Caxade e Mini póñenlle banda sonora ao Día da Patria

Eis o vídeo coa canción interpretada por Alonso Caxade e Xosé Luís Rivas 'Mini' para o Día da Patria Galega. Dúas das voces máis características da música galega aceitaron o reto proposto polo BNG para lle pór banda sonora ao 25 de Xullo. O resultado é este "Estamos todas canda ti".

 

"Estamos todas canda ti/ ondeando os corazóns / agora a praza toda ri/ chegou o día de bicar a nación/ Abre a xanela da ilusión/ Segue as estrelas máis alá/ Un firmamento de razóns/ que un rumbo novo nos han dar", reza a letra da canción, produto dunha iniciativa novidosa do BNG, que se propón, a partir deste ano, enfeitar a convocatoria do Día da Patria Galega co lanzamento dun tema musical para o cal convidará a unha artista ou banda galega diferente.



x