Apresentación de "Os nomes do terror" en Vigo

Sermos Galiza continúa coa súa xeira de apresentacións de "Os nomes do terror", o libro que identifica os autores da barbarie e que xa vai pola súa segunda edición. Este vídeo recolle o acto en que o volume foi apresentado en Vigo, un evento organizado pola Asociación Cultural O Castro e que decorreu o pasado 14 de setembro. Tomaron a palabra os coautores do libro Judith Carbajo e Bernardo Maíz, ben como, en representación do consello de administración do Sermos, Manuel Mera. O acto apresentouno, en representación de O Castro, o xornalista e especialista na memoria histórica Afonso Eiré. O vídeo foi realizado pola propia libraría Cartabón.



x