Dende o ano 2014 a Xunta traballa para  revisar (retocar e actualizar) o Plan Forestal elaborado no ano 1992. Despois dos grandes incendios do 2017, no ano próximo, a Política Forestal vai afrontar unha revisión, a pregunta que moitos fan é ¿ Será continuista,  ou  cambiaran o fundamental?

 

Fai 25 anos, na aprobación do Plan Forestal figuraba como un punto básico aumentar a produción de madeira  de piñeiros e eucaliptos: así contentábase a industria da celulosa e as fábricas de taboleiros e chapas. O modelo de monte  do 92 centrado sobre especies de crecemento rápido foi idóneo para dúas grandes empresas : ENCE e FINSA,  pero prexudicial noutros sectores, os resultados  despois de 25 anos de política forestal moi resumidos están a vista:

Fai 25 anos, na aprobación do Plan Forestal figuraba como un punto básico aumentar a produción de madeira  de piñeiros e eucaliptos: así contentábase a industria da celulosa e as fábricas de taboleiros e chapas

 a)  Conseguiron que Galicia sexa o primeiro produtor de madeira do Estado, eso si madeira de baixa calidade. Mentres as cortas de madeira de piñeiros e eucaliptos alcanzan da orde de 8 millóns de m3 de madeira/ano, a de frondosas autóctonas  (carballos, cerquiños, castiñeiros, bídalos, ameneiros...) é  insignificante e chega apenas ao 4% do total, con menos de   280.000 m3.

Conseguiron tamén que o noso país fose “Campión” en  número de incendios  e superficie arrasada , no 2017 foron aproximadamente 60.000 hectáreas queimadas. Na loita contra incendios forestais a Xunta de Galicia  presupostou no ano 2016  100 millóns de euros e en gastos de ordenación da produción forestal  72,5 millóns de euros.  Pola contra a empresa privada de celulosa ENCE máxima beneficiada pola política forestal actual so gasta anualmente na prevención de incendios entre 600.000 e 1,2 millóns de euros .

 

b) A nivel económico, a venta de madeira supón na actualidade da orde de 300 millóns de euros/ano (non se di que so a venta de castaña supón 50 millóns/ano) e temos unha importante primeira transformación da madeira  para pasta de papel, chapas e taboleiros, pero tan só podemos transformar en Galicia o 20% da madeira que serramos, o 30% dos taboleiros e chapas que fabricamos e o 1% da pasta de papel que sae de ENCE en Pontevedra. En definitiva exportamos  case un millón de metros cúbicos de madeira , o 80 % da madeira serrada ,o 70% dos taboleiros e chapas e case o 99% da celulosa.

 

c) A política forestal incidiu directa ou indirectamente na saída de poboación do campo a cidade , non serviu para fixar poboación no rural, nin para impedir o peche de centos de serradoiros dispersos pola nosa xeografía, nin para frear a perda de postos de traballo en sectores como carpintería, ebanistería, moble, envases e embalaxes... Nin tampouco serviu para impedir , mais ben acelerou a baixada da nosa cabana gandeira en particular en vacún e ovino, os censos de vacún  no ano 2002   daban 1.125.249  de cabezas  e na actualidade  non chegan a 950.000. O gando ovino que no ano 2002 era de 242.432 cabezas  na actualidade está en 172.486  exemplares e a tendencia é a seguir baixando, aínda sendo como é imprescindible o ovino  na prevención de incendios.

 

d) ENCE de Pontevedra  producía no ano  1997 292.000 t de pasta de celulosa ao sulfato, no ano 2017 produce  422.257 toneladas  e adquire madeira  nun volume que oscila de 2,2 a 2,5 millóns de m3. Os proxectos  de Ence para o ano 2018 é aumentar a produción de celulosa 30.000 toneladas e no ano seguinte noutras 40.000 toneladas. Si agora  consume  case a terceira parte da madeira que se tala nos anos próximos será moito mais.

 

Finsa, produtora de taboleiros e chapas medrou de forma exponencial dende o ano 1992, comprando e absorbendo outras empresas e converteuse nunha gran empresa multinacional. Nas súas catro factorías galegas  produce mais dun millón de m3 de taboleiros e chapas. 

Pero a Xunta non quere ver  os aspectos negativos do Plan Forestal do 92 e pretende a toda costa que a Revisión do Plan siga aumentando a produción de  madeira, en base a aumentar a superficie forestal arborada

Pero aínda que non o teñan en conta o custo ambiental de Ence e Finsa é moi alto tanto na atmosfera como na auga (Ría de Pontevedra por exemplo) con importantes  emisións de: dióxido de carbono, óxidos de nitróxeno, partículas, mercurio, benceno, naftaleno, zinc, cadmio..., é dicir gases e partículas que afectan a saúde humana e o ambiente ( gases de efecto invernadoiro, gases acidificantes...)

 

Pero a Xunta non quere ver  os aspectos negativos do Plan Forestal do 92 e pretende a toda costa que a Revisión do Plan siga aumentando a produción de  madeira, en base a aumentar a superficie forestal arborada.  Oculta que en realidade si se quere producir máis madeira pode facerse sen necesidade de aumentar  a superficie, basta con ordenar, organizar e xestionar adecuadamente o que temos hoxe. So temos ordenada  e con prácticas silvícolas  unha mínima parte do monte arborado .

 

Nos próximos anos a Xunta  pretende utilizar maiores recursos económicos para conseguir que so ardan 15.000 hectáreas no 2020 e 10.000 hectáreas no ano 2039. Estas cifras parécelle un éxito porque este ano arderon 60.000 hectáreas. Non se formulan poñer como “obxectivo” erradicar os incendios. Tampouco a utilización da gandeiria (en liberdade ou semiliberdade)  para prevención. Ignorarán as súas propias Leis e Normas : distancias das plantacións a vivendas,  rios..  Non perseguirán, nin   sancionarán aos que realizan  plantacións ilegais de eucaliptos ( hoxe máis de 30.000 has) e quedarán sin coñecerse os axentes da “trama incendiaria” en activo para o futuro.

 

Coa Revisión seguirán utilizando as mesmas especies nas repoboacións,  e mesmo aumentarán as repoboacións de piñeiros ( P. pinaster, insignis e sylvestris) entre o 12-16% , e manterán as de eucalipto aínda que recoñecen  que as “ plantacións de eucalipto excederon a extensión prevista para o ano 2032 en  230.000 hectáreas máis (15 anos antes do previsto segundo o Plan do 92)” . Tamén queren relanzar ao Eucaliptus glóbulus fronte o Eucaliptus nitens aínda que  recoñecía no 2015 que os eucaliptos ocupan mais de medio millóns de hectáreas ( posiblemente  na actualidade  sexan case 600.000 hectáreas de un total de  1,4 millóns ). A revisión seguirá co  abandono do bosque autóctono e do bosque de ribeira, e negando a plantación de especies caducifolias propias, aínda que si recoñece que o “bosque autóctono despois de 25 anos so cumpriu as expectativas previstas en Ourense quedando   lonxe nas demais provincias especialmente A Coruña e Pontevedra”

 

En definitiva  a liña de Revisión do Plan Forestal vai profundizar na mesma orientación que o Plan Forestal do 92  para aumentar a produción madeireira e esquecéndose da madeira de calidade e da instalación de industrias da segunda transformación da madeira.  Ence e Finsa aplaudirán .

 

Pode que  algo insignificante mude para que todo siga igual.



x