Seducir Catalunya

A sedución é un xogo de impulsos nados na desconfianza. Desconfiamos da persoa amada e precisamos seducila porque nela cobizamos a necesidade de unión, o principio que xungue a compaña afectiva e nos empurra a escapar do abandono. Desconfiamos, en certo modo, para tentar confiar. Seducir é tirar de nós para...

Desertización

Asistimos a unha desertización corrosiva da confianza, a unha perda diaria de esperanza na acción pública, no goberno, no estado, que é propagada a través dos mass media e dos órganos institucionais. Enténdese por desertización, segundo o dicionario da RAG, o feito de “transformar unha zona en deserto”. Os xestos...

Os síntomas

Sabían que os vagalumes son indicadores naturais do que contece? Indican o humor da terra, se está saudosa pola instalación dunha fábrica de fumaredas celulosas, de augas corrosivas ou residuos tóxicos, ou se pola contra o ar é limpo e (case) puro e alí poden aniñar todas as formas de vida, incluídas estas tan...

Lesbiana!

As palabras contribúen non só a darnos significados, senón tamén a crear realidades, a facer dos devezos algo tanxible, da teoría á práctica.  As palabras son en si microcosmos, microorganismos de trascendencia vital e global. Canto mide unha palabra? os segundos nos que tarda en ampliarse e dar lugar...

Oposicións a garrote vil.

O estado, segundo as últimas opinións vertidas nos medios de gran tirada, debería crear oposicións a garrote. “Oposicións para manexar o garrote vil” Un temario sinxelo, onde se defenda a eliminación de todas as defensas constitucionais do dereito a vivir, o dereito a un xuízo xusto e o dereito á...

"Que entre María Santísima!"

“Hai xente que considera as prazas das cidades un lugar privado, un sitio onde hai alguén que decide quen entra e quen non, na FM dáse o mesmo caso”. Isto foi dito pola xornalista María Nieto na presentación, xunto con Manuel Rivas, Estíbaliz Espinosa e Antón Luaces , do Manifesto Cuac Resiste polo Dereito a...

Contrabando silencioso

Ti antes preguntabas se aquela mercancía era o acordado: os gramos, a cor, a calidade do produto. “Isto” -dicía o comercial ensinando a mercancía- ”isto é material de primeira. Temos de todo, nacional e produto importado, nada de mesturas”. Rulaba a...

 Malpensantes

Hai xente que pensa ben e xente que pensa mal. Como quen non sabe escoller a boa froita, a que non está golpeada, entre a oferta de mazás golden ou peras conferencia do súper. Tamén hai xente que pensa ben e xente que pensa mal. Non "pensar mal" no sentido de faladoría...

A Coruña e o decreto de inercia

Aló polo baby boom de finais dos 50 e dos 60, a afición do cidadán medio na Coruña era levar os seus fillos ao porto, o primeiro gume do mar. Isto ten a súa lóxica xa que o espazo do que estamos a falar é unha cidade insertada nas ondas, unha península...
x