A función do voto

Xoán Costa - Ensinante


Nestes días de maio o alcalde da cidade da Coruña renova o voto á Virxe do Rosario.  Faino con bastón de mando,  acompañado de membros da orde de cabaleiros de María Pita e franqueado por integrantes da Milicia Urbana e da Milicia de Honra. E a Virxe, de paseo pola cidade e páxina no Facebook.

Nestes días de maio o alcalde da cidade da Coruña renova o voto á Virxe do Rosario.  Faino con bastón de mando,  acompañado de membros da orde de cabaleiros de María Pita e franqueado por integrantes da Milicia Urbana e da Milicia de Honra. E a Virxe, de paseo pola cidade e páxina no Facebook

"O alcalde da cidade da Coruña renova o voto á Virxe do Rosario.  Faino con bastón de mando,  acompañado de membros da orde de cabaleiros de María Pita e franqueado por integrantes da Milicia Urbana e da Milicia de Honra. E a Virxe, de paseo pola cidade e páxina no Facebook". 

Negreira convertido en Templario. Si, porque "O Temple é a espada de Deus e ti, Templario, o seu brazo forte disposto a empregar a súa ira” como se di na serie Tamplarios

O voto á virxe do Rosario, unha tradición que o coruñesismo vazquista, o terreal e o divino,  nos presenta como inmemorial máis que na realidade aínda é unha tradición adolescente pois existe desde o ano 1999. 15 anos de tradición en lembranza duns hipotéticos feitos acontecidos en 1589 (cando Shakespeare aínda non comezara a escribir ningunha das súas obras) nacidos, daquela,  da  iniciativa particular duns confrades movidos pola fe ou polo medo; e que se anovou unhas poucas veces, moi poucas, de maneira bastante descontinua. Unha renovación interrupta. Unha tradición que non foi máis que a presentación de credenciais do daquela Alcalde da Coruña para ser embaixador no reino dos ceos.

Mais non é só A Coruña a que rende preitesía aos santos, ás santas; outras cidades, Lugo e Compostela entre elas, seguirán nos próximos meses a ofrecer vasalaxe e a  someter o poder civil ao relixioso, con comitivas de alcaldes e cargos públicos a pedir á divindade a solución dos problemas terreais, inclusos os seus propios coa xustiza. Ou o mesmísimo xefe do Estado a dialogar co Apóstolo e a lle pedir mediación cos problemas do desemprego, linda metáfora da caza de elefantes. E iso nun estado que en teoría é laico,  ou quen sabe se aconfesional,   máis que a práctica nega cos feitos. Porque esta sociedade non é laica. O laicismo non ten entre nós ningunha prerrogativa, para alén do réxime xeral de liberdades. Non existe o dereito a recibir unha formación laica no sistema escolar, nin a dispor dun corpo de mestres como o que existe para a materia de relixión. Si existe o dereito de pais e nais a reclamaren formación relixiosa para os seus fillos e fillas; nunca formación laica. E iso porque a Constitución española é o resultado dun pacto entre diferentes opcións políticas que non só teñen en común o concepto de España= Nación, senón tamén afinidades en aspectos sociais e, mesmo, electorais. Ese pacto afecta tamén ao aspecto relixioso. Relixiosamente certo.

"O  próximo día 25 si que podemos facer a verdadeira renovación do voto, sen cabaleiros de María Pita a nos acompañaren".

España non é un estado laico, nin aconfesional. Nin sequera é neutral con respecto ao feito relixioso. O laicismo non ten ningunha prerrogativa. E os poderes civís abaixan a cabeza e dobran o xeonllo perante a imaxe relixiosa. Bican a man de bispos e máis bispos, e convértena a seguir en reliquia que hai que adorar.

Mais o  próximo día 25 si que podemos facer a verdadeira renovación do voto, sen cabaleiros de María Pita a nos acompañaren. Unha renovación do voto que ha partir das capacidades de Galiza para se desenvolver e apostar claramente por quen as defende. E aí non temos moito onde escoller nin precisamos moito tempo para pensar porque só existe unha opción verdadeira, a do nacionalismo galego, sen ataduras con deseños  e organizacións estatais.



x