Saltar ao contido
1:50 h. Cuarta feira, 05 de Agosto do 2015

O autor de novelas longas que escribe postais pequenas

“Ingravidez”, é o título da “micropostal” número 47 que o escritor Antón Riveiro Coello publica a través da rede social facebook. O escritor conta ter nas librarías de cara a fin de ano unha nova novela que terá por volta das 500 páxinas, na antítese destes textos de pequena dimensión que escribe sobre imaxes. 

A escritora Érica Esmorís irrompe na LIX

Tan só dous días despois de se saber que é a gañadora do XXX Premio Merlín coa súa obra  Nena e o mar, a editorial Sushi Books anuncia a inminente publicación de Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California, a segunda novela de Érica Esmorís, destinada a preadolescentes. 

CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... Sex Pistols "Never Mind The Bollocks"

Se preguntamos a calquera por unha banda punk, seguramente o primeiro nome que se lle viría á cabeza é o dos Sex Pistols. Nunca unha banda cun só disco gravado foi capaz de influenciar tanto no musical e no estético, e tampouco banda algunha foi tan rendíbel economicamente.

CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Helloween: "My God-Given Right"

Parece que foi onte, mais hai xa trinta anos que os xermanos Helloween lanzaran o seu primeiro traballo, un EP que apuntaba a que estaban destinados a facer grandes cousas no mundo do metal. Hoxe, tras varios trocos na formación e a piques de tocar na Coruña o vindeiro sábado 13 xunto a  Over Kill, Angelus Apátrida e Lord of Black, chegan co seu novo traballo: “My God-Given Right”.

XOSÉ DÍAZ

“Debémoslle a Rafael Dieste outra lectura da súa obra”

Entrevistamos o autor de ‘Dos arquivos xeométricos. Razón e realidade no pensamento de Rafael Dieste’ (Axóuxere) , obra que convida a deitar unha mirada nova, orixinal e necesaria sobre un escritor que, como afirma o propio Díaz, “era un pensador de primeira liña”, algo que facía mirando “desde as marxes”. 

A CRÍTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

'O noso último verán en Escocia'

 Un matrimonio en crise viaxa a Escocia con motivo do 75 aniversario do avó. Como está gravemente enfermo tratan de ocultar a súa difícil situación para que non lle afecte á saúde, pero non lles vai ser nada doado manter o segredo por mor dos seus tres falangueiros fillos.

A loita polo “Planeta Furancho” intensifícase

Un comentario da empresa no propio facebook de “Planeta Furancho” intensifica aínda máis a loita pola permanencia do programa e do seu presentador Vituco Neira. Novas iniciativas botan a andar contra a dirección do ente ao que acusan de mentir. 

Ana Estévez: “O cine está a rexistrar o proceso de volta á terra que vivimos”

Desde o Museo do Pobo Galego, Ana Estévez coordina a Mostra de Cine Etnográfico da que se desenvolve, do 2 a 6 de xuño, a súa décima edición. Os pioneiros do cinema como Xocas ou Carlos Velo déronse a man nesta mostra cos principais nomes do chamado Novo Cinema Galego nun tempo no que se experimentou un auxe do documentalismo de volta á terra do que nos fala a coordinadora do encontro.

A escritora que agasalla relatos

Unha vez ao mes un relato longo e cada semana un breve. Así son os agasallos que publica na rede a  escritora Anxos Sumai, pioneira na escrita en internet con proxectos como Anxos da garda. A maior parte dos relatos son de nova creación aínda que a escritora aproveita tamén para disponibilizar textos dispersos en revistas e outras publicacións. 

Os títeres toman a vila dos viadutos

Até o día 31 de maio, debaixo dos viadutos, prazas e rúas énchense de títeres. O XVI Festival Internacional de Títeres de Redondela converte a vila nun grande escenario polo que desfilan 24 compañías que porán en marcha máis de 70 espectáculos. 

Grial visita as relacións de Camus con Galiza

Que papel tivo María Casares na relación con Camus e Galiza? Que hai de Camus na obra de Casares ou Camilo Gonsar? Como se xestou a tradución da obra do autor de O estranxeiro ao galego? Miraba para París a Nova Narrativa Galega? Estas e outras cuestións trátanse no número 205 da revista Grial na que se of5rece un monográfico arredor da relación entre o intelectual francés e Galiza. 

Cando a arte se vende na Praza de Abastos

“Mercado da arte, a arte no mercado” é a iniciativa promovida pola artista Luz Darriba que se está a desenvolver na Praza de Abastos de Lugo. Corenta artistas participan no proxecto que vende as obras en postos no mercado e inclúe unha máquina expendedora de arte a 10 euros. 

O CGAC opta por Santiago Olmo para director pola mínima

Sete décimas é a diferencia que o candidato Santiago Olmo ten co seguinte finalista nas notas finais para acceder á dirección do CGAC. 77,55 a 77,47. Despois de engadir unha proba de idiomas non prevista na convocatoria, o Centro fanse públicas as novas puntuacións que acurtan as distancias. O Centro segue sen contestar as alegacións presentadas polos dous candidatos galegos. 

Esixen con música que a CRTVG repoña “Planeta Furancho” e “Aberto por reformas”

Ao vivo, con música, foi a concentración perante as instalacións centrais da CRTVG en San Marcos para esixir a continuidade de “Planeta Furancho” de Vituco Neira, recén retirado da programación. E non só iso, músicas e músicos aproveitaron para reclamar o regreso de “Aberto por reformas” de Xurxo Souto. 

Cans prepárase para o día grande

Xa ninguén dubida de que a festa grande de Cans é o sábado do festival de cine no que a veciñanza abre portas e axita potas. Para mañá, contan coa visita de José Luís Cuerda, protagonista no Coloquio na Leira de Alicia no máis de medio cento de actividade deste festival da ducia. 

CRÍTICA DE CINEMA DA SEXTA FEIRA

"A canción do mar"

O crítico Andrés Castro achéganos esta sexta feira A canción do mar de Tomm Moore, un filme que define como "unha auténtica delicia visual e narrativa desas que quitan de golpe todos os prexuízos que se poidan ter sobre os debuxos animados". 

Catro citas para sentir “vertixe sonora”

O ciclo de música contemporánea Do Audible, dirixido por Vertixe Sonora Ensemble, bota a andar na Coruña cun programa sobre as cidades invisibles. Lugo, Pontevedra e Lalín acollerán as outras citas nas que a música dialoga co pensamento, a arte e a ciencia. 

Un CGAC “en situación crítica” coa “trapalleira” elección do director no aire chega ao Parlamento

A posíbel anulación do proceso de elección do director situaría ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) nunha situación límite, coa programación prevista por Von Haffe a punto de se esgotar. As irregularidades continúan coa convocatoria dunha nova proba unha vez finalizado o proceso. A Xunta terá que responder non só ás alegacións presentadas senón tamén no Parlamento. 

"FEIJÓO ESCOITA, A VERBENA ESTÁ EN LOITA!"

A música só se sentiu diante do Parlamento

Día sen música, a non ser diante do Parlamento de Galiza, onde se concentraron máis de cincocentos integrantes das orquestras do país para reclamaren a redución do IVE cultural. 

VITOR VAQUEIRO, ESCRITOR

“A miña preocupación polo galego é un combate político contra a lingua que nos intenta eliminar”

Con Palavras a Espártaco o escritor Vítor Vaqueiro inaugura un camiño novo logo de máis de trinta e cinco anos de escrita. Non só muda a normativa oficial pola reintegracionista senón que, tamén por esa razón, vése na obriga de mudar de editorial, desde Galaxia na que publicou  por vez primeira en 1980  Informe da gavilla a Através no que agora ve a lus este novo libro, escrito desde a ira e o desexo de vinganza diante a inxustiza dos nosos tempos, á maneira dun contemporáneo Espártaco.

A CRÍTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

Os Vingadores: A era de Ultrón

Os Vingadores reúnense unha vez máis para contrarrestar a ameaza que nace do bastón de mando de Loki con forma dun todopoderoso androide de nome Ultrón. Baixo a responsabilidade de Bruce Banner e Tony Stark, e en contra de toda a equipa, deciden concluír un perigoso proxecto que pode acabar coa ameaza.

O libro que lle salva a cara a Filgueira

Non é o máis habitual que o presidente da Real Academia Galega acompañe cunha obra da súa autoría a celebración do Días das Letras, e moito menos que o faga cun monográfico ambicioso coma este. Por desgraza, tamén a polémica que acompaña a designación deste ano é, en boa medida, inédita nas nosas letras.

Magín Blanco canta “O abecedario” da Mesa

A de axóuxere, B de bolboreta, C de can, D de doniña...  de aí até o Z de zamburiña. O abecedario, é o primeiro libro publicado pola Mesa pola Normalización Lingüística para achegar á nosa lingua ás crianzas das primeiras idades. Magín Blanco é o autor da canción para que as primeiras palabras sexan as nosas.  

CRÍTICA DE CINEMA DA SEXTA FEIRA

"As altas presións"

O crítico de Cine Andrés Castro achéganos esta sexta feira As altas presións, o novo filme de Ángel Santos que encadra no Novo Cinema Galego. 

Máis de medio cento de actividades para unha ducia de Cans

O Festival de Cans chega a súa ducia sen parar de se renovar. Un novo programa con moito cine, unha ampla proposta musical, novas iniciativas e toda a veciñanza xa en acción para que do 20 ao 23 de maio, a aldea máis cinematográfica do país sexa “invadida” polo mundo do audiovisual. 

Máis de medio cento de actividades para unha ducia de Cans

O Festival de Cans chega a súa ducia sen parar de se renovar. Un novo programa con moito cine, unha ampla proposta musical, novas iniciativas e toda a veciñanza xa en acción para que do 20 ao 23 de maio, a aldea máis cinematográfica do país sexa “invadida” polo mundo do audiovisual. 

A figura de Rosalía interesa ao audiovisual

Tras cinco edicións e a poucos días de entregar os dous premios desta nova convocatoria, “Curtas para Rosalía” o certame organizado pola AS-PG consolídase e demostra que a figura de Rosalía interesa á creación audiovisual. 

A Aldea do Couto prepárase para o Festiletras

Gañou por méritos propios o nome de Aldea das Letras. A Aldea do Couto está xa pronta para que do día 10 a 17 un novo Festiletras fará a aldea de Ponteceso a capital da música, as letras, o humor e a participación da veciñanza nun atractivo programa cultural.  

Ismael Ramos gaña o Johán Carballeira de poesía

O poeta Ismael Ramos Castelo fíxose con Os fillos da fame coa XVIII edición do Premio Johán Carballeira de Poesía. Con só vinte anos, o poeta, que gañou xa outros certames literarios, súmase á listaxe dun premio consolidado que teñen xa recibido relevantes nomes da poesía galega. 

CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Kalean: "Bolboretas Afiadas"

Que unha banda leve 20 anos enriba dos escenarios, non é algo raro, pero que o fagan con tódolos seus membros orixinais e sendo fieis aos seus principios si que o é. 

CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Snakeyes: 'Ultimate sin'

Estamos ante un moi bo álbum de heavy metal dunha banda que, de seguir así promete dar moitas alegrías. Toda unha gran sorpresa o seu vocalista, Cosmin Aioniţă , que pon no disco o seu cruño da escola vocal dos Judas Priest. Un moi bo traballo que fará as delicias os metaleiros da vella escola.

A CRÍTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

'O capital humano'

 Un todoterreo fuxe tras atropelar a un ciclista. O accidente afectará nas vidas de dúas familias: a do millonario Giovanni Bernaschi (Fabrizio Gifuni) e maila de Dino Ossola (Fabrizio Bentivoglio), un axente inmobiliario afogado pola crise.