Saltar ao contido
18:08 h. Quinta feira, 30 de Xullo do 2015

Miles claman en galego este 17M

Miles de persoas en todo o país marcharon nas convocatorias de Queremos Galego para reivindicar a vixencia do idioma neste Día das Letras Galegas. Feijóo foi declarado por aclamación inimigo do galego. [Vídeo no interior de GZVideos]

FEIJÓO, DECLARADO POR ACLAMACIÓN INIMIGO DO GALEGO

Miles a prol do galego

[ACTUALIZADO ÁS 13.35]. Concluíron as marchas de Queremos Galego nun 17 de maio claramente marcado polas vésperas eleitorais. Dos líderes das forzas políticas galegas só estiveron presentes Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, en Vigo, e Martiño Noriega, coportavoz de Anova, en Santiago. Feijóo foi declarado por aclamación inimigo do galego.

Un 17M polo presente do galego

A plataforma Queremos Galego convoca mobilizacións este domingo nas sete cidades galegas e Ribadeo para reivindicar a nosa lingua “malia as dificultades e exclusións forzosas que nos limitan para vivirmos nela con absoluta normalidade”.

Queremos Galego volve ás rúas o 17-M

Galego, garantía de futuro é o lema co que a plataforma Queremos Galego convoca á cidadanía a participar nas concentracións que se desenvolverán o vindeiro 17 de maio en vilas e cidades galegas. 

Facenda impide declarar en galego

O programa PADRE, que facilita a Axencia Tributaria, non permite a utilización da lingua propia e oficial de Galiza. A Mesa denuncia o que cualifica de ''obstaculizar o dereito das persoas" a facer a declaración da renda en galego''

O Supremo admite que o uso do galego non é "igual ou equivalente" ao do castelán

A sentenza do Tribunal Supremo que rexeita o recurso da Academia Galega contra o decreto de plurilingüísimo recoñece, malia iso, que o uso do galego non é “igual ou equivalente” ao castelán. Mantén a ilegalidade dos dous puntos que xa anulara o Superior de Galiza. 

O galego pide xustiza

Trinta anos despois da primeira sentenza en galego a presenza da lingua propia do país no ámbito xudicial abala entre o residual e o testemuñal. Un ermo que tentan reverter iniciativas e voces que queren facer xustiza ao galego.

A ENTIDADE PIDE A INMEDIATA DERROGACIÓN DO DECRETAZO CONTRA O GALEGO

Queremos Galego esixe a Feijóo “feitos e non declaracións” após o masivo 8F

As declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, chamando ao diálogo pola lingua non abondan para Queremos Galego que esixe “feitos” inmediatos despois da masiva manifestación do 8F. A inmediata derrogación do decreto contra o galego no ensino e o cumprimento do Plan de Normalización Lingüística serían un punto de partida. 

8F/POLAS FILLAS DOS NOSOS FILLOS

Marcos Maceira: "O que importa agora é o traballo que comeza a partir de hoxe"

A manifestación foi “masiva e multitudinaria”, di o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística da convocatoria que o domingo inundou Compostela cun berro a favor do futuro do galego. Confía en que se recupere o protagonismo social da lingua. 

#8F POLAS FILLAS DOS NOSOS FILLOS/MÁIS DE 25 MIL PERSOAS REBORDAN COMPOSTELA

Unha multitude quere galego e clama por outra política lingüística

Máis de 25.000 persoas procedentes de todo o País encheron as rúas de Compostela na defensa do dereito a vivir con normalidade en galego e contra a política lingüística da Xunta. Unha xornada histórica de reivindicación e festa para amosar que o amor polo idioma está moi vivo.

8F/POLAS FILLAS DOS NOSOS FILLOS

A Quintana chea polo galego

A grande manifestación nacional de Queremos Galego ateigou o centro de Compostela. Unha multitude asistiu a unha convocatoria en defensa da lingua e contra as políticas do Goberno galego, que están a resultar nun retroceso histórico do noso idioma. Un grupo de nen@s encabezou a marcha cunha faixa que dicía: "Por nós". A Praza da Quintana ficou pequena para a enorme asistencia.

CONTA ATRÁS PARA O 8F

Sermos chama a unha participación masiva na manifestación de Queremos Galego

Sermos Galiza é un meio fundacionalmente comprometido coa lingua galega. Se non garantimos o futuro ao noso idioma, non haberá espazo de comunicación na Galiza digno de tal nome.

A Xunta fai ouvidos xordos ás demandas de retomar o PXNL

Unha Proposición non de lei do BNG instaba á Xunta a cumprir as resolucións aprobadas “por unanimidade” en setembro para a aplicación e seguimento do Plano Xeral de Normalización da lingua galega. O representante do PP acusou o BNG de “impoñerlle á xente o que ten que falar”.

CONTA ATRÁS PARA O 8F

Pilar García Negro: “O Plan Xeral de Normalización son dez anos de letra morta”

A profesora e ex-deputada do BNG apoia a manifestación de Queremos Galego e critica a política lingüística da Xunta, que considera que está a crear retrocesos a todos os niveis, “mesmo tamén na súa utilización coloquial, e unha lingua só é lingua se se usa”.

ATAQUE DE BESTEIRO A FEIJÓO POLA SÚA POLÍTICA LINGÜÍSTICA

"Cada vez se fala menos galego. Nen Franco conseguiu máis"

O secretario xeral do PsdG, José Ramón Gómez Besteiro, ataca a política lingüística de Feijóo. “Cada vez se fala menos galego”, sinalou para engadir que “nin Franco conseguiu máis” que o actual presidente da Xunta.