Sinn Fein demanda a Apple a devolución dos 13 mil millóns

O Sinn Féin está a desenvolver accións políticas e mobilizacións sociais para reclamar a Apple a devolución dos 13 mil millóns euros que obtivo de Dublín en forma de exencións fiscais tidas agora por Bruxelas como axudas ilegais. Simpatizantes da formación independentista de esquerdas encheron de mazás a sede do Fine Gael, partido no goberno, na capital da República.



x