Saltar ao contido
13:19 h. Sexta feira, 31 de Xullo do 2015

A TORRE DE TREZENZÔNIO

Mitos e Lendas

Terceira entrega da Torre de Trezenzônio. O pretexto deste artigo é um comentário ao artigo anterior de Henrique que vinha a dizer que todo isso de Breogàn eram lendas e que as lendas já se sabe que são um invento.

Apelidos con nome de muller

Xoán Falcón foi pai de Constanza Falcoa. Esa variación na forma do apelido para o facer concordar co xénero de quen o portaba, neste caso unha muller, parece que foi algo, se non frecuente, polo menos non estraño na Galiza nos séculos XVI e XVII, e mesmo anteriores.

NON DES A ESQUECEMENTO

Josefa Barreiro e o pan da xustiza

Josefa Barreiro ficou recluída no esquecemento dunha tumba anónima. Ficouno buraco negro da historia, no silencio abafante dos anos e os días. Asasinárona por ser muller e colaborar cos fuxidos en 1937. Luís Bará fai memoria sobre a súa historia. 

As cinzas de Luísa Viqueira volven do exilio

Despois de case oitenta anos de exilio, as cinzas de Luísa Viqueira regresan a Galiza O seu fillo, Manuel Rodríguez Viqueira cumpre este sábado os desexos da nai de estar soterrada ao pé de seu pai, Xohán Vicente Viqueira. 

NON DES A ESQUECEMENTO

Cartafol das ausencias

Luciano del Río, Victoria Martínez, Faustino García Puga, Edelmiro Dios ou Antonio Vidal Vilas son algúns dos nomes que Luís Bará recupera na construción “dun mapa de ausencias” da memoria de Vilaboa. 

NON DES A ESQUECEMENTO

As cicatrices de José e Lola

A nova entrada de Non des a esquecemento, o blog de Luís Bará,  lévanos ás curvas da Regaduxa, á represión no concello de Vilaboa, á historia de José Cerqueiro, agochado tres anos e despois encarcerado e a súa filla Lola que foi rapada, secuestrada e aldraxada sen aparecer en ningunha listaxe de vítimas. 

Memoria do aceite

Os documentos de finais da Idade Media falan de que na Galiza había cultivo de oliveiras e produción de aceite e que foron os Reis Católicos quen mandaron cortar parte delas. Xoán Costa fai memoria do aceite galego e afonda nas razóns políticas para a súa desaparición. 

A liberdade de facer burla do rei

No século XIX era bastante común facer mofa da monarquía española durante o antroido galego. Botamos un ollo a esa tradición, que aparentemente ten feito unha excepción co novo Borbón, da man dun novo traballo de Xoán Costa.

Todas as mortes de Manuela Abuín

A viaxe de lúa de mel de Carmen Meaños tiña como destino Conxo,  para visitar no "manicomio" á súa nai Manuela Abuín Pardo. Luís Bará relata a a dor da represión na historia de Carmen e Manuela. 

Antroido na Coruña en versos galegos

Día de Comadres, 22 de febreiro de 1860. Nevaradas que impiden ver chegar os barcos ao porto da Coruña. A praza de María Pita, que aínda non se chamaba así, é unha lameira. O Circo de Artesáns prepara o enterro da sardiña e Francisco de la Iglesia, como xa fixera antes, é o encargado de preparar as coplas que se han dicer no Teatro Principal. 

“Ó magoada Galizia que perdiche?” Cuestión de estética?

En febreiro de 1612 celebráronse en Galiza fastuosas honras fúnebres na memoria da Raíña Margarida, morta no Escorial, aos 26 anos, o 3 de outubro de 1611 “de achaque de sobreparto”, após o nacemento do seu oitavo fillo. A noticia chegou a Galiza no correo do sábado 15 de outubro, no correo ordinario, e axiña se decide facer á raíña “el mas grandioso y admirable funeral que jamas en Galizia se hubiese bisto”.

Mario Outeiro: “As institucións teñen obriga de restituír a memoria da represión”

“A ditadura franquista: 40 anos de represión é resistencia” é o título do proxecto da Deputación de Lugo encamiñado a recuperar a memoria tras décadas de silencio e que inclúe a exposición que esta quinta feira se inaugura. O responsábel da área de Cultura, o nacionalista Mario Outeiro, considera que responde a unha obriga que tiña que ser partillada por todas as institucións. 

Luís Bará: “Trato de transmitir o relato emocional da represión e a resistencia”

A Luís Bará débese que a memoria histórica tivese por primeira vez un lugar de relevancia no goberno da Xunta. Desde o seu cargo de director xeral de Creación e Difusión Cultural conseguiu que, entre 2005 e 2009 se puidese falar dunha política pública da memoria. Agora a través do blog “Non des a esquecemento” relata episodios da represión e a resistencia desde unha escrita emocional coa que busca difundir historias que foron enterradas polo silencio e o esquecemento.

RETRATO DUN NACIONALISTA FUSILADO NO 36

César Parapar Sueiras, o irmao da fala

Evocamos a figura dun dirixente clave na conformación do nacionalismo nos anos 20 e 30, na Mariña luguesa, primeiro nas Irmandades da Fala e xa logo no Partido Galeguista.

UNHA NOVA PESCUDA DE CILIA TORNA

A prehistoria da UPG (LP) e do PGP

O proceso de conformación da UPG (Liña – Proletaria) e de seguido do Partido Galego do Proletariado é o resultado dun debate que vai ocupar todo o ano 1977 entre dúas tendencias do que no momento coñecíamos como movemento nacional–popular.

CRÓNICA SOBRE A PARTICIPACIÓN DE GALEGUISTAS NA LOITA ARMADA ANTI-FRANQUISTA

Nacionalismo a man armada

As agrupacións guerrilleiras anti-franquistas estarán formadas por militantes socialistas, libertarios, das organizacións republicanas da esquerda burguesa, dos comunistas e por suposto dos nacionalistas.

NO ANIVERSARIO DO ASASINATO DE MONCHO REBOIRAS

O noso agosto negro

Cando aquel martes 12 de agosto de 1975 se coñeceu a nova do asasinato do militante da UPG Xosé Ramón Reboiras Noia, foron moitas as galegas e galegos que caeron na conta de que Galiza non era un xogo, aínda máis, decatáronse de que por Galiza morríase.

A causa 614-67. A UPG fronte ao TOP

En 1967 o Tribunal de Orde Pública responde cunha forte represión á ofensiva reivindicativa do nacionalismo. Un autocolante que reclama "Libertade para Galiza" inunda todo o territorio galego e, como contundente consecuencia persecución, tortura e un xuízo, un episodio da historia do nacionalismo que lembra Cilia Torna. 

CRÓNICA

Luís Manteiga, un maldito aspirante a galego 100%

O tempo de Manteiga para nós acabou o 27 de Xuño de 1936 cando lle tocou abrir aquel mitin pro - estatuto que deixou pequena a Praza Maior de Lugo. “Son Luís Manteiga, nacionalista e marxista, aspirante a galego 100%” a iso vos convoco”, recolle a crónica de “El Progreso”.

TEXTO CRÓNICA

As mártires de Silán

Tres homes e dúas mulleres. Cinco dos últimos fieis que lle quedaban a Xosé Temblás naquela loita á que o PCE e Moscova xa lle puxeran fin. 

Isabel Algarra, a man de santa dos patriotas presos

Naceu galega en Madrid. Andaluza de Xaén , a terra dos “aceituneros altivos” que escribiu Miguel Hernández e cantou Paco Ibáñez , fixo súa a nosa patria alá pola década dos anos vinte, da man do seu compañeiro na vida e na loita Xosé Ramón e Fernández Oxea. 

As tres rosas vermellas do Candedo

Eran unha e dúas e tres mulleres, avoa, neta e filla. Pobres de solemnidade, xornaleiras e caseiras no lugar de Candedo, onde a Serra do Xistral acode a atoparse coas Fragas do Eume, alí onde as últimas curvas da Gañidoira van deixando o Concello de Ourol, co permiso do lugar de Xan Branco, para atoparse coas terras de Muras.

Xoán Antón, o outro Suárez Picallo

Asasinárono un 12 de Agosto de 1936 cando aínda non cumprirá os trinta anos. O seu irmán de militancia no Partido Galeguista Xil González Mosquera, Secretario do Xulgado de Sada, suicidaríase tras recoñecer o cadáver.

70 anos do Sempre en Galiza: o pensamento dun nacionalista

O 10 de marzo cúmprense 70 anos da publicación do Sempre en Galiza. A obra de referencia de Alfoso Daniel R. Castelao saíu do prelo en 1944 para se converter nun texto fundamental do nacionalismo galego. Arredor deste asunto conversamos co historiador Uxío Breogán Diéguez-Cequiel. A vindeira quinta feira, Sermos Galiza editará un AFondo monográfico sobre este aniversario.

Corenta anos sen facer xustiza polo asasinato de Puig Antich

Salvador Puig Antich foi asasinado con só 23 anos a garrote vil na noite do 2 de marzo de 1974. A resposta internacional non foi quen de parar unha das máis terríbeis execucións do fin do franquismo. A irmá de Salvador, Merçona Puig, reclama que a xustiza arxentina emita orde de busca e captura contra o sogro de Gallardón, ex-ministro franquista José Utrera 

O relator da ONU critica o Estado español por abandonar as vítimas da ditadura

Pablo De Greiff finalizou a súa visita ao Estado español cunha rolda de imprensa na que criticou a vixencia da Lei de Amnistía de 1977 e demandou unha "política de Estado" para a reparación das vítimas e a recuperación da memoria. "Non son asuntos de política partidista", dixo, "senón de dereitos que concernen a todos".

Vedra restituirá os concelleiros depostos polo golpe do 36

Tomaran posesión o 16 de marzo de 1936 como concelleiros de Vedra. O 26 de xullo, só catro meses despois, eran destituidos para nomear unha nova corporación da man do rexime ditatorial que iniciaba corenta anos de represión. O pleno do Concello de Vedra aprobou unha moción do BNG para restituír aos concelleiros depostos hai 77 anos. 

“Queremos que o nome de Fraga apareza na querela contra os crimes do franquismo”

Preséntase como causa particular na querela que se está a seguir na Arxentina contra os crimes do franquismo pola súa dupla condición de vítima e familiar de represaliados. Manuel Monge, ex-presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, entidade que tamén se persona na causa, manifesta a vontade de que se faga xustiza e que remate o pacto de silencio que borrou os culpábeis da represión franquista.

O PP négase de novo a condenar o franquismo

Máis unha vez o PP mostrou a súa negativa a condenar o franquismo. Desta volta aconteceu co rexeitamento da moción do BNG presentada no Concello da Coruña que buscaba que o organismo apoiara a querela arxentina contra os crimes do franquismo. 

Nas terras do Umia decembro é Memoria

Varios colectivos da comarca impulsan diferentes actividades durante este mes coa finalidade de ''restablecer a dignidade dos homes e mulleres dunha nación asoballada polo levantamento militar de 1936 e a súa posterior Longa Noite de pedra''.