Holocausto permanente

Iso que só nalgúns países se nomea como violencia de xénero, unha terminoloxía débil, apenas ten referencias no mundo. Onde máis aparece reflectido é en Europa, dezasete estados, en América só cinco estados, Porto Rico, EEUU, Colombia, Costa Rica...

Centros concertados

Un dos logros máis importantes da democracia, o gran nivelador social, o que pode garantir o progreso, é o ensino público obrigatorio, é pór o coñecemento, a ciencia, a literatura, a arte ao servizo da cidadanía.  Non foron as familias, en xeral, as que se...

Coa saúde non se xoga

Leo as declaracións do premio Nobel de medicina americano Richard J. Roberts en relación coas Farmacéuticas. Denuncia que gastan centos de millóns en subornar os médicos para que receiten os seus produtos.  Sabemos que esta é unha práctica que se leva a...

Golpes de Estado

Arrepía a súa pronuncia. Acostuman vir acompañados da tortura, da morte, da vendetta persoal, do odio. Asistimos neste momento ao último en Turkía, onde se sucederon nos 60, nos 70, nos 80 e 90. Diríamos que viven nunha convulsión política cíclica entre...

Así nos toca Brasil

O  Auditorio do Mar de Vigo caeu na bossa nova, como nun orgasmo colectivo, con entusiasmo ante a música coñecida, o son de palabras nosas, ritmos de jazz, samba negra,  ritmo sensual, gritos e xemidos, melodías de xuventude, saudade da saudade, dos 50, dos 60, dos 70 e 80 das que...

O que lles queda por legalizar

Hoxe é un día histórico para min. Erguinme cunha lupa que me permite ver e dicir con claridade o que estaba latente no meu cerebro. Sabíao pero non era unha evidencia. 

Velaí: a totalidade da sociedade, mulleres e homes, aceptan unha mentira histórica, unha impostura criminal, unhas relacións persoais e socio-económicas espúreas. Xa está.

As do peixe

Desde moi nena, en Vigo, vin as fábricas de conservas de onde saían maiormente mulleres. A venda e manipulación do peixe foi sempre traballo feminino. Ía coa miña nai ao mercado e non perdía ripio das súas mañas manexando os peixes ou sacándolle a pel á castañeta, cunha destreza que me deixaba parva. 

Esforzo e tesón

Son varias as características do traballo científico, da tarefa de investigación. Admiro enormemente esa faceta humana de mentes lúcidas, curiosas, si, pero con estudos e coñecementos sen os que o resto dos atributos non chegarían a concretarse, e con horas de esforzo e tesón, sen os que non poderían acadar os obxectivos científicos que se propoñen.  Ao traballo deben engadir, en moitos casos, valentía. Os descubrimentos acostuman a teren detractores que dificultan e retardan o avance da humanidade. 

A FRATERNIDADE de Pepe Cameselle

Dos tres principios ilustrados, o da fraternidade, xurdiría como un lóstrego en A Comuna de París, un momento fulcral da loita popular, unha revolución da que teñen saudade anarquistas, marxistas, socialdemócratas…porque era común, unha igualdade na que un nome de muller, Louise Michel, representou o movemento, na que unha canción de amor, Le temps des cerises, era un símbolo do impulso liberador que volvería cada ano como o tempo das cereixas. A unión. A Internacional. 

A intuición

Tradicionalmente ás mulleres recoñéceselle unha maior intuición. É algo que se afirma. Ignoro se está demostrado e non pretendo facelo. O que si podo demostrar é que cando se aplica un don ás mulleres, fan todo o posible para  convertelo en algo negativo.

Cando a vítima é xitana

Os medios de comunicación déronlle máis cobertura ao asasinato de Lupe, ao ser unha muller xitana. A familia do marido asasino foi desterrada para evitar vinganzas.

Como ousan falar de igualdade e xustiza?

Quince, 15 negros morreron afogados baixo a presenza da Guarda Civil, disuadidos polo lanzamento de pelotas de goma, cando se afanaban por chegar a un país, o noso, mellor ca o seu. Encheron as cabeceiras dos xornais, saíron reiteradamente as imaxes na TV, incluso investigaron para saberlle os nomes. A día de hoxe, foi tal a presión opositora que retiraron as pelotas de goma pola súa dureza. Cando a oposición se move, algo consegue.

A dona da neurona

O día 30 de decembro foi o cabodano do falecemento, en Roma, de Rita Levi-Montalcini, científica famosa e premio Nobel...

Corpos Controlados

A humanidade a través da evolución natural de millóns de séculos chegou a ter un cerebro que nos diferencia do resto de animais. A especie humana, a diferencia doutras especies vivas, non só é responsable de si mesma e por si mesma, senón que posúe a facultade de controlar a dirixir as propias accións. 

Benvida a Michèle Bachelet

É unha gran alegría que volva de novo á presidencia de Chile a que xa fora presidenta do ano 2006 a 20010. Moitos aspectos positivos reúne esta señora, culta, que se expresa en varios idiomas, inglés, alemán, francés, ten a carreira de medicina, con estudos na universidade Humboldt de Berlín. 

Custodia compartida da dependencia

O Tribunal Supremo estableceu a custodia compartida da descendencia da parella como regra. Aducen o interese superior do menor, cando, nunha grande parte dos casos é o interese do maior, do pai que maltratou a nai e as criaturas, ou mesmo dun pai incestuoso.  Unha condena horripilante para a/o menor.

Sistema masacral

Castigo das mulleres. / Sistema patriarcal? Non. Sistema masacral. 

Un inri

Fíxose inxustiza. Un xuíz ben mantido, en galego, pregoou o veredicto en relación co Desprestige que contaminou as costas galegas, portuguesas e mesmo francesas. Ningún culpable. Todos os implicados limpos como patenas.Ningún político tivo responsabilidades. Sucedeu algo realmente? 

Cria corvos

Estes días, un grupo de persoas, asociadas como vítimas do terrorismo, percorren as rúas e aparecen nos media clamando vinganza. Consideran unha aldraxe que o Tribunal europeo obrigue a liberar a presos de Eta cumpridos os anos correspondentes de prisión. Os anos  non son os mesmos aténdose á lei Parot promulgada polo PP para retelos máis tempo en prisión e así compracer o odio das familias das vítimas.

O terceiro sexo

Á vista está que isto da parella sexual non acaba de funcionar. Aínda que Darwin non se decatase, é un erro biolóxico. Por unha simple regra de tres podemos saber que o número perfecto é o tres,

Xa os druídas, os celtas que nos legaron o trisquel  defendían o nº perfecto, até os primeiros fundadores da UPG que imaxinaban a tres persoas na cúpula do partido. Na Masonería, dito así, sen consecuencia, o Ternario era o usual dos símbolos e necesitábanse tres mestres para fundar unha Loxia. 

Testemuña Mandela: Outra vida é posible

Tomaches a palabra para anuncialo. Tomaches a iniciativa, puxécheste en movemento para demostralo. Buscaches a xustiza para os negros, os africanos oprimidos. Sabías o que arriscabas e seguiches os pasos convenientes para conseguir a liberación colectiva. Para ti foron 27 anos de reclusión. Pero mesmo encerrado fostes libre. A forza da túa conciencia conseguía unha luz que traspasaba os muros da prisión e irradiaba na vida pública. Só nos oculta o silencio e a pasividade. A túa acción acabou co apartheid e conseguiu unha democracia anti racial. 

Pensen antes de falar

Dúas declaración de políticos ofensivas para as mulleres, como declarar que estamos “para ser violadas” ou insultar aludindo os órganos sexuais, “chochito de ouro”, que riquiño e garimoso!, foron motivo de dimisión para os autores. 

Concepción Arenal contradí a Gallardón

Fallar, frustrar, malograr ou derramar, son palabras sinónimas de abortar. Nada agradable. As mulleres reivindican seren persoas con decisións propias. Esta aspiración tan lóxica e xusta enfróntase coa consideración que ten a igrexa católica sobre elas, así como os reaccionarios que exercen o poder e os que só exercen o poder sobre as mulleres. Para eles, non teñen categoría de persoas e cidadás libres. Son definidas como madres, mater- materia-, corpos.  É verdade que non están preñadas todo o tempo, pero o seu destino é estalo, dixo Rousseau, un ilustrado!  Que podemos esperar dos demais. Con esa gran reserva de madres, o sistema patriarcal obtén, gratuitamente, unha produción de gran valor. Como consecuencia, a creación feminina ha ser controlada polos donos do sistema. Dunha maneira ou doutra, todos os gobernos lexislan sobre que, canto, como, cando, as mulleres deben ou non parir. Na China non poden parir nenas. En ningún réxime, as mulleres poden decidir libremente. 

Asasinatos de mulleres en Roma

A presidenta da Cámara do Senado, Laura Boldrini, nunha intervención que tivo lugar o dia 16 en Roma no Espazo Europa organizado pola Unión Forense polos dereitos humanos, deu a voz de alarma sobre a violencia que padecen as mulleres en Italia.

Alerta sobre unha emerxencia, disimulada por un extraño automatismo nos que episodios análogos e graves se repiten con moita frecuencia. O resultado debe responder a unha lóxica emerxencial.

Desmesura parlamentaria

O mércores foi o típico día de apearse do país, de podelo deter. De onde sacamos eses parlamentarios, en Galicia, unha poboación tan prudente e comedida, que pensa antes de falar e mesmo ten fórmulas lingüísticas para darse tempo? Facía falta tanto...

Bebés roubad@s

Asistimos á fundación de Asociacións nas que fillas e mesmo netas reclaman agora as maternidades post facto das súas nais, xa que elas non puideron exercer de madres e reivindicar @s seres que pariron. Carentes de todo poder, eran simples mulleres que deron a luz nun paridoiro corrupto,...

A visita da vella señora.Unha historia de corrupción.

A Visita da Vella Señora, peza teatral de Friedrich Dürrenmatt, suízo alemán, escrita no ano 1956, sitúanos no momento actual da crise e perante os mesquiños comportamentos humanos que se repiten como as crises.

A modo coa baralla

Levo moitos anos facendo política, antes mesmo de participar na fundación dun partido político na Galiza do ano 1964. Porque facer política e actuar, falar, escribir, facer teatro, expoñer por calquera medio público unhas ideas inconformistas que protesten contra a inxustiza, a falta de liberdade e tendan a conseguir a igualdade entre a humanidade.

Crise, corrupción e patriarcado

As nosas mentes xa non teñen cabida para tanta corrupción. Cando escoitamos os miles de millóns que roubaron do estado, pensamos no ric@s que podíamos ser. Son os nosos cartos, gañados co traballo da poboación, e andan en mans corruptas e en bancos foráneos, mesmo se o diñeiro non ten patria.
x