Vivimos nun momento en que todo está en cuestión, esencialmente porque eleximos un xeito de vivir e convivir que fracasou estrepitosamente. Estamos ante a caida do que se da en chamar capitalismo pero como eu non sei nin o que é prefiro denominalo a era do individualismo. Trátase dunha sorte de liberalismo salvaxe que bebe, e abro paraugas, da anarquía. "Déixame, que eu ben sei o que podo o non podo facer".

Vivimos nun momento en que todo está en cuestión, esencialmente porque eleximos un xeito de vivir e convivir que fracasou estrepitosamente. Estamos ante a caida do que se da en chamar capitalismo pero como eu non sei nin o que é prefiro denominalo a era do individualismo. Trátase dunha sorte de liberalismo salvaxe que bebe, e abro paraugas, da anarquía. "Déixame, que eu ben sei o que podo o non podo facer".

Con este modelo dominando sobre o da colectividade, desprestixiado éste por aqueles que caeron no autoritarismo, xurde a ferramenta do atallo. Ésa que todos e todas empregamos algunha vez e que nos fixo corresponsabilizarnos dos efectos producidos polo modelo egoista/individualista. Ferramenta que servirá para explicar múltiples situacións fracasadas: a organización económica e social, o mercado inmobiliario, a democracia española, a unión do nacionalismo galego...

Hai uns días lía nas redes sociais a unha persoa queixarse porque tiña aparcado o seu coche nunha zona verde á que tivera que acceder a través da beirarrúa porque consideraba que non estorbaba e os coches do lado non tiñan multa no seu parabrisas. O simple feito de que se lle ocurrira tirar unha foto para difundir nas redes sociais o seu enfado evidencia o normalizados que están os atallos. Todo por acudir a unha vila turística en Agosto e considerar que non ten porqué empregar os aparcadoiros de pago.

No quero que se entenda este exemplo como unha defensa dos aparcadoiros de pago, toda vez que este servizo tamén é unha consecuencia do individualismo. Queremos empregar o coche para todo, ter aparcamento ao lado de onde queremos ir, pagar menos impostos e que a vivenda sexa barata. A teima de vendernos o coche como símbolo do éxito e o uso do transporte público como característica das clases máis humildes é un dos exemplos máis significativos do triunfo do individualismo sobre o colectivo. Mais entendendo que é complicado mudar inmediatamente ese concepto, cómo explicamos que pretendamos a existencia de milleiros de aparcadoiros sobre unha superficie finita sin que repercuta nos nosos impostos e sin que o desenrolo urbanístico encareza a vivenda? A aplicación do artigo corenta e sete da Sacrosanta Constitución Española determina que a sociedade participará das plusvalías que xenere a acción urbanística dos entes públicos. Claro que tamén determina que os poderes públicos deben lexislar co fin de evitar a especulación, un dos atallos máis empregados nos últimos tempos. Así, poderíamos pretender argumentar que si os promotores tiveran gañado menos cartos no desenrolo urbanístico teríamos accedido a maior número de aparcamentos, evitando ter que recurrir a aparcadoiros de pago. É certo, mais cando os poderes públicos precisaron de actuacións urbanísticas preferiron ofrecer un suculento beneficio ás empresas privadas antes que actuar eles mesmos. O triunfo da política da mínima xestión.

Coa acción política atopámonos cunha situación similar. Desta vez foi a sociedade no seu conxunto quen decidiu optar pola mínima xestión e delegar noutros. Agora si, unha vez evidenciado o fracaso da democracia cada catro anos a culpa é da "clase" política, nunca do representado que non vai a votar, non participa en colectivos políticos, sindicais ou sociais ou o que emprega o axioma do "todos son iguais" para evitar a súa corresponsabilidade. O individualismo novamente contaminándoo todo.

Sobre a incidencia dos atallos e o individualismo na unión do nacionalismo galego penso que todos e todas sabemos chegar ás mesmas conclusións e xa se ten falado abondo nos últimos tempos. Ou non?



x