O ataque dos Estados Unidos contra unha base militar siria o pasado 7 de abril mostra, máis unha vez, a ameaza que o imperialismo representa para a paz. Trump xustificou a agresión sobre a base dun suposto ataque con armas químicas do Exército sirio nunha zona controlada polas forzas que se autoproclaman como rebeldes. Mais estamos perante un xuízo condenatorio sen probas. Moscova e Teherán pediron unha investigación independente dos feitos. Os EUA non están interesados en tal cousa, preferen actuar como o sheriff global que impón a súa hexemonía manu militari.

A seguir á agresión a Siria, os EUA puxeron no albo Corea do Norte. Aquí cuestiónase o dereito dun pobo soberano a se dotar de meios de defensa sen os cais a bon seguro sería arrasado como o foron recentemente o Iraque e Libia. Meios de defensa que en mans dos EUA son de ataque.  Lembremos que a arma nuclear só foi empregada militarmente unha vez na historia, e foi o imperialismo yankee quen perpetrou a agresión.

Non sobra na sociedade galega o debate -e a mobilización- sobre estes asuntos. A paz está en risco. E hai que pór nome a quen constitúe a maior ameaza para ela. Chámase imperialismo


 



x