O tempo dos lamentos xa pasou. Onte foi onte, queda lonxe, e a raiba tamén. A min non me valen os “e si”, os machaques continuos e a culpabilización indiscriminada porque si, tanto a xogadores e a o entrenador, como ao céspede, aos andamios de Balaídos, ao paxaro que pasaba por alí e até a ese pobre recolle pelotas que se retrasou máis dun segundo na entrega de balón. A afección, claro, nunca ten culpa de nada. Os que se sentan en Balaídos a ver pasar o tempo, mentres o equipo precisa dos seus folgos, nunca teñen a culpa da nada do que lle pasa ao equipo.

O único que me vale agora é que o Celta ten un pequeno mundo de posibilidades ás que me nego a renunciar.

A mellor noticia é que o Panathinaikos non se xoga nada, a peor é que non espero un partido cómodo para o Celta

E, como un día crin nese mínimo 4%, hoxe creo, mañán tamén e crerei até o último segundo do partido contra o Panathinaikos que si é posible. Non se chega a xogar unha competición europea para rendirse ás portas. Ninguén dixo que o camiño ía ser sinxelo, e quen o dixo pecou de inxenuidade. O equipo dá o que dá, e o Standard onte tiña as mesmas necesidades que o Celta. Non estabamos xogando sós, pero o próximo día 8 é outra historia, aínda que non dependemos de nós mesmos, o escenario non é o peor posible. O Celta é un equipo ofensivo, que sabe pelexar (si, sabe) e marcar goles, e Aspas non os marca só. Temos equipo e xogadores abondo para facer un xogo o suficientemente ofensivo para gañar o partido. Atenas non é a localización ideal, pero é a que toca. A mellor noticia é que o Panathinaikos non se xoga nada, a peor é que non espero un partido cómodo para o Celta. Só temos que marcar un gol máis que o Lieja e iso é que o que debemos repetir coma un mantra todos ao unísono até que quede ben gravado nas 'cacholas' celestes.
A min xa non me valen os 'machacones´que se empeñan en vivir nun pasado inexistente de entrenadores 'super' malignos e xogadores pouco comprometidos. Necesitamos un equipo extra motivado, que non busca excusas e si solucións, porque o tempo dos lamentos virá despois. Agora é o tempo de mirar cara adiante, da confianza no equipo, de non poñer pedras no camiño e de apelar a 'épica' como sempre fixo este Celta nos momentos chave.

“Se eu puidese, renovaría esta mesma noite Berizzo. Deixaría en branco a casilla dos anos de contrato”. A frase cóllolla prestada a Juan Carlos Álvarez, xornalista do Faro de Vigo que onte despois do partido escribiu este tweet ante o 'linchamento' que estaba a sufrir o 'Toto' nas redes sociales. E eu engadiría: cos ollos pechados.