Saltar ao contido
15:32 h. Cuarta feira, 17 de Setembro do 2014

Opinión

María Sabarís

María Sabarís

Xornalista
Vota:

O Celta é un equipo feliz

Quedan cinco xornadas para que remate o campionato de Liga e, así sen botar cartas nin nada, case podo afirmar que o Celta non vai baixar a segunda división. Non vai baixar porque non quere. Tardou si, pero o equipo soubo saír do tunel onde se atopaba. Saiu volvendo ás orixes, volvendo a xogar ao fútbol e volvendo, fundamentalmente, a gañar.

"Quedan cinco xornadas para que remate o campionato de Liga e case podo afirmar que o Celta non vai baixar a segunda división".

O Celta foi quen, por primeira vez na tempada, de gañar dous partidos seguidos. Foi quen de manexar a presión e aguantar máis de 70 minutos cun solitario gol a favor. E volveu ser quen de rematar un partido sen encaixar gol. Nesa volta ás orixes, Mikael Krohn-Dehli é unha peza chave. O danés volveu da súa viaxe por ningunha parte para deleitar de novo ao espectador coa súa visión privilexiada do fútbol que lle permite poñer balóns no lugar preciso para facer gol. Ademáis, a aposta de Abel Resino por compoñer a zaga celeste con catro homes da canteira tivo como recompensa maior rendemento do equipo e maior seguridade atrás.

"Contra o Levante o Celta volveu crer, sacou a presión de enriba e agora é un equipo feliz".

Sei do arriscado da afirmación que veño de facer, sobre todo, hoxe en día no que as verbas non as leva o vento. Pero, tamén sei do imortante que é crer. Cando un equipo deixar de crer, deixa de correr e deixa de intentalo. Cando un equipo non cre, ríndese. O pasado luns, contra o Zaragoza, o Celta creu, correu até rebentar e intentouno até atopar a recompensa do gol no tempo engadido. Contra o Levante o Celta volveu crer, sacou a presión de enriba e agora é un equipo feliz.

Outros artigos
Outras voces