Saltar ao contido
11:49 h. Cuarta feira, 26 de Novembro do 2014

AS FORZAS ARMADAS INTENSIFICAN O USO DE ARTILLERÍA E MORTEIROS NAS MANOBRAS MILITARES

O exército coloca concertinas en Parga

O arame delimita o perímetro dunha área empregada polas forzas armadas para manobras militares. Desde o BNG de Guitiriz exixen a súa retirada polo "perigo" que supón para as persoas e a fauna da zona. 

BEATRIZ FIGUEROA, XORNALISTA, AVOGADA E DOENTE DE CANCRO

"Mentres haxa vida, que haxa loita"

A xustiza recoñeceulle á viguesa a súa condición de enferma e a incapacidade permanente para traballar que o INSS lle denegou até en 3 ocasións. 

Centos de voces contra a ‘Lei Mordaza’

Concentracións da Alianza Social Galega perante as sedes do PP en vilas e cidades denuncian a Lei de Seguranza Cidadá como ferramenta para a represión. Axentes da policía española tentaron impedir que a concentración de Compostela tivese lugar, segundo denuncia a CIG. VÍDEO NO INTERIOR.

ANÁLISE DO RD DE ESPECIALIDADES, UN TEXTO QUE DESENVOLVE A LEI WERT

Un decreto que desespecializa

Mentres o rebumbio da corrupción nos sobarda, o Ministerio de Educación acomete o asalto definitivo ao sistema de ensino público. Máis un atentado aos nosos dereitos. 

NOVAS TECNOLOXÍAS

Whatsapp racha coa privacidade

A nova actualización "blue check" aprobada para o programa de mensaxería instantánea notifica a abertura das mensaxes, un feito que para o editor de Mallando no Android, Iago Varela, supón o quebranto da privacidade d@s utentes.

Teresa Romero dá negativo no test do ébola

A enfermeira galega segue hospitalizada, mas todo apunta a que vai superar a grave enfermidade, malia que terá que esperar a unha segunda proba que se lle realizará en 48 horas. O seu marido iniciará accións legais polo que denomina "chapuza".

Alarma no CHUAC por un falso caso de Ébola

O ingreso con febre dunha persoa que estivera hai un ano nos países afectados de África e a inseguridade que sente o persoal pola falta de protocolos provocou unha tensión que finalmente se resolveu ao confirmarse que o doente non portaba o virus.

DECRETO APROBADO ESTE SETEMBRO

A Xunta restrinxe a venda directa de produtos primarios

Coa publicación dun novo decreto que regula a comercialización directa de produtos agrupecuarios, o goberno galego limitará a venda directa de froitas e verduras, mais deixa no ar que acontecerá con produtos elaborados como o pan e as conservas. 

As pinturas rupestres da Cova Eirós, en perigo pola actividade mineira

A mina a ceo aberto de Cementos Cosmos en Vila Vella pon en xaque a supervivencia dos restos arqueolóxicos máis antigos do Noroeste peninsular. A empresa denunciou un activista ao que acusa de prexudicar a súa "imaxe" e "honra".

O feminismo gañou o pulso ao PP

O feminismo gañou o pulso ao Partido Popular. A retirada do anteproxecto de reforma da lei do aborto e a demisión de Gallardón mostran que a constancia na loita social pode facer quebrar un goberno.

"Estase a hipotecar o futuro das crianzas con necesidades especiais"

Conversamos coa xornalista Sonia Hermida, nai dunha crianza excluída dos campamentos de verán da Concellaría de Cultura da Coruña por precisar atención específica de profesionais de apoio. Hermida denuncia que o caso se repite nas actividades de outono organizadas no Ágora.

Escola contra os recortes e contra a LOMCE

Comeza un novo curso escolar, que se prevé axitado. As políticas de retallamento aplicadas pola Xunta de Galiza e a aplicación da LOMCE centran as críticas da comunidade educativa que prepara xa a campaña de mobilizacións.

Que acontece nas praias da Mariña?

Bañistas de areais da Mariña e do occidente asturiano presentan problemas dermatolóxicos (picores, reaccións alérxicas...) segundo afirma Verdegaia. A administración fala de algas tóxicas como explicación mais entidades ambientalistas e Cepesma sospeitan das verteduras de Alcoa.

“Só o Concello da Coruña gastou 600.000 euros en touradas en tres anos”

Desde o 2011, o Concello da Coruña gastou 600.000 euros en touradas. A Deputación de Pontevedra e concellos como Sarria ou Muíños destinan tamén cartos públicos a eventos taurinos. O voceiro de Galicia, Mellor Sen Touradas, Rubén Pérez denuncia que se están dilapidando cartos públicos en eventos que maltratan animais e só responden a gustos persoais de gobernantes. 

Demanda veciñal contra Abel Caballero

A Asociación Veciñal de Teis presentou no Xulgado un escrito de conciliación no que exixen que se retracte das declaracións públicas nas que afirmaba que o convenio que reclamaba o colectivo era para “asuntos particulares”. De non o facer interporán unha querela por inxurias e calumnias contra o Alcalde. Vídeo no interior.

A turbeira máis importante de Galiza, de 120.000 anos, ameazada por obras de Costas

Situada na parroquia de Nois é a turbeira de maior antigüidade de Galiza e pode considerarse o xacemento paleoclimático máis importante do noso país e do resto do Estado español, sendo ademais en referente a nivel europeo para o estudo da evolución do cambio climático nos últimos milleiros de anos.  Adega e Mariñapatrimonio piden a paralización inmediata das actuacións.

ÓSCAR PINAL, FOTOXORNALISTA

"Vou a Gaza ver a realidade cos meus ollos"

Di que é "un encargo persoal". Tras del non hai ningún medio de comunicación, nen liña editorial. Só os obxectivos da súa cámara de fotos coa que tentará inmortalizar o que acontece na Faixa de Gaza.

"Boicotar os produtos israelitas é relativamente doado e complexo"

Desde BDS-Galiza, Elvira Souto explica como desenvolver a campaña de boicote aos produtos israelitas que se promove desde 2005 a nivel internacional. "É unha acción non violenta" que xorde a petición da "sociedade civil palestina", explica. Todos os números cuxo código de barras comeza por 729 son comercializados por Israel.

"O país volverá arder"

A Xunta presenta o Pladiga 2014 como un corta-lumes eficaz contra os incendios forestais. Mais non convence. "O país volverá arder", opinan desde Defensa do Monte.

Galiza, en emerxencia social

Os debates sobre a Risga e a apertura no verán dos comedores escolares puxeron no primeiro plano un país no que  a pobreza, a necesidade e a carencia deixaron de habitar en 'guettos' para se instalar en non poucos fogares.

Acampada en Vigo pola sanidade pública

A acción, impulsada pola plataforma en defensa da sanidade pública, completarase cunha mobilización desde o MARCO o 21 de xuño. As organizacións convocantes chaman a defender a sanidade pública fronte o modelo que pretende impor o Partido Popular. 

O TSXG estima na súa integridade a demanda da CUT contra a CRTVG

O sindicato denunciara a resolución do director xeral da compañía de xaneiro de 2014 na que, afirmaba, ''instaurar o autoritarismo nas relacións laborais e limitar gravemente os dereitos das profesionais da información''. Con esta sentenza, o TSXG deixa sen efecto os artigos da normativa denunciados pola CUT.

A crise provoca 8.000 despexos na Galiza

Un total de 7.724. È o número de desafiuzamentos de inmóbeis executados no noso país entre 2008 e 2013, segundo os dados do CGPJ. Só en 2013 houbo 1.241, unha media de sete despexos en Galiza cada dous días.

A Lomce reproducirase o 28 de maio nunha aula do franquismo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou novas mobilizacións contra a Lomce e os recortes no ensino público. Entre as protestas, desenvolverse un acto no Museo Pedagóxico de Galiza, na aula que representa a escola do franquismo ''co obxectivo de amosar  as semellanzas entre a educación na ditadura e o ensino que se  pretende coa LOMCE''. 

Emigrantes Retornad@s castigarán o PP nas eleccións europeas

A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados castigará ao PP nas urnas nas vindeiras eleccións europeas. A entidade comunicarallo ao presidente da Xunta, nunha carta que entregarán esta terza feira no rexistro do Parlamento Galego. Dirixiranse tamén a todos os grupos parlamentarios para reclamar solucións urxentes. 

Angrois: nove meses do máis insensíbel pacto PP-PSOE

O pasado xoves cumpríronse nove meses dunha traxedia ferroviaria que lle custou a vida a 79 persoas e na que a investigación xudicial cada vez apunta con máis forza ao que xa parecía evidente ás poucas horas do sinistro: a existencia dunha responsabilidade política que atinxe aos dous referentes bipartidistas do modelo actual.

Novo asasinato machista, desta volta en Foz

María Elena Rodríguez Quiroga foi asasinada o 24 de abril polo seu compañeiro cunha arma de fogo que el propio construíra. O movemento feminista chama a se mobilizar para denunciar a violencia exercida contra as mulleres.

A veciñanza de Sarria revólvese contra o concello: "Non nos imos render"

Centos de manifestantes convocad@s pola Plataforma Sarriana polo Río concentráronse ás portas da casa do rexedor municipal para amosaren o seu rexeitamento ás obras de encauzamento e ao despexo acometido pola Garda Civil. 

Véndese (ou alúgase) sanidade pública

Percorremos as áreas sanitarias do País, onde se artellaron de maneira coordenada protestos en todos os hospitais públicos contra o desmantelamento da sanidade e, no concreto, contra a privatización do servizo de esterilización, tamén dos instrumentos cirúrxicos: "non esaxeramos se dicimos que acabará morrendo xente por infeccións". O 26 de marzo haberá manifestacións simultáneas en toda a Galiza.

O aborto, a debate na praza

Acontece cada quince días na cidade da Coruña e por iniciativa dun importante número de mulleres que teimaron en levar ás rúas as conversas sobre as distintas formas de violencia, tamén aquela que se exerce ao recortar nos seus dereitos sexuais e reprodutivos. Conversamos con elas.

publicidad
Widget OnmTwitter non dispoñíbel