No último 25 de xullo, Ana Pontón, nova portavoz, fíxolle unha homenaxe a un nacionalista, a alguén do que aprendeu: Paco Jorquera. Puido escoller outros, pero escolleu a Jorquera. Todo un síntoma.

Jorquera, aínda que moitos non o saben, foi a sombra de Beiras nos anos de viño e rosas. Era o que defendía e organizaba para que o líder brillase. Jorquera era a sensatez e a calma cando Beiras se encaprichaba ou cando entraba en fase sputnik.

Sobre Jorquera non se escribiron artigos rimbombantes na prensa de Madrid e, polo tanto, tampouco na galega. Aos do Bloque de agora gústalle falar das formigas traballadoras. Jorquera era unha formiga. Un animal que, tomado como símbolo, expresa toda unha ideoloxía.

Ana Pontón representa, por si mesma, o cambio de xeración e unha nova linguaxe. 

Ana Pontón, Jorquera e as formigas. Velaí un título posíbel.

Ana Pontón representa, por si mesma, o cambio de xeración e unha nova linguaxe. Abandona as expresións bélicas (rearme ideolóxico, inimigo, batalla, loita) e, co resto do grupo parlamentar, rebaixa a testosterona do nacionalismo, que quizais foi inevitábel nos últimos anos de Franco, pero que non reflicte a sociedade actual. Tamén a Podemos, que é unha organización nova, lle sobra testosterona. O BNG está acertando aí.

Podemos e o PSOE operan practicamente no mesmo ámbito. Dalgún modo, haberá unha fusión. O escenario non está para luxos

Non todo é novo. Pontón recolleu nesta campaña a tradición do mellor BNG, o que sabe definir o adversario. Deixando, de paso, en evidencia a Podemos que non foi capaz de pactar co PSOE.

Unha líder, con grupo parlamentar e unha organización de caras profundamente renovadas, ademais de unida, non é pouca cousa. Sobre todo porque a economía vai coñecer novas recaídas e o PP, coa súa maioría, terá que responder a moitas esixencias.

Podemos e o PSOE operan practicamente no mesmo ámbito. Dalgún modo, haberá unha fusión. O escenario non está para luxos. A pesar de Villares, que aínda é novo, En Marea fíxose maior o 25-S. Dentro de catro anos pode haber novas siglas en liza. O tempo corre á présa.



x