Artigo N 1: SITUACIÓN, debullar a mazaroca. A besta réxime do 78 entra en pánico.

 

Este será o primeiro dunha serie de artigos concatenados, para tentar establecer unha proposta de posicionamento político global no momento actual. Artigos o máis sintéticos e sinxelos posibles, tendo a vocación de, a pesar de estarmos excluídos dos circuítos dos mass media, chegar ao máximo de persoas, e non só aos círculos endogámicos no que tantas veces a esquerda nos ancoramos erroneamente.

 

Na TV e na prensa só se fala de Catalunya e de Venezuela, e mentres os bancos, o Ibex 35 e o PP (co apoio de PSOE e C´s) rouban miles de millóns de euros por ano, en base a corruptelas, estafas legais, precariedade e espolio, mentres recortan cada vez máis os nosos dereitos sociais e laborais e as nosas liberdades. Pola súa vez este conxunto de poderes fácticos, o que eu defino como Reino Capitalista de Espanha, preparan contraofensivas de manipulación mediática, control xudicial e represión policial, a unha escala nunca vista ata o de agora nestes 40 anos de falsa democracia.

 

Observámolo todos os días: inhabilitacións de por vida, multas impagables e mesmo condenas de prisión, por escribir un tweet, organizar unha manifa ou portar a imaxe dun [email protected] nunha faixa. Mentres o poder mafioso subvenciona os medios afíns, outros xornais e artistas son censurados, ou fican baixo ameaza (Hispán TV, RT) no caminho do que fixeron con Eguin. Á vez, os casos de “enaltecemento do terrorismo” son usados como comodín dunha persecución e criminalización ideolóxica sen cuartel.

 

Na TV e na prensa só se fala de Catalunya e de Venezuela, e mentres os bancos, o Ibex 35 e o PP (co apoio de PSOE e C´s) rouban miles de millóns de euros por ano

 

A Lei Mordaza espalla e repite a velha estratexia da Lei Corcuera e o estado espanhol convértese nun estado de excepción, pero xa non só para as vangardas da luita, senón para case todo o pobo, especialmente aquel que se mobiliza e se rebela. Aplican a un tempo o control absoluto desde o poder económico sobre o poder político, control que á sua vez exerce o poder político sobre o poder xudicial.

 

Cada vez hai menos argumentos para poder dicir que vivimos nun estado democrático e de dereito, mais si governados por unha plutocracia amparada nun estado con trazas de excepción, que elimina ás testemunhas e aparta xuíces incómodos, e verbalízanse exaltacións neofranquistas públicas, como as últimas de M. Rajoy amosando a formación fascista que profesa ou a cagarría autoritarista a lo J. M. Ansar de Soraya gobernadora do Virreinato temporal de Catalunya. Bon, quizais Soraya e Rajoy levaban unhas copas ou estupefacientes de mais, sabemos que o Partido Podre ten grandes contradicións, como por exemplo ser o partido da moral cristiana franquista inquisitoria, e á vez o partido máis amigo dos narcos, coisas, mais a MAFIA ten que ter amigos ata non inferno, non? O que quizais non cheiran, rodeados do seu propio esterco, é que o chan por baixo dos seus pés estase derrubando.

 

O monstro non naceu coa crise-estafa de 2008 nin coa maioría absoluta fraudulenta do PP de 2011, aquí só comezou a retirar por completo a súa mascara. Despois de derrubar a democracia e asasinar ou afastar as principais persoas e colectivos da vangarda social, co golpe fascista do 1.936 e os 40 anos da longa noite de pedra, os governantes da ditadura franquista contemplaron perplexos a revolução dos cravos do 74. É aí cando as elites burguesas que daban soporte ao réxime deciden acelerar os pactos cos entreguistas do PCE Carrillista e co PSOE Felipista.

 

O monstro non naceu coa crise-estafa de 2008 nin coa maioría absoluta fraudulenta do PP de 2011, aquí só comezou a retirar por completo a súa mascara

 

Mediante un hábil desenho, que por veces revestiu formas sofisticadas e ben sincronizadas con sectores “aperturistas” e oligarcas pro-europeus e pro-ianquis, as máis importantes organizacións da esquerda clandestina espanhola, especialmente o PCE euro-comunista, foron efectivizando, con forte oposición das bases, os principios políticos da chamada reconciliación “nacional” e do “pacto pola liberdade” trazados dúcias de anos atrás.

 

As elites franquistas conseguían desfacer, co concurso impagábel da cúpula do PCE e do PSOE vendidos polo pacto de lentelhas das súa legalización e participación electoral, o apertado nó xa comesto polo tempo, pero só para colocar unha nova atadura mais grosa e forte, para comezar de novo a apertar. Realizaron concesións temporais de carácter formal, para satisfacer con migalhas as demandas das cúpulas socialdemócrata e euro-comunista coa intención indisimulada de fraccionar e trabar calquera revolta momentánea, para erguer un suposto escenario en forma de estado de “dereito” controlado por eles.

 

Cunha “monarquía parlamentaria” do sucesor de Franco e a IMPUNIDADE TOTAL para os militares e altos cargos represores e asasinos-torturadores da ditadura, cunha lei electoral fraudulenta feita á súa medida e cuns medios de comunicación e de produción cultural controlados polo poder económico e co pano de fondo perfecto do PACTO SOCIAL POLÍTICO E ECONÓMICO (da Moncloa), que permitise despexar o horizonte da operación de consolidación da vía económica de axuste, a medio prazo, para a tranquilidade do gran capital no proceso de integración europeu, do que tanto o PCE, como o PSOE e os seus respectivos sindicatos, CC.OO e UGT eran decididos e entusiastas partidarios.

 

Neste novo contexto tutelado de “consenso” entre cúpulas, iniciouse a edificación da chamada “transición modélica”

 

Neste novo contexto tutelado de “consenso” entre cúpulas, iniciouse a edificación da chamada “transición modélica”, que pasado o primeiro decenio derivara xa claramente cara formas autoritarias e profundamente represivas, primeiros “axustes” económico-sociais e acordos recentralizadores (LOAPA), censura selectiva e persecución de disidentes, etc. Sumando a desinformación masiva e o dominio da produción cultural, dentro dun sistema económico cada vez máis especulativo e usurpador sen control, que abría o paso á presente etapa neoliberal; de certo crecemento macro-económico e profunda decadencia e desactivación da conciencia de clase, sometemento do espírito de rebelión que aínda ficaba, e declive da organización e combate da clase obreira, que foi esmorecendo.

 

Década tras década o réxime político do 78, controlando e sometendo o contrapoder das organizacións principais da esquerda anti-franquista, foise convertendo neste sistema que conhecemos. Un monstruo sistémico corrupto de dúas cabezas visíbeis, AP/PP-PSOE, que hoxe está xerarquizado desde o PP de M. Rajoy á cabeza, posuidor do orgullo criminal de ser o N1 en corrupción, sendo o titular dun 60-70% do custo da corrupción de todo o reino.

 

Este binomio-mafia do Partido Podre arruinounos a vida á maioría: privatizou os bancos, empresas e servizos públicos, proseguiu coas reformas laborais máis draconianas en favor da patronal, especulou destruíndo a maioría dos recursos naturais e mesmo paisaxes dos pobos e comunidades e xerou a burbulla inmobiliaria con millóns de damnificados a partir da crise de 2.008. Resgatou a banca privada, recortou e privatizou masivamente os servizos públicos e condenou á precariedade, miseria ou exilio a MILLÓNS de PERSOAS en todo o estado espanhol, especialmente no sur da península e en Galiza, onde padecemos o triple de emigración que a media espanhola xa de por si avergonhante.

 

Década tras década o réxime político do 78, controlando e sometendo o contrapoder das organizacións principais da esquerda anti-franquista, foise convertendo neste sistema que conhecemos

 

Mais non todo esta perdido, o réxime do 78, que non é mais que o xeito en como se aplican as medidas da oligarquía espanhola e europea ao territorio que a día de hoxe representa o estado espanhol, actúa deste xeito polas súas propias insuficiencias, pola desesperación ante a conxuntura internacional pavorosa. Debido á súa natureza corrupta e depredadora, non pode dar unha solución real aos problemas e inxustizas que cada vez sofren con maior intensidade millóns e millóns de persoas e trabalhadores, pois o réxime mesmo é a causa base de toda esa inxustiza.

 

É así que, a pesar do seu tremendo control económico, mediático e cultural (progre-burgueses tertulietas, pseudointelectualoides de poltrona etc), innumerábeis mobilizacións e organizacións populares ténhense erguido e resistido nas últimas décadas: folgas xerais e mobilizacións obreiras, sindicatos de clase e patrióticos, organizacións políticas comunistas, socialistas, e de base soberanista, movemento feminista, ecoloxista e estudantil, auto-organización obreira e comunitaria, “Nunca Mais”, “15M”...

 

Sen dúbida unha das claves é a acción directa e ir traballando nun maior asentamento de traballo colaborativo e cotiá entre todos os movementos, en todas as frontes para aumentar unha rede de mobilización e luita continua en base á rebeldía e á solidariedade permanentes, rachando sectarismos, instrumentalizacións, electoralismos, e outras dinámicas perversas.

 

O réxime do 78 non é mais que o xeito en como se aplican as medidas da oligarquía espanhola e europea ao territorio que a día de hoxe representa o estado espanhol

 

E tamén é salientábel que grande parte desta mobilización social ten a súa punta de lanza actual en todo o Procés catalán, republicano e masivo, unha revolta que esta conseguindo ponher contra as cordas a todo o réxime. Réxime que esta reaccionando dun xeito insólito de represión desmedida xeneralizada, e nunca vista antes. Durante mais de cinco anos a sociedade catalá expresou mediante as manifestacións máis masivas de Europa e as maiorías parlamentarias, a súa vontade de exercer o seu dereito a decidir democraticamente o seu futuro, e este foille negado permanentemente. A resposta do Reino do 78 foi encarcerar, co pretexto do golpe de estado suave do 155, e fóra de calquera lóxica democrática e da premisa da separación de poderes, o goberno electo polo pobo catalán e os dirixentes dos seus movementos sociais (Jordis).

 

A Lei Mordaza súmase agora a dispositivos de milleiros de policías reprimindo todo un pobo e a unha campanha mediática BRUTAL, onde participan todos os grandes medios espanhois, dende La Sexta ata Antena 3, mesmo contratando actores.., algo vomitivo. Unha campanha pensada non só para criminalizar a todo o movemento catalán republicano, senón para criminalizar a todo o independentismo doutras nacións sen estado, pois a besta do 78 está entrando en pánico.

 

A última baza do réxime foi potenciar 2 alternativas electorais aparentes, para pasar do bipartidismo ao un bipartidismo a catro. Unha “alternativa” de dereitas creada directamente polo Ibex 35, Ciudadanos. E outra formada por progre-inlectualoides pro-capitalistas pseudo-reformistas e nacionalistas espanhois, herdeiros do eurocomunismo entreguista e imperialista espanholista do PCE Carrillista, e catapultada polo trato favorable de parte dos mass-media do Ibex, Podemos. Porén, esta baza está cada vez máis desacreditada e desmascarada pola súa vertente de suposta rexeneración pola esquerda, e xa son muitos os que continúan a denunciar a farsa. 

 

A última baza do réxime foi potenciar 2 alternativas electorais aparentes, para pasar do bipartidismo ao un bipartidismo a catro

 

Nunca antes os pobos e os traballadores estivemos nunha situación tal. Este xoves 21 existirán en Catalunya unhas auténticas eleccións de dualidade, e non se trata só de independencia si ou non, a dualidade vai muito mais ala e é muito mais fonda.

 

Este xoves 21 existirán en Catalunya unhas auténticas eleccións de dualidade, e non se trata só de independencia si ou non

 

O pobo catalán elixirá o voto do MEDO e das MENTIRAS desta ditadura mediática-cultural do IBEX 35, reino medieval eclesiástico que rescata bancos e asasina e reprime as persoas de clase traballadora dentro e fóra do seu estado, representada pola dereita herdeira do franquismo PP e C`s e pola dereita disfrazada de socialdemocracia do PSOE, e xa miraremos que papel xogará o entreguismo reformista de Podem-Comúm. Ou o pobo catalán elixirá a forza do cambio e da rebeldía das clases traballadoras catalanas, pola liquidación da besta do 78. O voto pola república contra a depravada monarquía borbónica, pola restauración dunha democracia mellor e máis real fóra dos pactos cos herdeiros da ditadura. O voto contra un sistema apodrecido e corrupto, contra o imperialismo espanhol e as súas fronteiras, contra o dominio absoluto do IBEX 35, contra os exércitos e as policías franquistas, contra a UE dos mercaderes profundamente antidemocrática. O voto contra o 155 e pola república catalá.

 

Sexa cal for o caso, gañe o voto da rebeldía ou o voto do medo debido á desinformación que, vertida durante décadas, alienou unha parte importante da nosa clase traballadora, incluíndo o entreguismo de parte da suposta “esquerda” nacionalista espanhola; seguiremos construíndo república, con desobediencia e luita permanente. Ímonos [email protected] xuntas a liquidar esta besta noxenta e asasina.

 

Guanyarem !!

Avante as repúblicas e a luita dos pobos !!

 

Aproveito para facer propaganda desta grande documentario "Las Cloacas de Interior".

 

 

 



x