A Lei de Saúde de Galicia do 8/2008 (DOG n.º 143, do 24 de xullo do 2008) establece as normas polas que se ten que rexir o Sistema Sanitario Público de Galicia. É unha boa Lei, non como nos gustaría ás asociacións que queremos unha Sanidade Pública, Universal, Gratuita e de Calidade, tal e como manda o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución do estado español, pero mantiña unhas líneas máis democráticas e de participación cidadán, que o que quere facer o PP este verán, en solitario e en contra de tod@s.

 

Esta Lei, do ano 2008, está sin desenvolver nun dos puntos principais; o Capítulo VI fala da PARTICIPACIÓN SOCIAL. Os artigos 22 e seguintes, fan referencia aos órganos de participación no Consello Galego de Saúde e nos Consellos de Saúde de Área Sanitaria (ata o de agora 11…….). Pois ben, no prólogo, fala da "participación social e comunitaria na formulación de políticas sanitarias, tratando de aumentar a participación da cidadanía no sistema sanitario público, establecéndose canles estables para iso”: páxina 1 do texto. Pois ben, o Partido Popular, sen contar con ninguén e en contra de tod@s, acaba de sacar da manga un “Anteproxecto de Lei, polo que se modifica a Lei 8/2008 do 10 de xullo, de Saúde de Galicia”. Como vedes, con noturnidade, aleivosía e agora en Agosto….

 

Para que se poda valorar todo o exposto, e que calquera poda leelos, informo dos links da Modificación da Lei Galega de Saúde do 2008.

O tema é moi serio: é desmantelar, aínda máis o Sistema Sanitario Galego, que xá non é Universal (exclúe @s inmigrantes en situación irregular, @s maiores de 26 anos que leven 3 meses fora de Galicia, etc.), Gratuito (pagamos as medicinas, transporte sanitario, etc.) e de Calidade (a falta de persoal sustituto está facendo que se perda a calidade asistencial , etc.).

No anteproxecto, indica xá na páxina 1.....o desenvolvemento novidoso da territorialidade das Áreas: veredes que pasa de 11 Áreas Sanitarias a 7 con 4 "distritos". E indica que a forma de aprobalo "será por decreto……..". Queren que non pase polo Parlamento o que xa indica, ás claras, a predisposición a facer uso e abuso da súa maioría absoluta.

 

Pero, sobre todo, nos artigos 23, 24, 25 e 26, fala dos órganos de participación social. Se o comparamos co que dí a Lei Galega de Saúde, do ano 2008, neste link  verase a forma tan diferente de enfocar a forma de participación cidadán/á: aínda que nunca se puxo en marcha dende o ano 2008.....

 

Tamén queda de manifesto a falta de interese pola Atención Primaria que pasa a ser secundaria (e casi terciaria) e dependente do Hospitalcentrismo deste Sistema Sanitario que quere implantar o PP sen contar con ninguén e en contra de TOD@S.

 

O Anteproxecto de Lei con escurantismo, quere eliminar @ discrepante, deixar fóra e fixar "por decreto da consellaría de sanidade": quén participa e quén non e cómo o deben facer as entidades que participen.

 

Retiran no anteproxecto o que dí o artigo 25, apartado 5. d): "Coñecer e ser informados dos contratos de servizos sanitarios, dos concertos e dos programas de subvención feitos na área sanitaria". Qué é o que queren agochar? A quen queren favorecer con estas medidas? Dende logo @s cidadáns/ás non.

 

Fala o anteproxecto do tema d@s inspectores sanitari@s que pasan ser "Autoridade Sanitaria", co que leva isto consigo......…

 

Fala de crear: " A Axencia Galega para a xestión do coñecemento en saúde" e da "Comisión Interdepartamental en materia de educación e saúde": isto é para mangonear e privatizar a educación e a investigación en saúde.

 

O tema é moi serio: é desmantelar, aínda máis o Sistema Sanitario Galego, que xá non é Universal ( exclúe @s inmigrantes en situación irregular, @s maiores de 26 anos que leven 3 meses fóra de Galicia, etc.), Gratuito (pagamos as medicinas, transporte sanitario, chamada telefónica aos centros sanitarios, próteses, etc.) e de Calidade (a falla de persoal sustituto está facendo que se perda a calidade asistencial e aumente de forma extraordinaria o traballo d@s que se teñen que facer cargo do persoal ausente, etc.).

 

O Partido Popular está violentando día a día o que dí o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución do estado español. Este anteproxecto de lei, de saír adiante, deterioraría o Sistema Sanitario Público Galego...aínda máis.

 

Debemos ser conscientes do que nos estamos xogando. A saúde é o ben máis importante que temos. É algo que conseguimos entre tod@s ca democracia. Si deixamos que o privaticen, as xeracións futuras non nolo perdoarán.

 



x