O socialismo galego esta a viver tempos convulsos nos últimos anos froito tanto de factores internos -en especial o resultado dos ultimos procesos eleitorais no estado e en Galicia- coma tamen externos -a crise do socialismo español e europeo-. Nembargantes, esta situación abre tamen as portas a oportunidades,  de forma senlleira a da necesaria anovacion e apertura do discurso político e as estruturas organizativas do PSdeG á sociedade e á realidade galega actuais. A Galicia do 2017 non ten moito que ver coa Galicia do 1977 cando o PSdeG foi legalizado e puido concorrer as primeiras eleiccions democraticas trala longa noite de pedra da ditadura franquista da que falaba o noso añorado Celso Emilio Ferreiro. Neste eido o socialismo galego celebrara este 2017 un congreso decisivo para anovar o seu programa e extraer as leccions dos trepidantes cambios xerados, en todos os ámetos, na sociedade galega nos últimos anos.

O PSdeG enfronta importantes desafíos e ten sufrido duros golpes nos últimos tempos. Pero aínda que alguns falan en termos catastrofistas e de non retorno da situación do socialismo en Galicia, os datos non reflicten esas aseveracions interesadas. A situación é complexa e difícil, pero as bases para a reconstrución e a recuperación están firmes. Das eleccións do decembro do 2015 ás eleccións de xuño do 2016, o PSdeG foi quen de dar volta á situación política e ás enquisas e progresar da terceira posición á segunda posición no voto dos galegos superando o desafío de En Marea. O resultado eleitoral dos socialistas en Galicia era mellor do que no resta do estado sen discusións. E nas eleccións autonomicas de setembro do 2016, especialmente tras o exitoso proceso de primarias coa escolla transparente e democratica do candidato a Presidencia da Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga, un PSdeG reforzado atopábase nunha tendencia alcista e de progreso que albiscaba a posibilidade de liderar o cambio político en Galicia e dar fin o goberno Feijoo. Nembargantes, a actitude de algúns compañeiros coas declaracións críticas e extemporáneas antes, durante e despois da campaña autonómica, distorsionaron e desestabilizaron a campaña eleitoral do PSdeG e tivo graves, gravísimas, consecuencias. A primeira, que o esforzo e ilusión dos máis de 10.000 militantes socialistas volcados para conquerir o ansiado cambio politico en Galicia e o fin dos recortes socias e a politica antigalega do goberno Feijoo, foi estragado. A segunda, que se abriron dolorosas fendas na unidade do socialismo galego que vai costar cicatrizar e que obrigan a clarificar definitivamente o rumbo do PSdeG e a política de alianzas para os vindeiros anos. Eu aposto sen dubida pola construción dun proxecto nidio para a maioría social do país e polas alianzas coas forzas do ámeto da esquerda e do nacionalismo progresista en liña coa exitosa experiencia dos gobernos de coalicion e progreso liderados polos socialistas Fernando González Laxe (1987-1989) e Emilio Pérez Touriño (2005-2009).

A situación é complexa e difícil, pero as bases para a reconstrución e a recuperación están firmes

Hai que felicitar Pilar Cancela, e é de xustiza recoñecelo, pola súa laboura coma Presidenta da Comisión Xestora do PSdeG nestes tempos convulsos, por ter mantido a calma e a serenidade para non permitir desviar o socialismo galego do obxectivo principal. E o principal era tratar de conquerir o cambio político en Galicia en setembro do 2016 e, igualmente, tratar de contribuír en decembro de 2015 e xuño de 2016 ao cambio politico en España. E tamén era importante manter as estruturas organizativas do PSdeG en funcionamento e operativas ante tres procesos eleitorais desta trascendencia en menos de dez meses. Neste eido, tamén é importante recoñecer que o PSdeG ten mantido un nível de afiliación moi por enriba da media estatal nun tempo de forte caída xeralizada das cifras de militantes do PSOE, así como se ten superado a situación critica no eido económico que chegou a ameazar a propia supervivencia do PSdeG nalgún intre. Estes son datos que se teñen que valorar xunto co feito que por primeira vez, e grazas aos resultados acadados en 2015 nas eleccións municipais -en particular nos concellos medianos e pequenos, que son a base do PSdeG- os socialistas gobernan tres deputacións provinciais, feito insólito na historia autonómica.

A situación é difícil, mais non desesperada. O PSdeG conserva as devanditas tres deputacións provinciais, unha ampla rede de concelleiros e ten unha forte presenza en alcaldías medias e pequenos concellos por toda Galicia como xa falaramos. O exemplo de vilas como Culleredo, onde a equipa liderada por Xulio Sacristán ten desenvolvido políticas sociais de proximidade, atención aos mozos, aos maiores e ás mulleres, aberto centros culturais e de ocio e posta en marcha o tecido productivo do concello xunto a un urbanismo responsable, son unha mostra que a xestión municipal socialista marca o camiño para recuperar o respaldo e o voto maioritario dos galegos.

O que suceda no socialismo español e europeo interésanos e aféctanos moi de perto. Por iso, é importante acudir a votar masivamente o 21 de maio

Agora neste intre o PSdeG, nas vésperas do seu congreso, está inmerso no proceso de eleccións primarias do PSOE. Non é algo alleo a nós. O que suceda no socialismo español e europeo interésanos e aféctanos moi de perto. Por iso, é importante acudir a votar masivamente o 21 de maio. Hai un forte movemento das bases socialistas, como se comprobou no amplo respaldo en avais, a prol do proxecto de renovación e apertura de Pedro Sánchez. Compañeiros destacados e moi respetados pola militancia coma Diego Taibo - o candidato máis votado na provincia coruñesa na elección de candidatos as autonómicas-, Eva Maldonado - a impulsora das sinaturas contra a abstención a Rajoy-  ou Rocío de Frutos - brillante deputada en Madrid- están a traballar arreo falando directamente nas asembleas e reunions nas nosas sedes por toda Galicia. Este diálogo directo e aberto coa militancia é un bo sinal, marca o camiño para os seguintes procesos de renovación en Galicia. En realidade, a votación do 21 de maio nas sedes do PSdeG e o PSOE vai máis alá de dúas ou tres candidaturas e confórmase coma un referéndum á militancia socialista sobre se se está de acordo, ou non, co apoio parlamentar ao actual goberno do Partido Popular e, en especial, coa decisión de absterse e permitir a investidura de Mariano Rajoy coma Presidente do Goberno. Eu, que teño moi presente os tráxicos resultados para o PASOK en Grecia pola súa alianza coa dereita e o seu apoio ás políticas de austeridade, creo que o millor é seguir outra vía. E, xa postos, que mellor que a vía dos nosos irmáns socialistas portugueses.

No meu ultimo encontro na bela vila de Coimbra co Primeiro Ministro portugués António Costa, nas eleccións autonómicas do pasado setembro, falamos sobre a relación de irmandade entre Galicia e Portugal, a colaboración no marco da CPLP entre os nosos pobos e tamén sobre a identidade común do socialismo galego e portugués nos obxectivos de xustiza social, defensa dos servizos públicos e crecemento económico sostíbel. Estas politicas que están a ser desenvolvidas en Portugal teñen sido reivindicadas en numerosas ocasions por Pedro Sánchez. Este, sen dúbida, é un motivo máis para apoiar a candidatura de Pedro Sánchez e contribuír dende Galicia ao cambio no socialismo español e europeo. O PSdeG ten que estar na primeira liña dos procesos de cambio e renovación que esta a viver a socialdemocracia europea e potenciar unha voz propia e diferenciada do socialismo galego nos debates e cuestións que atinxen a Galicia e o seu futuro.