Á espera dun rematador como Lucas

Carlos Alberto Sánchez - Xornalista


Non era necesario que o Real Madrid recibise tanta axuda para un partido tan desanxelado, sen «Cristiano». Os erros de Andone fronte a Keylor Navas, dous clarísimos, foron decisivos. Tamén hai que contar o grave erro de Rubén, o porteiro do Deportivo, que cometeu unha pifia enorme no primeiro gol madridista. Tampouco se pode esquecer a interpretación do colexiado ao perdoarlle a expulsión a Sergio Ramos, cando ao Deportivo aínda lle quedaba tempo para conseguir outro resultado se puidese xogar contra dez. E, finalmente, un penalti cometido a Bruno Gama que foi para Andone. Tivo a oportunidade de marcar un penalti e o seu disparo a porta nin siquera saíu orientado entre os tres paus.

 

Di Mel que a diferenza neste primeiro partido foi o acerto nas áreas. É certo, pero tan certo como que o Real Madrid gañou sen despeitearse, e iso que os dous adestradores son calvos. Mel negou tal escenario a pregunta deste columnista. O Madrid non fixo case nada de fútbol. O mínimo. Esperar os despistes do Deportivo e as facilidades que puidesen xurdir. Pero nada máis. Nada de fútbol espectáculo. Sen facer case nada desarmou os herculinos. Apenas un soprido, como o do conto dos tres porquiños. 

 

Iso si, desta volta, o equipo de Zidane non puido asinar goles espectáculo -refírome a un golazo individual-, polo que o 0-3 non pode servir de excusa. Non os houbo. O que si houbo fui una xogada que ben podría sacarlle as cores ó equipo desde o punto de vista téctico defensivo e coa que han presumir os merengues todo o ano. Si porque o gol de Casemiro foi o colmo. Veu precedido de 43 pases, 44 co toque final de Casemiro. Un dato que en Madrid parece que é tribuna aparte -pasen por Google e verán o que da de si o tema-. Vai ser tan famoso como o gol que lle marcou Ronaldo á S.D. Compostela, cuando se levou a todo o que se puxo por diante. Un descosido feito ao Deportivo na búa casa, que para a crítica branca merece a consideración de que o Real Madrid alcanzou xa o estado de «súmmum» no seu xogo (44 pases, 107 segundos e 11 xogadores participantes). Algo que o Madrid de Zidane confesou perseguir en Riazor, é dicir, poder facer o fútbol «made in» Guardiola. En todo caso, abochornante. Vergoñento. Son curiosas as lecturas que cada un pode ter da imaxe ofrecida polo equipo, porque para Mel o Dépor xogou mellor que o Barça na Supercopa fronte ao Real Madrid.   

 

O equipo coruñés puxo tres centrocampistas para frear o todopoderoso Real Madrid. O equipo de Zidane xogou moi tranquilo, só esperando o erro do rival. Non precisou máis. E os erros viñeron por partida dobre. Escaso ou nulo acerto cando ao Dépor lle tocaba definir na área de Navas, sobre todo, na segunda oportunidade que tivo man a man. E tamén porque na primeira chegada seria dos madridistas un mal rexeite de Rubén foi un balón en bandexa de prata para Benzema, que finalmente conectou Bale ó fondo da portería.

 

O que está claro é que ao Dépor lle falta moito aínda para que o xogo que quere Mel chegue o seu punto de «súmmum». Principalmente, porque para conseguir un gol precisa fabricar moitas ocasións. Con Andone só en punta non pode continuar. Mágoa que o Arsenal se poña tan túzaro, cando todo o mundo sabe que non hai máis futuro para Lucas Pérez que aterrar o antes posible no Deportivo.

 

Mágoa que o Arsenal se poña tan túzaro, cando todo o mundo sabe que non hai máis futuro para Lucas Pérez que aterrar o antes posible no Deportivo

 

Pero non é esa posición a que preocupa. A defensa e a portería tamén necesitan mellorar. Ambas liñas estiveron brandas. Só a indolencia do Real Madrid -xogou a un ritmo lento e preguizoso- fixo que os coruñeses non saíran peor parados.

 

Este equipo, comezando polo seu adestrador, deslizaba esta mesma semana, previo o segundo partido de Supercopa, que había unha man negra sobre o Madrid. Man negra? A ver se vai ser unha man branca a que hai!

 

Comentario aparte merece a actitude de Sergio Ramos. Hai que lembrar que o central do Real Madrid é capitán do seu equipo, e tamén é o capitán da selección española. Por que ten que comportarse con esa prepotencia sobre o campo? A que vén o de darlle una labazada a un rival? Como pode xustificar tamaña chulería? E, sobre todo, como o colexiado pode perdoar esa noxenta acción? Lembro que este equipo, comezando polo seu adestrador, deslizaba esta mesma semana, previo o segundo partido de Supercopa, que había unha man negra sobre o Madrid. Man negra? A ver se vai ser unha man branca a que hai! Por riba, cando o partido xa esvaecía, Sergio Ramos propinou un cobadazo, ao saltar por un balón, a Borja Valle. Innecesario. O colexiado xa non puido mirar cara outro lado e sacoulle o segundo cartón. E xa se analizamos o que dixo en frío, despois do partido, onde explicou que a labazada non foi tal, xa que en palabras de Ramos só o empurrou para apartalo do medio, ou que o público -que asubiou Sergio o resto do partido e Lucas Vázquez cando saíu a xogar os últimos minutos do partido- non apura tanto éxito continuado do Real Madrid. Igual o que non se atora é tanta prepotencia e tanta impunidade. Un equipo de 630 millóns non precisa axudas fronte un equipo que só manexa 55 millóns de euros.