En 1976, as asociacións de veciños convértense en propagandistas de novas formas reivindicativas á búsqueda de concellos democráticos. A diferencia de outros movementos obreiros ou estudiantiles, estas organizacións de base plantexan unha contestación global ás corporacións franquistas e representan unha posibilidade real de transformación dos barrios, reducidos durante a dictadura a patios traseiros das ciudades. Os tempos estaban cambeando, e tamén as formas de reivindicar: asembleas abertas, denuncias públicas e manifestacións transmitiron estes cambeos. Desenvolvían accións de sensibilización e axitación en torno á casuística de cada demarcación. Era un movemento que quería agudizar as contradiccións do sistema e ofrecer alternativas viables a barrios sen urbanizar e carentes de equipamentos sociais. Era, en definitiva, un movemento de masas, pero, a súa vez, un movemento social. De masas, porque foi capaz de arrastrar a xentes alleas a calquera plantexamento ideolóxico preconcebido, e social porque contribuiu a crear as condicións necesarias para acadar os concellos democráticos.

 

A Coruña rexistra unha extraordinaria actividade veciñal e destacan propostas radicales para a época como a petición de diversa infraestructura en forma de centros culturales, deportivos, sanitarios, escolares ou, sinxelamente, zonas verdes, chegando mesmo a converterse en catalizadoras dunha alternativa vital nos barrios. As reunións, moitas veces clandestinas, serven para espallar visións ou plantexar dilemas susceptibeis de ser ensaiados. Foi un período marcado pola búsqueda de cambeos radicales en institucións alleas ás inquedanzas da veciñanza alimentado por necesidades básicas como alcantarillado, pavimentación de rúas e puntos de luz. As reivindicacións trataban cuestións moi sentidas polo conxunto da poboación no seu intento por acadar a súa identificación coas asociación de veciños.

 

Era un movemento que quería agudizar as contradiccións do sistema e ofrecer alternativas viables a barrios sen urbanizar e carentes de equipamentos sociais

 

Os nomes de cabeceira deste movemento medran ao calor das diferentes reivindicacións, beneficiados por uns medios de comunicación que foron canles de difusión fundamental non só na propagación das reivindicacións da veciñanza, e na convocatoria de todo tipo de actos, senón tamén no éxito de moitas delas. Foi a través dos medios de comunicación como se lexitimou o movemento veciñal diante da opinión pública, pero tamén representaron o instrumento máis axeitado para vehiculizar as presións sobre as diferentes institucións. Xornalistas de grande profesionalidade, souberon captar e trasladar á cidadanía os sentimentos que reflexaban as notas de prensa das asociacións de veciños e que logo desenvolvían en columnas de análise municipal. As súas crónicas revelaban unha autonomía que hoxe poucas veces poden permitirse.

 

A primeira corporación democrática, presidida polo nacionalista, Domingos Merino, toma posesión o 19 de abril de 1979. Non só trouxo a A Coruña unha nova concepción das relacións cos movementos de base, permitindo mesmo debates públicos e abertos nas súas sedes cos propios concelleiros, senón que comenzou a plantexar alternativas a cuestións como o ensino, a sanidade, a cultura, o medio ambente, o urbanismo ou o deporte. Por suposto, algúns temas campaban sobre un ceo repleto de esixencias dos sectores máis recalcitrantes da cidade en forma de Alvedro ou a capitalidade que se agudizaron co intento golpista do 23 de febreiro de 1981. Dous anos despois de acceder ó cargo, o alcalde Merino, canso de aturar tamén aos socios de goberno que daban renda solta ás liortas de desestabilización cando non muñindo operacións de derribo, presenta a súa dimisión o 27 de febrero de 1981.

 

Por entón, Marcelino Liste, morto en 2013, á idade de 88 anos, era o home co que se identificaba o movemento veciñal coruñés. Foi moito máis que un símbolo eficaz de reivindicación porque fixo accesible a participación da veciñanza en entidades de base co seu traballo infatigábel e a súa capacidade de convencemento. Abriu brecha para continuar espallando as asociacións de veciños por todos os barrios ata o ponto de que aínda hoxe se venera a súa figura. O premio “Marcelino Liste, Xustiza e Liberdade”, inspirado polo club de opinión Foro Cívico, co patrocinio institucional da vicepresidenta da Diputación, Goretti Sanmartín, e do concelleiro de Cultura do Concello, Xosé Manuel Sande, serve para rescatar públicamente unha traxectoria que acadou unha altísima popularidade nunha etapa difícil na que se intentaba superar os atrancos da transición e na que había que convivir coas secuelas dun fallido golpe militar e un xuizo posterior repleto de riscos.

 

Marcelino Liste, morto en 2013, á idade de 88 anos, era o home co que se identificaba o movemento veciñal coruñés

 

Factor clave no declinar das asociacións de veciños foi o acceso de Francisco Vázquez á alcaldía o 23 de maio de 1983. Coincidindo coa retirada de Marcelino Liste e con honrosas excepcións, o movemento veciñal preferiu o entreguismo ó Concello. E certo que o mandato de Vázquez foi o da execución do Paseo Marítimo ou dos centros científicos, pero, quen poderá negar que tamén foron as lexislaturas na que maiores réditos obtiveron os especuladores do chan a costa mesmo de destruir todo o tecido industrial. Para que falar de asuntos herdados daquela etapa como o edificio de Fenosa, Ofimático, Someso ou Durmideiras!

 

O máis seguro é que Marcelino Liste quixera no que vai da súa época á actual, manter a ilusión de que a actividade das asociacións de veciños contribúa a acadar millores cotas de benestar social. Iso, a moitos que o coñecimos, aínda nos emociona.



x