O sábado asistín á presentación dun libro no concello de Meis, libro que trata da vida nese concello da II República á Guerra Civil, entre os asistentes había persoas que eramos de fóra do concello e estábamos alí por relación con algún dos autores ou por interese no tema, pero a meirade parte do nutrido auditorio estaba composto por veciños e veciñas dese concello que ían saber dun Meis

O sábado asistín á presentación dun libro no concello de Meis, libro que trata da vida nese concello da II República á Guerra Civil, entre os asistentes había persoas que eramos de fóra do concello e estábamos alí por relación con algún dos autores ou por interese no tema, pero a meirade parte do nutrido auditorio estaba composto por veciños e veciñas dese concello que ían saber dun Meis descoñecido.

Non vou falar sobre o libro pois aínda non o lin, cando o faga gostarame máis ou menos, coincidirei ou non coa estrutura ou coa visión que dean os tres autores do acontecido en Meis neses anos; pero sen telo lido comprobei que o libro “Para despois do silencio” acadou un dos obxectivos que buscaban os autores; no mesmo acto de presentación conseguiron que persoas do común, veciños, fillas, netos, curmáns, etc… de quen viviron aqueles anos e son protagonistas do libro coñezan un anaco da súa historia, unha historia agachada polo manto do esquecemento forzado, polo manto da represión e polo manto da mentira.

As persoas que asistiron a esta presentación souberon da importancia do movemento agrarista, dos sindicatos obreiros, de que houbo un alcalde comunista ou da presenza en Meis de Alexandre Bóveda organizando o Partido Galeguista.

No remate do acto, e mentres se facían cun exemplar do libro, parte dos asistentes comentaban que acababan de descubrir que Meis tiña sido un concello importante con xente disposta; e algúns tamén comentaban que era unha pena a ausencia do alcalde e da concelleira de cultura que tiñan sido convidados por autores e editorial.

Pouco sabían ao facer eses comentarios que a ausencia do PP estaba directamente relacionada co feito de que ese libro descubre que Meis ten historia, e nin o alcalde nin a concelleira de cultura estaban neste acto ao ser continuadores de quen quixo apagar a luz do día cun manto de silencio, de quen reprimiu despiadadamente tamén en Meis na longa noite de pedra.

En xullo celebrarase a festa dos callos a poucos metros de onde se presentou o libro e en agosto e non moita maior distancia está previsto que pase a volta ciclista a España, neses dous actos si que estará o goberno municipal, non é política.

 



x