Aínda que a ciencia e a tecnoloxía poden axudar ao progreso humano, só con elas, sen humanidades, sen ética e sen espírito, non pode avanzar unha sociedade; máis aínda, sen elas, a sociedade non ten futuro. Porque a sociedade constrúese con persoas que crean cultura e desenvolven valores, e non só con máquinas.

Aínda que a ciencia e a tecnoloxía poden axudar ao progreso humano, só con elas, sen humanidades, sen ética e sen espírito, non pode avanzar unha sociedade; máis aínda, sen elas, a sociedade non ten futuro. Porque a sociedade constrúese con persoas que crean cultura e desenvolven valores, e non só con máquinas. Do mesmo xeito a Galiza, a sociedade e o pobo galego, non pode existir de seusen a súa cultura e lingua propria. Sabíano ben os homes da xeración e a época “Nós”,fulcral na moderna historia galega. Por iso, souberon unirse e traballar xuntos nos distintos eidos da cultura e a vida galega: alén das súas distintas ideoloxías políticas, e coas súas contradicións; uníaos unha nidia e xenerosa aposta por Galiza.  O seu legado e do seu ideario galeguizador  estivo inscrito nas grandes correntes do Humanismo europeo. 

Na crise gravísima das humanidades que hoxe vimos; na crise do galego e dun galeguismo de bos e xenerosos, compre volver os ollos a estes homes grandes, unidos arredor dun revista de nome identificador, polos que nós tamén somos nós, como se ten dito desde hai anos.

Esta é a intención, o proxecto e a realidade dun curso-simposio universitario organizado conxuntamente pola “Asociación proCentenario de Nós 2020” e a Universidade de Vigo-campus de Ourense para a derradeira semana de setembro, planeado como primeiro encontro científico dos plans sociopedagóxicos desta asociación nacida hai pouco máis dun ano coa idea de dinamizar a cultura e asociedade galega desde o ideario de Nós.

Esta preocupación e este interesereunirá a máis dunha trintena de destacados docentes das tres universidades galegas no propio campus de Ourense. 
O propósito expreso é acadar catro finalidades primordiais: 1ª) Informar ao alumnado e á cidadanía ourensá acerca do estado en que se atopan os estudos de Humanidades  en Galicia e en galego naLingüística, Literatura, Historiografía, Antropoloxía cultural, etc.

2ª) Reflexionar sobre as causas e axentes da desvalorización que sofren as Humanidades en xeral, e en concreto os estudos de Galeguística a ollos da maioría social e do alumnado do ámbito universitario.3ª) Someter a revisión o legado cultural e literario do Galeguismo, propondo vías de releitura aos textos clásicos; centrando o foco sobre a revista “Nós” (1920-1936), en canto publicación emblemática no renacemento da Galicia do século XX cos autores que a protagonizaron; en especial aos mestres do “Grupo Nós” ourensán: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e os demais ourensáns da “Sociedade Nós”.4ª) Pasar revista ao estado en que se atopa o patrimonio histórico-cultural ourensán (arqueolóxico, arquitectónico, eclesial e artístico) e o das fundacións galeguistas vinculadas á cidade. Na perspectiva de suxerir propostas para o seu coñecemento pola cidadanía, a súa valorización  e a súa mellora.

No transcurso das 4 xornadas previstas entre o 25 e o 28 de setembro, haberá 13 conferencias, 7 relatorios e 19 comunicacións. E a docencia estará a cargo dun plantel de máis de 30 profesores das tres Universidades de Galicia, e dos seus campus universitarios. Un prestixioso elenco que conta con profesores como Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro, Xusto Beramendi, Xosé Luís Axeitos, Manuel González, Alonso Montero, Isaac A.Estravís, Pilar García Negro,Víctor Fez. Freixanes, Olivia Rodríguez ou Carme Blanco…ou Camilo Fernandez Valdehorras, director do Curso, e quen isto escribe. Complementariamente, o curso inclúe unha mesa redonda sobre “Ideoloxías e políticas do Galeguismo na Galicia actual e a Unión Europea”, coa participación de Camilo Nogueira, Xosé Manuel Beiras, Emilio Pérez Touriño e Daniel Barata.

Os actos están programados para realizarse en distintos espazos da cidade: o Campus universitario, o Paraninfo do IES Otero Pedrayo, o Salón de actos do Liceo de Ourense, etc. Certamente é un luxo poder levar adiante un curso coma este nos tempos que corren.

Aos interesados en participare recibir os seus créditos universitarios, cómprelles inscribirse na secretaría do Campus e aboaren 30 euros denantes do 25 de setembro. Poden atopar información do curso e da propria Asociación na páxina da ApCNos2020: http://pronos2020.wordpress.com/.

 



x