O Tribunal Superior de Xustiza valenciano ven de anular parcialmente unha normativa regulamentaria da Generalitat que privilexiaba o ensino en catalán (alí chamado oficialmente valenciano) por mor da súa grave minorización fronte ao castelán.

 

O Alto Tribunal aplicou unha consolidada xurisprudencia dos Tribunais Constitucional (TC) e Supremo (TS) que xurde daquela sentenza do TC de 1986 que anulou o deber de coñecer o galego, presente de primeiras na nosa Lei de Normalización Lingúística, aprobada pola unanimidade do noso Parlamento.  Segundo esta xurisprudencia só existe o deber de coñecer o castelán e as demáis linguas fican secundarizadas nun rango de mera cooficialidade, sen que sexa legal esixir o seu coñecemento con carácter xeral a xuices e demáis funcionarios e o seu uso obrigatorio nin sequer ás empresas concesionarias ou contratistas públicas. Velaí que o galego, o catalán e o vasco non desfruten de igualdade xurídica a respecto do castelán.

De certo que o problema do galego non se resolve só con medidas xurídicas. Mais sen acadarmos esta igualdade (negada constitucionalmente dende 1978) non serán posíbeis cousas tan sinxelas e normais como vivirmos plenamente en galego 

 Esta desigualdade atenta contra a Carta Europea de Linguas Minoritarias (o galego non é polo de agora minoritario, malia estar fortemente minorizado), é dicir, contra a normativa constitucional de protección dos nosos dereitos lingüísticos. Velaí a necesidade de resolver de vez esta desigualdade, levando á Constitución ou ao Estatuto o pleno recoñecemento da igualdade de ambas as linguas oficiais, a propia e a de comunicación común  co resto do Estado.

 

Deste xeito, o deber de coñecer o galego evitará situacións tan ilóxicas (cando non ferintes ) como médicos do SERGAS que manifestan diante de doentes descoñecer o galego, freakies  que piden tradución oficial de pequenos textos intelixíbeis a calquera europeo que lea, mandos da Garda Civíl que denuncian concellos por sinais de tránsito en galego ou a continua provisión de prazas de xuices, fiscais e funcionarios sen acreditar o coñecemento abondo da lingua que nos permita aos galegofalantes desfrutar da plenitude dos nosos dereitos lingüísticos.   

 

De certo que o problema do galego non se resolve só con medidas xurídicas. Mais sen acadarmos esta igualdade (negada constitucionalmente dende 1978) non serán posíbeis cousas tan sinxelas e normais como vivirmos plenamente en galego ou non nos sentir alleos no noso propio país. 



x