Millares de persoas percorren a cidade. Desde a Porta Faxeira até a Praza da Quintana, pasando pola Porta da Mámoa. Millares de persoas a defenderen, a defendermos o dereito a vivirmos na  “nobre e harmoniosa fala de Breogán”.

Compostela 8 de febreiro de 2015

Millares de persoas percorren a cidade. Desde a Porta Faxeira até a Praza da Quintana, pasando pola Porta da Mámoa. Millares de persoas a defenderen, a defendermos o dereito a vivirmos na  “nobre e harmoniosa fala de Breogán”.

"Millares de persoas a defenderen, a defendermos o dereito a vivirmos na  “nobre e harmoniosa fala de Breogán”.

Ponteceso,  8 de febreiro de 1835

Nace un neno, “cabo do pinal espeso”,  alí  onde “o Anllóns con nobre maxestade camiña ó seu destino derradeiro”.  Un neno que ao medrar fará da lingua cuestión central da súa vida; un neno que ha denunciar con dureza o proceso de alienación que sofre Galiza; que pon en riba da mesa como o esquecemento da lingua propia significa sometemento. E alienación. 

“A lingua tiveran
por lingua d'escravos;
esqueceran os patrios acentos,
suidosos e brandos.

Dos propios acentos
tiveran vergonza;
de cautivos falaran palabras,
de servos e ilotas”

Expresión dura cando se dirixe á colectividade, máis benevolente cando se trata de destinatarios concretos:

"A lingua como elemento aglutinador, como espello das virtudes patrias: nobreza, harmonía, fortaleza".

“Cando é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, meniñas,
falade galego”

A lingua como elemento aglutinador, como espello das virtudes patrias: nobreza, harmonía, fortaleza.

Compostela cento e oitenta anos despois 


Aquí estamos os fillos das fillas, as fillas dos fillos da xeración de Pondal, de Rosalía ...

As políticas lingüísticas levadas a cabo polo goberno de Feijóo están a piques de pór fin á lingua de ouro que nos legou Pondal.

"As políticas lingüísticas levadas a cabo polo goberno de Feijóo están a piques de pór fin á lingua de ouro que nos legou Pondal".

Eles fixérono por nós. Nós temos que facelo polas fillas dos nosos fillos. Se así non o fixermos
  
“A nai, afrigida
da escura miseria
os propios tomara
por gente estrangeira,
e espantada escuitara dos fillos
a plática serva”

PS.

Pondal naceu o 8 de febreiro de 1835. Disque no seu leito de morte dixo: “déstesme unha lingua de ferro, devólvovos unha lingua de ouro”. Sen dúbida neste 8 de febreiro de 2015 “Soñando está o bardo, cun vago soñar ...