esas cousas da vida lin xornais desde neno. Aínda que todo transcorría dentro dunha mesma bocha ideolóxica do franquismo, o ler xornais diversos, e mais a ideoloxía crítica, fíxome disterar uns xornais dos outros, distinguir a liña de información e...

A pesar deles, mañá ha de ser outro día

A prensa cortesana madrileña está por debaixo do nivel dos sumidoiros e refúxiase nas máis profundas galerías do seu búnker, prefire non aceptar a realidade: malia todos os obstáculos e a represión, os soberanistas cataláns gañaron as...

Implicadas

(Cando me puxen neste desafío de publicar cinco apuntamentos consecutivos cada semana tiña xa medo de que resultase obsesivo, e aínda vai ser. Acordei a noite pasada co soño de que esquecera enviar o apuntamento correspondente. Xa non estaba eu afeito a estas ansias. Hoxe vai de...

Os presos políticos menten

Do mesmo modo que abondos políticos, xornalistas e comentaristas españois difaman e fan burla dos políticos cataláns exilados para non ir presos, tamén rin agora das declaracións perante o xuíz dos que están presos. Din que dixeron que acatan a...

A "Galicia profunda"

Cando uns desalmados asasinaron a unha pobre nena, Asunta , as cámaras das televisións máis ruíns rondaron cada día polos portais dunha cidade galega, mais era un crime sinistro e urbano. Desta volta as cámaras andan ao axexo polo episodio da Diana Quer , a rapaza...

As cámaras de TV, as nosas notarias

Imaxes de xente diante dun xulgado de Ribeira, son poucas persoas maiormente mulleres, a berrarlle a un home acusado de forzar e asasinar unha moza. Non son familiares da vítima, pois era dunha familia de Madrid, son veciños e veciñas da comarca que teñen tempo para acudir alí...

A luz do día

Quinta feira, a ver as feiras que me agardan de aquí en diante. A ver o que dá de si isto meu, a ver o que dá de si este meu. Comezo hoxe neste curruncho, neste recuncho, neste cornecho que debo agradecer a Sermos  con confusión e expectación, non sei o que darei feito, os...

O noso país perante unha reforma constitucional

O proceso político catalán chegou a unha nova estación mais non terminou pois todo proceso histórico é de longo percorrido e con reviravoltas, tivo consecuencias profundas, fixo que rematase a época iniciada tras a morte de Franco. Non foi a crise económica e as...

BNG porque

Votarei BNG porque entendo que hai que votar ás candidaturas que poden e deben pactar un goberno da Xunta que faga políticas moi distintas e aínda contrarias ás que practica o PP de Rajoy e de Feijóo. E porque desexo que esas candidaturas teñan os votos precisos, ben sei...
x