Saltar ao contido
9:46 h. Sexta feira, 04 de Setembro do 2015

A gran banca: o lucro que non cesa

Beneficios do 67% neste trimestre que se suman a un 2014 no que aumentaron un 35%. Gaños obtidos pola banca nun terreo de xogo no que estados e institucións dérono todo para que así fose. A costa de quen e o como contámoscho aquí.

A IMOBILIARIA DECRETA A SÚA LIQUIDACIÓN

Fadesa debía a Abanca 427 millóns

Martinsa-Fadesa resolveu esta segunda feira decretar a súa liquidación como compañía após non ter chegado a un acordo cos seus acredores, aos que debía por volta de 7.000 millóns de euros. Segundo puido saber Sermos Galiza, a débeda de Fadesa con Abanca ascende a 427 millóns de euros.

DADOS DO DESEMPREGO NA GALIZA

O paro rexistrado baixa en febreiro nun 0,56%

O número de persoas inscritas como demandantes de emprego en febreiro é de 257.549. Só 129.667 perciben unha prestación. Nestes 12 meses o paro baixou no noso País  un 8% mais as afiliacións á Seguridade Social aumentaron só un 1,6%

OS EFEITOS NEGATIVOS DA BAIXADA DOS PREZOS EN ECONOMÍAS CON ALTO DESEMPREGO

Por que chama a deflación á nosa porta?

A baixada xeral e persistente nos prezos de bens e servizos pode, inciden economistas e analistas, ser un risco. En economías con alto desemprego e baixos salarios, un perigo.

ESTE 31 DE DECEMBRO CONCLÚE O VETO Á CONSTRUCIÓN CIVIL

Remata a fase de doma e castración da antiga Astano

O veto á construción naval civil na vella Astano remata hoxe, 31 de decembro, logo de perto de tres décadas de prohibicións, restricións e cambadelas que na súa última etapa, a que principiou en 2005, supuxo a perda dun enorme potencial no sector off-shore e a eliminación de máis de 700 postos de traballo só no estaleiro fenés. 

VENCE DI QUE CO SEU MARCO ESPECÍFICO @S VASC@S AFORRARÁN 2.000 MILLÓNS € AO ANO

A Xunta nega a tarifa eléctrica galega após Euskadi obter vantaxes de Madrid

A proposta de Galiza ter unha tarifa eléctrica propia -unha reivindicación histórica do nacionalismo- está a marcar a axenda. Este domingo, o director xeral de Industria, Bernardo Tahoces, descualificouna. "É simplista", dixo. Faino despois de a pasada sexta feira o Goberno do Estado aprobar un decreto que beneficiará a industria vasca ao rebaixar o seu recibo eléctrico.

ATÉ VOCES DO ESTABLISHMENT COMEZAN A PEDIR AUMENTO DOS SOLDOS

A saída da crise atópase nos salarios

Após 10 trimestres de devaluacións salariais o propio establishment comeza admitir que se fai necesaria unha suba de soldos para tirar de consumo. Unha emenda á totalidade do discurso mantido polo poder sobre como afrontar a crise.