Maximiliano, primeiro

María Sabarís - Xornalista


Reducir o encontro do Celta contra a Real Sociedad ao resultado final resultaría moi simple se non se olla de preto o partido completo. O Celta gusta e gústase. A pesar dos temores iniciais tras unha pretempada con máis dúbidas que certezas, o equipo respondeu positivamente ás primeiras.

 

 

O balón é o protagonista con criterio, o xogo do equipo é máis directo quizáis que o ano pasado, amosou máis ritmo co balón e arriba máis claridade que en moitas fases do curso pasado. Certo é que esta é a primeira proba, que serve para ver o estado xeral do equipo pero da que non convén sacar conclusións precipitadas. O Celta segue tendo os mesmos 'pecados' que o ano pasado e os goles da Real Sociedad foron máis desmerito celeste que acerto txuri urdin. Deixamos demasidos ocos atrás, perdemos o control en moitas accións e aínda queda moito entendemento ao xogar o balón desde atrás. O penalti de Jonny, aínda que semella fóra da área, é un toque de atención para o vigués que estivo demasiado revolucionado, especialmente coa entrada de Vela no campo. Vela fixo á perfección o seu traballo de molestar e Jonny caeu na 'trampa'. Pero como digo, isto só nos pode servir de ensinanza. Recordo o primero partido de liga do curso pasado contra o Leganes (0-2 para os de Madrid) como un verdadeiro toque de atención para o equipo, que se amosou totalmente superado por un recén ascendido.

 

Deixamos demasidos ocos atrás, perdemos o control en moitas accións e aínda queda moito entendemento ao xogar o balón desde atrás

 

As sensacións do sábado foron moi diferentes, boas, moi boas diría. O Celta ofreceu o que se espera del, xogo entretenido, gusto polo balón e goles. E parte da culpa desa boa imaxe do equipo tena un rapaz uruguaio de 21 anos, Maximiliano 'Maxi' López. Descarado, atrevido, intelixente, soubo moverse estratexicamente dentro da área para axudar os compañeiros e estar 'aí' nos momentos chaves do encontro.. As sensacións que deixou no verán confirmáronse o sábado. Deixando a un mancado (e seguro que preocupado) Guidetti na bancada vendo a súa titularidade na corda frouxa. De todas as noticias positivas que deixou o equipo no terreo de xogo, Maxi foi a primeira e máis ilusionante. Pero non foi a única, Jozabed volveu a confirmar que será este ano un home importante para o xogo do equipo, a loita pola titularidade con o 'Tucu', será interesante. Wass completou un bo encontro e o recén chegado Lobotka, nos minutos que estivo no terreo de xogo, semellou totalmente adaptado ao equipo e ás súas características. Un bo comezo para un equipo que claramente necesita a estes 'magos' do balón para facer desta primeira e ilusionante imaxe un proxecto de futuro que leve o equipo a consolidarse nos postos altos da clasificación. Agardemos que esta sexa a primeira de moitas boas novas e que Maxi se confirme como o primeiro de moitos 'homes gol' este ano.



x