Un fin de ano redondo para un ano (case) perfecto do Celta

María Sabarís - Xornalista


A vitoria en #onosoderbi é o mellor peche que se lle pode poñer a un ano cheo de grandes momentos para o celtismo onde Mánchester foi sen dúbida o lugar chave nun ano que será recordado como aquel no que o Celta foi quen de chegar a unha semifinal europea por primeira vez na súa historia.

 

Aspas acaba o ano como o mellor xogador deste equipo. Volveu amosalo en Coruña, marcando dous goles e sendo o motor que empurra ao equipo cara o gol. Este foi probablemente o seu ano, o da súa confirmación como líder indiscutible do Celta e o da súa afirmación como un dos mellores xogadores da liga. A pesar de que o inicio do campionato foi un tanto complicado para el pola falta de goles, ao chegar o primeiro, chegaron os demais. Co novo entrenador e as novas necesidades Aspas viviu as primeiras xornadas como extremo dereito pero claramente ese rol non funcionou. Unzué foi quen de darlle liberdade necesaria que o de Moaña precisa para moverse dentro da área sen restriccións e iso foi chave para o equipo. Aspas é a referencia e o seu entendemento con Maxi é agora unha realidade que significa goles para o equipo.

 

Pero o 2017 deixou, sobre todo, unha idea de equipo únido, ese que foi quen de loitar contra xigantes e facer un oco de novo en Europa, ser quen de espertar as miradas do fútbol europeo e abraiar co seu fútbol sen complexos. E iso foi fundamental para lograr metas a todas luces inalcanzables para un equipo co orzamento do Celta. Berizzo foi o perfecto maestro de orquestra dese equipo único, o seu liderado está fora de toda dúbida. Fon quen de prescindin dun xogador como Orellana en beneficio do grupo e foi quen de deixar até o último alento levando o equipo a poñer ao Manchester United máis que nervioso. A marcha de Berizzo foi sen dúbida o grande fracaso do Celta. A incapacidade de negociación do clube e probablemente a falta de motivación do arxentino abríronlle  as portas de Balaídos agardando telo de volta en Vigo nun futuro non moi afastado.

 

Vitoria foi a grande decepción do ano. Quizáis o único punto negro do 2007. Esa final da copa tan preto e tan afastada. Ao equipo faltoulle mesura e tranquilidade para ser quen de gañarlle a un equipo teoricamente inferior e chegar de novo a unha final de copa. Eses dous encontros deixaron demasiadas preguntas na afección despois da mala imaxe do equipo, totalmente superado por un Alavés absolutamente superior.

 

Pero sobre todo, o 2017 foi o ano do #Manchesterisblue. Ese azul celeste que tinguiu as rúas de Manchester coa afouteza e a ilusión de máis 2000 almas celestes. Foi ese o momento a perdurar na memoria do celtismo. Un día inesquecible no que a afección non dubidou en acompañar ao equipo motivado por uns xogadores e un entrenador capaces de todo. A súa motivación foi a dos xogadores e xuntos foron quen de rozar coas xemas dos dedos esa final soñada que antes ou despois volverá a aparecer no horizonte do equipo.

 

No ano 2018 non haberá final europea pero hai demasiados obxectivos polos que loitar para non deixar ao equipo caer no desanimo. Queda toda unha segunda volta para amosar do que é capaz este Celta e para que a afección recupere a ilusión e a afouteza necesaria para vivir grandes momentos co equipo.



x