Facer pedagoxía coa soberanía nacional é máis doado do que parece, sobre todo, cando goberna a Xunta de Galiza o PP, con Alberto Núñez Feijóo á cabeza. A praga da Tecia solanivora das patacas é un exemplo de libro. Tívose coñecemento do andazo en 1999, nas Canarias, e en 2015 detectouse en Ferrol.

A Xunta, con competencias exclusivas en materia de agricultura, desbotou adoptar ningún tipo de medida e hoxe 31 concellos afectados están pendentes de que o Ministerio de Agricultura publique o real decreto que, seguramente, prohibirá a plantación de patacas durante dous anos nas zonas prexudicadas. A Consellaría do Medio Rural renunciou a adoptar medidas hai dous anos, en canto se detectou a presenza da praga na Galiza. Nese momento, as restricións afectarían menos territorio e as perdas económicas serían moito menores.

Á espera de que Madrid mova ficha, Medio Rural vén de publicar unha resolución parca en medidas que non esclarece quen controlará se se arrincan ou se destrúen as patacas nin se haberá compensacións económicas. Ante a falta de información, a meirande parte dos agricultoras e agricultores afectados –máis do 20% das patacas que se producen no Estado proceden da Galiza- xa compraron a semente ou xa comezaron a plantar e non entenden o porqué de tanta espera. Débese a ter un presidente que actúa como delegado do goberno central neste país.

x